30 de novembro de 2012

Felipe e Beteta

Estamos rodeados de impresentables e irresponsables. Os penúltimos, Felipe González, ex presidente do goberno e folgado benpagado; e Antonio Beteta, secretario de estado de Administracións Públicas e incendiario tamén benpagado.
Non contentos coa escabechina que os gobernos -actual e pasado- están facendo cos servizos e empregados públicos, botan a boca a pacer e soltan públicamente ocorrencias que serían para collelos polas orellas e botalos fóra do país para que os aturaran noutros lares.
Felipe González ven dicir que sobra o 20 por cento dos empregados públicos, coa súa graza habitual. para este personaxe, un de cada cinco traballadores do sector público estase tocando a barriga.

29 de novembro de 2012

A CGT rexeita a nova Lei de Taxas Xudiciais


Ante a aprobación da Lei de Taxas Xudiciais, o Secretariado Permanente da CGT fixo público o seguinte comunicado:
El pasado día 20 de noviembre el Consejo de Ministros ha aprobado una nueva Ley de Tasas Judiciales que supone una nueva agresión al conjunto de la ciudadanía y en especial a las clases más desfavorecidas.

Enquisa sobre a paga extra

Na columna da esquerda do blog puxemos unha pequena enquisa sobre a paga extra de decembro. Por favor, colaborade. Podedes dar varias respostas.

28 de novembro de 2012

Carta a Montoro

Recentemente o ministro de Facenda e Administracións Públicas, Cristóbal Montoro, asegurou que os Presupostos Xerais do Estado para o 2013 son os máis sociais da historia da democracia española. A Federación Estatal de Traballadores da Adminsitración Pública (FETAP) da CGT lle fixo chegar a seguinte carta:
La sociedad española no cabe de gozo ante tamaña noticia y espera, como agua de mayo, el fluir generoso de este caudal de recursos públicos que, con toda seguridad, será el alimento preciso para que afloren esos anhelados brotes verdes tan necesarios para conseguir el fruto que alimente la hambrienta economía patria.

23 de novembro de 2012

Demandas contra os recortes

A Federación Estatal de Traballadores da Administración Pública (FETAP) da CGT decidiu impugnar xurídicamente a Instrución Conxunta da Secretaría de Estado de Administracións Públicas e da Secretaría de Estado de Presupostos e Gastos, para a aplicación do Título I do Decreto-lei 20/2012, do 13 de xullo, de Medidas para garantir a estabilidade presupostaria y de fomento da competitividade no ámbito do sector estatal. Terase en conta a supresión da paga de nadal, a normativa sobre a IT, a merma de permisos e vacacións, e cantas disposicións encadradas no dito Decreto-lei atenten contra a normativa superior vixente.
Posteriormente farase a impugnación do acordo da Mesa xeral de negociación da Administración Xeral do 29 de outubro de 2012 publicado no BOE o día 14. Nel estanse conculcando gravemente a Lei Orgánica de Liberdade Sindical, o Estatuto dos Traballadores e a Lei de Prevención de Riscos Laborais, entre outras normativas.
Estas accións legais non impiden as reclamacións que se realicen ante actos individuais contra calquera traballador derivados de ambas disposicións.

Festas locais

O DOG de hoxe publica a resolución coas festas locais nas catro provincias galegas para o ano 2013.

22 de novembro de 2012

Outro recorte trampulleiro

O BOE de onte publicou a infamante Lei de taxas da Administración de Xustiza, unha lei creada co único obxectivo de recadar, xa sexa de forma directa a aqueles que decidan meterse nun preito, ou de xeito indirecto, dado que en moitos casos -coma as multas de tráfico máis comúns- é máis caro o foro que o ovo, é dicir pagaremos máis por que nos quiten unha multa que pola multa en si.
Pero por se iso non fose suficiente, o goberno aproveitou, sen luces e taquígrafos, para facer outro recorte específico para os funcionarios, non vaian seguir tranquilos. A lei derroga o apartado 3 do artigo 23 da Lei 29/1998, da xurisdición contencioso-administrativa. E en que afecta iso aos funcionarios? Pois o artigo derrogado dicía que os funcionarios poderían comparecer perante os xulgados do contencioso por si mesmos en defensa dos seus dereitos, cando se refiran a cuestións de persoal, é dicir, que non tiñan que ir con procurador e avogado. Así que de agora en diante, haberá que ir con toda a parafernalia -pagando, por suposto- se queremos reclamar unha situación administrativa, un trienio ou calquera outra cuestión de persoal.

21 de novembro de 2012

Cabezas de turco

Os inmigrantes non só están a sofrir as penalidades propias da súa situación (discriminación, alonxamento dos seus familiares e amigos, marxinación), senón que aínda ven agravada a súa situación polas políticas dos gobernos de turno, nesta ocasión polo goberno da Xunta. Hoxe publica o DOG un decreto da Consellería de Sanidade no que se publican as tarifas dos servizos prestados no SERGAS e nas fundacións públicas sanitarias. Estas tarifas inclúen aos estranxeiros que non teñan dereito, por ser irregulares, non ter papeis ou, simplemente, por perder o dereito por estar no paro e ter transcorrido o tempo fixado nas leis.
A salvaxada das tarifas que se lles aplica é de tal calibre que non é posible calificala. Só hai que dicir que este, que é o país da Europa no que menos gasto social e sanitario hai por persoa, pretende cobrar aos particulares o mesmo que lle paga aos centros privados cos que concerte, é dicir, non se ten en conta nin siquera que a sanidade privada ten un beneficio. En definitiva, que a sanidade pública galega ten intención de gañar cartos cos inmigrantes.

15 de novembro de 2012

Éxito da folga

De éxito indiscutible pode calificarse a xornada de folga de onte. Na Xunta de Galicia a participación foi dun 70% nos edificios administrativos máis significativos e sempre superior ao 60% no resto. A Xunta decidiu colaborar coa austeridade dando orde de encender as luces de todas as oficinas e despachos para aumentar o consumo enerxético.
Esters trileiros non teñen cura.

Non teñen vergoña!

Referímonos a CC.OO., UGT, CSIF, USO e CIG, asinantes do acordo que aparece no BOE o día 14, o mesmo día que nos chamaban á loita e á Folga Xeral. O acordo, de momento para a Administración Xeral do Estado, xustificado para dotar de medios á representación laboral a causa do fin das liberacións consiste, fundamentalmente, na eliminación de "créditos fragmentados individualmente". E isto como se consegue? Moi fácil, eliminando comités de laborais que, ata agora, tiñan unha representación como nas empresas privadas. A partir deste acordo, desaparecen na práctica os Comités dos laborais dos centros de traballo, que quedan unificados provincialmente.
Qué é o que se gaña a cambio de deixar aos laborais sen represntación directa para os problemas cotiáns? Pois unha manchea de liberados sindicais, que tamén se indica no acordo. De paso, cepíllanse as centrais sindicais chamadas minoritarias, normalmente incómodas, tanto para a administracións como para os sindicatos mási representativos, sempre prestos a asinar.
Penosa actitude dos asinantes, que ceden así á chantaxe do goberno e elixen o mantemento do seu aparato a costa da representación máis directa dos traballadores.

13 de novembro de 2012

Polas nubes

O IPC subiu un 0,8 no mes de outubro, polo que a taxa interanual se coloca no 3,5%. Esta suba é debida, en gran parte, pola decisión do goberno de facer unha suba xeralizada do IVE, incluidos moitos produtos básicos. Con esta suba, a perda de poder de compra dos empregados públicos vese agravada considerablemente, tendo en conta a eliminación da paga extraordinaria de decembro e a conxelación prevista para o ano que ven.
Por outra parte, cada vez hai máis base para a preocupación sobre a paga compensatoria dos pensionistas, aos que se lle subiran as pensións nun 1% e, polo tanto, aos que lles falta aínda un 2,5% para manter o seu poder adquisitivo. Cada vez é maís posible a utilización do índice recién inventado para estas ocasións, o IPC-IC, que suporía que aos pensionistas se lles subiría un 0,5%, sisándolles 2 puntos de suba que lles corresponde legalmente.
En fin, outro motivo máis para non ir traballar mañá.

O 14 de novembro, respira e berra

Este 14 de novembro, respira e berra.

Axudas persoas discapacitadas Fondo de Acción Social

O DOG de hoxe publica o anuncio de exposición das listaxes definitivas de axudas do Fondo de Acción Social para persoal da Xunta de Galicia no programa de atención a persoas discapacitadas. Os interesados poden acceder á información picando aquí, tendo tamén un mes de prazo para presentar recurso de alzada.

9 de novembro de 2012

Manifestacións do 14N

A CGT convoca as seguintes manifestacións o próximo 14 de novembre, día da Folga Xeral:
  • Vigo: 11:00 horas. Saída de Fernando o Católico. Conxuntamente con CUT, CNT, STEG e SF
  • Ourense: 12:00 horas. Saída da Ponte Romana, con séquito propio.
  • Pontevedra: 12:00 horas. Saída da Praza da Ferrería.
  • A Coruña: 12:30 horas. Saída da Praza de Portugal. Conxuntamente coa CUT.

8 de novembro de 2012

Récord no INEM

O Secretariado Permanente da CGT fixo público este comunicado:
El paro registrado aumenta en 128.242 personas en octubre y el total del número de personas demandantes de empleo en las oficinas del INEM se sitúa en 4.833.521. Ante este nuevo récord del paro registrado en el país, la Confederación General del Trabajo (CGT) considera inadmisibles estos datos y condena una vez más la política económica del Gobierno del PP que se demuestra incapaz de abordar el gravísimo problema del desempleo. Según los datos conocidos, CGT considera que la Reforma Laboral aprobada recientemente no está sirviendo para generar empleo, sino más bien para todo lo contrario, ya que la destrucción de puestos de trabajo y los despidos están siendo una constante.

6 de novembro de 2012

Co Real decreto-lei 20/2012 a voltas

A Secretaría de Relacións Laborais de Función Pública (Administración Xeral do Estado), remitiu as instrucións para a aplicación do Real decreto-lei 20/2012, que é o decreto dos recortes, nas que se explican a aplicación (incluidas as Comunidades Autónomas) dos novos recortes: supresión da paga de decembro, normativa sobre as baixas por enfermidade, restruturación dos permisos sindicais, rebaixa de permisos e vacacións... De interés xeral.

4 de novembro de 2012

Basta xa de agresións! Outro recorte de dereitos

O BOE de onte publicou un importantísimo recorte de dereitos sanitarios para os traballadores. Un novo Real decreto dispón que, de agora en adiante, as prótesis sanitarias correrán a cargo, parcialmente, polos usuarios. É dicir, todos os que necesiten, por exemplo, unha prótese de cadeira, ou un parafuso ortopédico, ou unha cadeira de rodas, ou un marcapasos, ou produtos similares, deberán pagar parte do seu custo.
  1. Os prezos que se deberán aboar serán os da prestación farmacéutica, como norma xeral, é dicir:
  2. Para ingresos iguais ou superiores a 100.000 euros, o 60%
  3. Para ingresos iguais ou superiores a 18.000 euros e inferiores a 100.000, o 50%
  4. Para o resto de beneficiarios en activo e os seus familiares, o 40%

2 de novembro de 2012

Agora as xubilacións

O goberno está estudando meterlle man ás xubilacións anticipadas dos funcionarios, neste caso ao dereito que teñen os funcionarios de Clases Pasivas a xubilarse aos 60 anos sempre que teñan 30 anos efectivos de servizo na Administración.
É un exemplo claro da estratexia de "divide e vencerás" do goberno: primeiro se eliminan dereitos dun colectivo e, a continuación, se presentan os dereitos doutro colectivo como privilexio. Así, todos tortos.
Despois da normativa sobre os EREs dos empregados públicos ven este novo ataque, un motivo máis para sumarse ao Paro Xeral do día 14. A o mesmo tento, un motivo máis para aborrecer as organizacións que continúan bicándolle os fondos ao poder e que se presentan como representantes únicos do funcionariado.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo