29 de xuño de 2010

A Lofaxga

Non é o nome dunha enfermidade, senón que se trata da Lei de organización e funcionamento da Adinistración xeral e o sector público galego, cuxo anteproxecto xa é coñecido. As súas carácterísticas son o cremcemento dos altos cargos e dos seus soldos, a legalización dos chiringos, chiringuitos e similares, a asunción destes chiringos de áreas enteiras da Administración autonómica, o incremento dos nomeamentos a deda, a creación de listaxes de substitución paralelas ás da Xunta...
En definitiva, un paso moi grande cara a privatización de parte do sector público e a desaparición do concepto de servizo público.

Calendario laboral 2011

No DOG de hoxe publícase o calendario oficial de festas laborais para o ano 2011. Dada a falta de alicientes no traballo, buscarémolos nos festivos.

25 de xuño de 2010

Outro paso máis

Publica hoxe o BOE a convalidación da Reforma para o Despedimento. Pronto chegará o pensionazo. "Y mientras tanto tú, cambiando de champú."

Modificación do concurso xeral

Publícase hoxe no DOG unha Orde que modifica as bases do concurso xeral de traslados e que, en consecuencia, modifica os prazos para determinados aspirantes. Outra chapuza máis.

As novas retribucións

Os que queiran información sobre as novas retribucións poden picar aquí e ver a Orde da Consellería de Facenda para a confección de nóminas a partir de xuño, que sae hoxe no DOG.

24 de xuño de 2010

Novos soldos

O DOG de hoxe publica a modificación da Lei de orzamentos da Xunta para o ano 2010, recollendo nesta modificación os soldos rebaixados. A disposición é engorrosa  e dificulta abondo o cálculo dos salarios de cada un, pero é o que hai.

21 de xuño de 2010

A reforma do despedimento

O Secretariado Permanente da CGT ven de facer público o segunte comunicado, referido á Reforma Laboral:

"La Reforma Laboral del Gobierno, recorta y reduce derechos laborales fundamentales y garantiza a la patronal menores costes en las contrataciones y en los despidos.
El miércoles 16 de Junio, el gobierno aprobó el Real Decreto Ley de Medidas Urgentes para la Reforma del Mercado Laboral. Esta Reforma no es en absoluto una respuesta a las necesidades de los trabajadores y trabajadoras, ni una propuesta para devolvernos los derechos laborales y sociales que nos han arrancado progresivamente en los últimos años, menos aún, una propuesta de justicia social en defensa de las personas trabajadoras como parte más débil en la relación laboral, ni es una reforma para terminar con lo que ya es un hecho común en el mercado de trabajo (despido libre y barato), ni una reforma para crear empleo.

17 de xuño de 2010

O horario de verán

Está a piques de saír no DOG o horario de verán. Será, como os últimos anos, de 8:30 a 14:30, entre o 21 de xuño e o 21 de setembro.

A reforma laboral

O BOE de hoxe publica o texto do Real Decreto-lei que xeraliza o despedimento con 20 días de indemnización, leva os contratos de obra ata os catro anos de duración e subvenciona con fondos do Estado os despidos. E menos mal que a Folga Xeral é este ano!
O texto íntegro da agresión.

16 de xuño de 2010

Nova enquisa

Ante a convocatoria de Folga Xeral anunciada por CC.OO.-UGT para o día 29 de setembro, os traballadores da CGT estamos nunha encrucillada: sumámonos ao carro deles? convocamos xa unha folga máis necesaria que nunca? Colabora connosco participando na enquisa da columna esquerda.

14 de xuño de 2010

Carta a Toxo

O Secretario Xeral da CGT, Jacinto Ceacero, fixo chegar unha carta ao Secretario de CCOO na que o urxe para convocar a Folga Xeral dunha vez. Reproducimos aquí o texto completo:

"A la atención de Ignacio Fernández Toxo
Secretario General de Comisiones
Obreras (CCOO)

Salud estimado compañero
Hemos tenido conocimiento de la conclusión negativa de la negociación del diálogo social, y de las lesivas medidas que para las trabajadoras y trabajadores tendrá la reforma laboral que el Gobierno pretende imponer por la vía del Decreto Ley.

11 de xuño de 2010

O 5% dos empregados públicos xa ten destino

O 5% de soldo roubado aos empregados públicos, que se dicía iba destinado a baixar os gastos do Estado, xa se sabe para quen vai ir. Na Reforma Laboral que pretende o goberno e a patronal, a Administración pagará 8 días das indemnizacións por despido que os empresarios acorden. Está clarísimo, cartos públicos para axudar a despedir. Manda de...!

9 de xuño de 2010

Ollo co concurso xeral

Os datos que figuran na aplicación do concurso xeral están pragados de erros e contradicións, sendo, en moitos casos, un auténtico desbaraxuste. Recomendamos a todos os funcionarios, incluso a aqueles que xa tiveran arreglado os datos no concurso anterior, que revisen con lupa os seus expedientes electrónicos, dado que moitas das modificacións que aparecen como "visadas" non se reflicten na ficha persoal.
Tiveron dous anos para amañar a aplicación e agora din que estaba en probas. Seguiremos no próximo concurso coa mesma teima?

