28 de outubro de 2011

Pola abstención activa e consciente

O 20 de novembro están convocadas eleccións xerais políticas para decidir a composición do Parlamento e goberno españois nos próximos catro anos. Unha vez máis, a clase política pídenos que sexamos cómplices coa súa servidume aos intereses do capitalismo e, con el, acatemos o inxusto réxime social e político vixente.

Tras máis de trinta anos de eleccións políticas e gobernos de diferentes pelaxes, o resultado para os traballadores non veu sendo outro que a perda constante de dereitos e conquistas sociais, unha e outra vez acernadas polas sucesivas reformas laborais, decretazos e axustes: despedimento libre e barato, precariedade e temporalidade no emprego, sometemento dos traballadores á vontade dos empresarios, recortes de pensións, lexislación laboral ao servizo dos intereses da patronal…

26 de outubro de 2011

Nomeamento de técnicos ambientais

Hoxe publica o DOG a orde pola que se nomean como persoal laboral da Xunta de Galicia aos que superaron o proceso selectivo para o acceso á categoría 41 (técnicos ambientais). Os interesados teñen un mes para o recurso de reposición ou dous para ir ao contencioso.

20 de outubro de 2011

A CEOE, embalada

A CEOE continúa lanzada coas súas esixencias e disposta á explotación máis inmisericorde. Ven de reclmara dos partidos políticos (isto quere dicir do goberno que gañe as eleccións) o abaratamento do despedimento. Agora quere que o despido improcedente pase de 45 a 20 días por ano de indemnización e o que se xa por causas obxectivas que pase de 20 a 12 días por ano.
A nós non nos sorprende a cobiza dos empresarios, aínda que non deixa de marabillarnos a súa desvergoña.

19 de outubro de 2011

Contra a nova conxelación salarial


O proxecto de presupostos da Xunta de Galicia para o ano 2012 mantén a conxelación salarial, ademáis de manter a taxa de reposición do persoal nun 10% e a conxelación do Fondo de Acción Social.
Ista decisión é un novo ataque aos dereitos dos traballadores que, ademáis de ver diminuidas as súas retribucións nun 5% o ano 2010 e a conxelación salarial no ano 2011, segue perdendo poder de compra ante a incremento dos prezos (a taxa interanual do IPC está no 3,4%).

13 de outubro de 2011

20N: pola abstención consciente e activa


Ante a convocatoria de eleccións xerais para o próximo 20 de novembro, o Comité Confederal da CGT ven de facer público o seguinte comunicado:

El 20 de noviembre de 2011 están convocadas elecciones generales políticas para decidir la composición del Parlamento y gobierno españoles en los próximos cuatro años. Una vez más, la clase política nos pide que seamos cómplices con su servidumbre a los intereses del capitalismo y, con ello, acatemos el injusto régimen social y político vigente.

11 de outubro de 2011

Listas provisorias Acción Social 2010

O DOg de hoxe publica a resolución coas listaxes provisionais das solicitudes do Fondo de Acción Social do ano 2010 para o persoal da Xunta. Os interesados poden facer con sultas premendo aquí. Hai un prazo de 10 días para reclamar.

9 de outubro de 2011

20N: abstención activa

A CGT decidiu, no súa última Plenaria, promover unha campaña de abstención activa ante a convocatoria de eleccións xerais. Como aperitivo, deixámosvos a ligazón deste video: http://www.rojoynegro.info/video/confederacion/video-abstencion-activa-las-elecciones-generales-del-20-n

7 de outubro de 2011

A austeridade e as cestas de Nadal

Estamos en tempos de austeridade. Polo menos iso é o que predican todos os días os políticos de calquera bandeiría. Consonte a estes tempos de aforro, non está de máis recuperar un anuncio que publicou o BOE o 2 de agosto pasado: subministración e distribución a domicilio dos lotes de Nadal para os traballadores da Casa da Moeda.
Non se trata de se 638.750 euros son moitos o poucos, pero non se pode admitir que se traballadores da fábrica dos cartos teñan dereito a un Nadal máis doce que o resto dos empregados públicos, e que se predique austeridade para seguir con prácticas paternalistas como esta.
Que se deixen de esmolas e que reintegren o expropiado aos traballadores públicos nos últimos tempos! Isto si que sería unha razoable cesta de Nadal!

3 de outubro de 2011

Corpo Superior

Publica hoxe o DOG a relación de persoas que superaron o proceso selectivo de consolidación de emprego para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia (subgrupo A1). Hai 20 días para preentar a documentación e un mes para presentar recurso de alzada.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo