31 de xaneiro de 2011

Saqueo do sistema público de pensións

Comunicado do Secretariado Permanente da CGT:

"Para la CGT, el gran pacto social entre el gobierno, la patronal y UGT-CCOO representa el SAQUEO del sistema público de pensiones en beneficio de los planes privados, todo ello en un contexto de aumento del paro hasta el 20,3% y el expolio del patrimonio social de las cajas de ahorro.
El gran pacto social firmado entre el gobierno, la patronal y los sindicatos CCOO y UGT, en relación a la reforma del sistema público de pensiones representa un ATRACO directo a los bolsillos de las y los trabajadores y la población más precaria, un recorte inasumible de los derechos sociales, la negación a la juventud a una pensión digna…

28 de xaneiro de 2011

Folga Xeral: o sindicalismo combativo aínda está vivo

A pesar do bloqueo informativo, a pesar das manobras da Xunta de Galicia para intentar ilegalizar a nosa convocatoria e a pesar das actuacións antisindicais de empresas como Renfe ou Adif, o sindicalismo combativo saíu á rúa co suficiente pulo como para demostrar que hay un importante sector da clase obreira que non está durmida e que é capaz de facerlle fronte ás agresións dos poderosos. Se non pode dicir ¿para que sirveu? Para dúas cousas: evidenciar aínda máis a traizón de CC.OO.-UGT (onte racháronse carnés destes sindicatos) e para dar azos a aqueles que, coma nós, pensamos que temos dereito a unha vida mellor, merecente de ser vivida.
A CGT demostrou onte a súa capacidade ao convocar -soa ou con outros sindicatos- Folga Xeral en Cataluña, en Galicia, en Navarra e noutros lugares e que, a pesar do entreguismo de quen non é merecente de que os volvamos nomear, a paz social non está asinada polo conxunto da clase obreira.
En canto ao resto, é hora de plantexarse a asunción ou rexeitamento efectivo dun sistema político que non é máis que a correa de transmisión dun sistema económico inxusto, depredador e que só responde ás necesidades e esixencias dos poderosos. Nesas estamos.

21 de xaneiro de 2011

Manifestacións o día da Folga Xeral

A CGT convoca o próximo día 27, día da Folga Xeral, baixo o lema de "Contra o paro e o saqueo das pensións" as seguintes manifestacións:
  • A Coruña: 12:30 horas. Saída da Praza de Portugal e remate na Delegación do Goberno. Conxuntamente coa CUT.
  • Ourense: 12:00 horas. Saída do Pavillón dos Remedios e remate na Subdelegación do Goberno. Coa CIG.
  • Pontevedra: 19:00 horas. Saída da Praza da Ferería e remate na Subdelegación do Goberno.
  • Vigo: 11:30 horas. Saída da Praza de Fernando o Católico e remate na Porta do Sol. Unitaria coa CUT.

20 de xaneiro de 2011

Publicado o acordo sobre prevención de riscos laborais

O DOG de hoxe publica o Acordo sobre dereitos de participación do persoal da Xunta en materia de prevención de riscos laborais. Este acordo, asinado por CC.OO., UGT e CSIF, establece as funcións dos delegados de prevención, así como a composición dos comítés de prevención de riscos. Ademáis do persoal da Administración xeral da Xunta de Galicia, está comprendido no acordo o persoal dos centros educativos e sanitarios, así como o persoal de Xustiza.

18 de xaneiro de 2011

A CGT de Galicia formalizou a convocatoria de Folga Xeral

O pasado sábado, 15 de xaneiro, a CGT de Galicia presentou ante as autoridades e a representación patronal a convocatoria formal de folga xeral en Galicia para o próximo día 27 de xaneiro.
A Confederación Xeral do Traballo (CGT) fai un chamamento a clase traballadora e a toda sociedade galega para que o día 27 de xaneiro faga folga e participe nas mobilizacións que se anuncien nas principais cidades de Galicia, dispoñéndose a defender os dereitos laborais, económicos e sociais dos traballadores e traballadoras fronte as agresións que estamos a sofrir polas políticas antisociais do goberno e do parlamento e para impoñer a derrogación da Reforma Laboral e deter a inminente ameaza sobre o sistema público de pensións e xubilacións.

7 de xaneiro de 2011

Modificación das RRPPTT para os procesos de consolidación

O DOG de hoxe fai pública a resolución da Consellería de Facenda que a proba a modificación dos postos de traballo da Xunta referidos ao proceso de consolidación sinalado polo V Convenio colectivo do persoal laboral da administración autonómica e pola Lei da función pública de Galicia.

5 de xaneiro de 2011

A CGT de Galicia acorda a convocatoria de Folga Xeral

O Comité Confederal da Confederación Xeral do Traballo (CGT) de Galicia, reunido en plenaria o día 5 de xaneiro en Pontevedra, adoptou os seguintes acordos:
  • 1. Promover a convocatoria e celebración dunha Folga Xeral antes do día 28 de xaneiro, para poñer fin ás continuas agresións que estamos sufriendo os traballadores e o conxunto da sociedade a mans do goberno; en particular, a última Reforma Laboral, xa en vigor, a persistencia de máis de catro millóns de traballadores en paro e a ameaza global ao sistema de pensións.

4 de xaneiro de 2011

O IPC do ano 2010, disparado

O 2,9 %. Este é o IPC do mes de decembro de 2010. Quere dicir que a lista de produtos que o goberno escolle para analizr o comportamento dos prezos subiu un 2,9 % o ano pasado. Quere dicir que, polo menos (xa tivemos outras ocasións para falar do que é realmente o IPC) o estado recoñece que somos un 2,9 % máis pobres.
A isto lle temos que engadir as subas xa anunciadas para este ano: a enerxía eléctrica, o gas, o transporte, o pan... todos produtos de primeira necesidade.
E que pasa cos funcionarios? Para que nos fagamos unha idea, picando aquí temos acceso a unha táboa que amosa a evolución salarial dos empregados públicos da Xunta de Galicia nos últimos 20 anos. A bote pronto, podemos facer as seguintes observacións básicas:

3 de xaneiro de 2011

As libres disposicións outra vez

Como consecuencia da lei de acompañamento para o ano 2011, modifícanse as RRPPTT no sentido de que pasan a ser unha chea de prazas de libre designación. A resoución, no DOG de hoxe.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo