A folga de hoxe na Xunta de Galicia tivo un seguemento irregular, segundo os nosos datos, dun 40%, alonxado das pretensións dos convocantes. Isto nos obrigará a todos a reflexionar sobre a capacidade de mobilización sindical nas administracións públicas:
- Aos sindicatos maioritarios, porque deles é a responsabilidade de asinar todas as reformas e retribucións dos últimos anos na Administración Pública, provocando a apatía e a desmobilización.
- Aos empregados públicos, que deberemos decidir qué estamos dispostos a facer para enfrontármonos á agresión permanente e ao tratamento de servos que estamos a sofrir.
- Á CGT porque deberemos analizar o porqué non somos capaces de influir no resto dos traballadores o suficiente para que as súas aspiracións os animen a pelexar connosco.
Ningún comentario:
Publicar un comentario