8 de xuño de 2010

Unha folga con seguemento frouxo


A folga de hoxe na Xunta de Galicia tivo un seguemento irregular, segundo os nosos datos, dun 40%, alonxado das pretensións dos convocantes. Isto nos obrigará a todos a reflexionar sobre a capacidade de mobilización sindical nas administracións públicas:
  • Aos sindicatos maioritarios, porque deles é a responsabilidade de asinar todas as reformas e retribucións dos últimos anos na Administración Pública, provocando a apatía e a desmobilización.
  • Aos empregados públicos, que deberemos decidir qué estamos dispostos a facer para enfrontármonos á agresión permanente e ao tratamento de servos que estamos a sofrir.
  • Á CGT porque deberemos analizar o porqué non somos capaces de influir no resto dos traballadores o suficiente para que as súas aspiracións os animen a pelexar connosco.

7 de xuño de 2010

Novos subalternos

O DOG de hoxe publica a Orde pola que son nomeados funcinarios os aaspirantes que superaron as probas para persoal sublaterno da Xunta convocados pola Orde de 4 de xullo de 2008. Noraboa.

4 de xuño de 2010

Diversos actos da CGT de Galicia o día 8 próximo

O próximo día 8 de xuño, a CGT ten convocados varios actos con motivo da Folga do Sector Público e a Xornada de Loita convocada pola organización confederal. Entre outros, son os seguintes:

A Coruña: Manifestación con saída ás 19:30 na Praza de Vigo
Vigo: Concentración ás 11:30 na Praza da Estrela
Pontevedra: Manifestación con saída ás 20:00 horas na Praza da Peregrina

Os servizos mínimos

Publico hoxe o DOG o Decreto de servizos mínimos para a folga do día 8. Como sempre, a Administración abusa da Lei e considera servizo esencial calquera cousa que a ela lle interese. Ademáis, está mobilizando aos Xefes de Servizo para o control do persoal que irá á Folga, inquirindo unha cuestión que é un dereito e decisión individual.
Compañeiras e compañeiros: non informedes de se ides ir ou non á Folga! Xa se enteirarán cando sexa preciso!

3 de xuño de 2010

Tamén a Federación do Ensino

Comunicado da Federación do Ensino referido á folga do día 8:
"ESTO ES LO QUE EL GOBIERNO, SI NO LO REMEDIAMOS, VA A HACERNOS A TODOS Y TODAS.
Suspensión de la revalorización de las pensiones en 2011
Suspensión del régimen transitorio de la jubilación parcial, para acceder a la jubilación parcial habrá que tener un mínimo de 61 años, haber cotizado un mínimo de treinta años y haber trabajado un mínimo de seis años en la última empresa.
En la nómina del mes de junio reducción de un 5 por 100 de media de los salarios públicos. La escala llegará al 7 por 100 en función del nivel de ingresos del grupo profesional, afectará al personal de todas las Administraciones Públicas y se aplicará tanto sobre las retribuciones básicas, como sobre las complementarias. Los altos cargos verán reducidos sus salarios entre un 8 por 100 y un 15 por 100.

2 de xuño de 2010

Comunicado da Federación de Sanidade cara a Folga do día 8

Reporducímos o comunicado a continuación:
"Ante las medidas aprobadas en el Congreso de los Diputados, para reducir el gasto publico, y entendiendo que aunque el PP votara en contra, si estuviera en el Gobierno, hubiera adoptado las mismas medidas o otras mas fuertes para la clase trabajadora, es decir, ante las medidas que adopta la clase política contra la crisis, que consisten en reducir y recortar derechos sociales y en recortes salariales de las clases medias-bajas y ante la convocatoria de Huelga en el Sector Público, por parte de los Sindicatos Mayoritarios, manifestamos :

Grazas, señor Blanco

Desde aquí querémoslle dar as grazas a Pepiño Blanco por facernos ver que o noso soldo queda así equilibrado, é dicir, que era moito de máis o que cobrábamos. É máis estamos a punto de pedírlle outro recorte. A noticia enteira, aquí.

1 de xuño de 2010

Os contidos ocultos do tixereitazo (2)

No preámbulo do famoso tixeiretazo dise o seguinte:
"Por último, es importante destacar que las citadas medidas no afectan a la cuantía de los haberes reguladores del Régimen de Clases Pasivas del Estado regulados en el Título IV de la Ley 26/2009, de 23 de diciembre, de Presupuestos Generales del Estad..."
Traducindo, isto quere dicir que, como as cuotas de das Mutualidades (Mugface, Mugejo, Munpal, etc) dependen do haber regulador, os funcionarios destos rexímenes continuarán cotizando o mesmo, aínda que as prestacións económicas disminúan. Por exemplo, nunha larga enfermidadade recibirán os complementos da Mutualidade disminúídos (adaptados aos novos soldos), pero terán cotizado polas retribucións vellas (máis altas). E así vamos.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo