29 de xuño de 2012

Instrucións sobre o horario de verán

Desde o próximo luns, día 2 de xullo, entrará en vigor a xornada de verán, que finalizará o 14 de setembro. As instrucións pódense mirar picando aquí.

A rebaixa dos soldos dos empregados públicos, un secreto a berros

Elvira Rodríguez, funcionaria en postos políticos desde hai case vinte anos, agora como presidenta da Comisión de Economía e Competitividade do Congreso, ven de dicir ás claras que hai que facer unha restruturacións que suporía eliminar á forza empregos públicos, dado que a rebaixa dos seus soldos non son suficientes e que a administración lle quita recursos ao sector privado.
Así, ás claras é como hai que falar: redución de emprego público, rebaixa de soldos, pasar recursos da Administración para o sector privado. Sen medias tintas nin desmentidos continuos sobre as auténticas intencións do PP. Así da gusto.
Pódese votar un vistazo ás declaracións picando aquí.

28 de xuño de 2012

Beteta descubre as intencións do goberno de baixarnos o soldo

Antonio Beteta, Secretario de Estado para as Administracións Públicas, declarou que o goberno estaba "estudiando" a recomendacion de Bruxelas de baixar o soldo dos empregados públicos. Hai que recordar que este paxaro dixo hai ben pouco que o goberno faría calquera cousa antes que este novo recorte.
Non sabemos como quedará a cousa, pero do que estamos seguros é de que só a mobilización frontal e contundente nos fará deter esta próxima agresión e facerlles cumprir a prometida recuperación do poder adquisitivo perdido coa rebaixa anterior e a actual conxelación.

A Reforma Laboral apróbase hoxe

A Reforma Laboral que convirte os patróns en amos apróbase hoxe. A Reforma dos contratos de despdo libre sen indemnización durante un ano, a Reforma de ti cobras o que eu digo, traballas cando eu digo, fas o que eu digo e, se non, vás á rúa con despido subvencionado. A Reforma que pon a disposición dos empresarios a xornada e as condicións de traballo. A Reforma de que o convenio queda anulado se os patróns non asina a revisión. Todo iso, e máis.
Ao mesmo tempo, os empresarios, eses voitres preeiros, seguen pedindo menos indemnizacións, máis flexibilidade, menos pensións, menos subsidios para os que están no paro...
E mentres tanto: yo soy español, español, español! Non sexamos parvos.

27 de xuño de 2012

A saúde dos pobres non é importante

O Ministerio de Sanidade ven de informar que 456 fármacos de uso común deixarán de ser financiados pola sanidade pública. Neste listado están algúns corticoides, laxantes, antiinflamatorios, astrinxentes, analxésicos, vasodilatadores ou antidiarreicos.
Segundo este plan, dolencias para eles leves como a tos, a conxestión nasal, o estreñimento, a diarrea, as varices, a psoriase, a ansiedade leve, o colesterol, as migrañas, o deterioro cognitivo asociado a idade, etc. serán sufragadasintegramente polos doentes.
Xa vai sendo hora de que nos enfrontemos a estas feras e de dicirlles que non cremos as mentiras de aqueles que están dispostos a endebedarnos a todos para darlles miles de millóns á banca e nos negan un xarope. O pobo non vai ver impasible como o machacan.

22 de xuño de 2012

O cabrón anda solto

José Luis Feito, o desalmado que propuxera que os parados deberían prepararse para traballar aínda que fora en Laponia, presentou un "estudio" (dalgunha manera había que chamalo), coas propostas do Instituto de Estudios Económicos (IEE) para a solución da crise.
Para este grupo de chupasangues, a solución pasa polo seguinte:
  • Reducir soldos e número de funcionarios
  • Reestructuración do sistema de pensións
  • Redución das prestacións por desemprego
  • Oposición aos incrementos de impostos
  • Redución de cotas á Seguridade Social
Como se ve, unha batería de medidas neutrais e obxectivas, que permitirían aos pobres "emprendedores" crear riqueza para todos. Sería para rir, se non fora para sair á rúa e apedrealos.

19 de xuño de 2012

Anulados 45 cursos da EGAP

A EGAP ven de ditar unha resolución pola que decide a anulación de 45 cursos de formación para o persoal da Xunta, a maioría deles polo sistema de teleformación.
A EGAP bótalle a culpa á "diminución nas trasnferencias de financiamento á Comunidade Autónoma de Galicia en concepto de formación para o emprego" e que a situación esixe un "axuste nos créditos asignados inicialmente" para conseguir un "equilibrioentre ingresos e gastos". En definitiva, que non hai cartos.
A realidade é que a Xunta segue facendo recortes nos gastos do persoalpor todas as vías que pode; neste caso nos cursos de formación. Supoñemos que o gabinete de prensa de Feijóo atopará o modo de botarlle a culpa aos empregados autonómicos da diminución de cursos ou de enviar mensaxes á opinión pública no sentido do "privilexiados" que somos por ter cursos de formación.

17 de xuño de 2012

O FMI, os recortes salariais e os sindicatos

O Fondo Monetario Internacional, esa organización que, co paraugas da ONU, aplica a política económica internacional dos grandes poderes financeiros, acaba de reclamar que Rajoy lles rebaixe os salarios aos funcionarios. O presidente do goberno español xa se apresurou a responder que non tiña pensado facelo, "polo de agora".
Coñecendo o que vale a palabra dada por Mariano, os traballadores públicos non deberiamos quedar de brazos cruzados.
Por iso, a CGT da Xunta quere fecer un chamamento á recuperación da unidade de acción sindical que tan boa acollida tivo para nos enfrontar, antes da Folga Xeral, ás medidas de recortes na función pública galega, cunha mobilización que foron abandoadas aínda non sabemos por qué.

15 de xuño de 2012

La Voz de Galicia tennos aburridos

A falta de noticias máis interesantes, La Voz de Galicia adícase a machacar ao persoal da Xunta de Galicia nos últimos días a conta do horario de verán, utilizando titulares espectaculares e a varias columnas. Este medio de comunicación? é o voceiro do gabinete de prensa do señor Feijóo e, como tal, manipula a información para facer ver as excelencias da súa xestión en materia de persoal.
Desde a CGT solicitámoslle á dirección de La Voz que lle dea ao asunto do horario de verán dos empregados públicos a mesma importancia que lle dá, por exemplo, aos despedimentos no seu periódico e en Radio Voz e que deixe de poñer na picota aos traballadores ante a opinión pública, utilizándoos de engado para desviar a atención de cuestións moito máis improtantes para todos.

12 de xuño de 2012

A voltas coa xubilación

A OCDE -unha organización de estados creada para validar a política económica dos Estados Unidos no estranxeiro- ven de facer unhas recomendacións aos seu países membros entre a que está a necesidade de retrasar a xubilación "máis alá dos 67 anos".
É evidente o que supón para os traballadores esta "recomendación": unha nova perda dos dereitos adquiridos (é evidente que máis alá dos 67 anos son 68 polo menos) e un retroceso na nosa calidade de vida. Ademáis a recomendación ven cuns consellos engadidos, entre os que están que a pensión de xubilación non supere o 50% das retribucións dun activo e que se complementen as pensións públicas con plans privados.
É unha nova burla aos traballadores que, golpeados pola crise, estes expertos paniaguados nos digan que temos que facer, co que nos sobra todos os meses, plans privados de xubilación. E non podemos consentir que se burlen nosa.

8 de xuño de 2012

Agora os moscosos

Hai rumores na prensa (o goberno o desmitiu, pero tampoco quere dicir nada) sobre a posibilidade de desaparición dos días de asuntos particulares dos empregados públicos. Todo é posible, segundo o ritmo de elminación de dereitos que levan estes individuos.
O que si é importante é recordar que os días de asuntos particulares, en maior ou menor cantidade, é unha figura habitual nos convenios colectivos e non se pode, polo tanto, tratar como un privilexio do funcionariado.
Finalmente, hai que advertir aos sindicatos da Mesa da Función Pública que a aceptación, pola súa parte, dunha diminución no número de días non pode ser considerado unha victoria; isto vai por se queren negociar, como noutras ocasións.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo