A reunión da Plataforma Galega en defensa dos Servizos Públicos celebrouse en Compostela o día 24 de setembro.Estaban presentes: CIG, CC OO, UGT, CSIF, ANPE, OMEGA, CEMS, SAE e un sindicato de Xustiza, ademais da
CGT.
Abre a reunión a representante de CIG e informa que, previamente a esta reunión de “todos”, os catro sindicatos con representación na Mesa sectorial da función pública (CIG, CC OO, UGT e CSIF) xa celebraran outra e posto de acordo sobre o que ían propoñer no día de hoxe ao resto das organizacións.
A primeira proposta referiuse á continuidade da propia Plataforma, por máis que, segundo se recoñecía, a última etapa da súa existencia tivese sido máis "lamentable". Por suposto, ningún dos presentes fixo ningunha análise ou comentario respecto a este feito, como tampouco ninguén preguntou que podería terse feito tan mal para rematar a Plataforma do modo que o fixo. De feito, ningunha organización puxo reparo ningún á continuidade da Plataforma, nin ao que deseguida se formulou, por máis que todos eles comentasen a situación xeral de apatía, desmobilización e desafecto dos traballadores.