19 de marzo de 2015

Cursos de idiomas para o persoal da Xunta

O DOG de hoxe publica a resolución da EGAP pola que se convocan cursos de idiomas (inglés, francés e portugués) para o persoal da Xunta de Galicia. A convocatoria prevé cursos tanto presenciais como en teleformación, pero os cursos de inglés só son presenciais e todos en Compostela.
O prazo de inscrición é de 10 días naturais contados a partir de mañá e a matrícula deberá facerse picando aquí.

18 de marzo de 2015

Fondo de acción social 2014

O DOG de hoxe publica os criterios para a repartición do Fondo de Acción Social do ano 2014 no programa de axudas a persoas con discapacidade. Este é a única axuda que queda desde que Feijóo laminou o fondo.
As solicitudes faránse a través da páxina http://www.xunta.es/dxfp/fas.htm, imprimiranse e presentaranse nas unidades de persoal no prazo de 20 días hábiles contados desde a publicación.

10 de marzo de 2015

Oferta pública de emprego 2015

 O DOG de hoxe publica a oferta pública de emprego para o ano 2015. Novamente o interese propagandístico é o que prima nesta oferta. Mestúranse nela todo tipo de situacións (ofertas xerais, prazas reservadas a procesos de consolidación, promoción interna...) para ocultar que é, outra vez, unha oferta cativa que continúa profundizando no desmantelamente dos servizos públicos ao cubrirse só o 50 % das vacantes que se produciron no período (porcentaxe que non ten en conta as xubilacións e amortizacións de centos de prazas).
En canto á promoción interna, non cubre mínimamente as aspiracións do persoal, que ven a súa carreira profesional mediatizada por un colar de botella permanente.

9 de marzo de 2015

Os traballos forzados no franquismo, no Parlamento Europeo

Reproducimos o comunicado do Secretariado Permanente do Comité Confederal da CGT, por ser de interese xeral:
Los trabajos forzados a los que se vieron sometidos los presos del franquismo, han sido denunciados ante el parlamento europeo. Dentro de la delegación de CeAqua que asistió a la sede de Bruselas para denunciar el comportamiento del estado español ante la investigación de los crímenes del franquismo. Los delitos denunciados tienen la calificación de delitos de lesa humanidad y por tanto imprescriptibles y amparados por la justicia universal.

O paro no mes de febreiro

Tras a publicación das cifras de paro do mes de febreiro pasado, o Secrtariado Permanente do Comité Confederal da CGT ven de facer público o comunicado seguinte:
“El paro registrado en los Servicios Públicos de Empleo (SEPE), no baja de 4,5 millones, a la vez que la tasa de cobertura por desempleo cae hasta el 52%. Los empleos que se crean son el 92% temporales, por horas, de aprendizaje, de prácticas y de formación…”basura laboral”. No tienen ninguna vergüenza en decirnos que “la crisis se ha terminado”.
Tanto los empleos creados (13.500), como la afiliación a la Seguridad Social (97.000), sólo obedecen a dos factores: sigue cayendo el número de personas de la población activa, bien por migraciones (la mayoría), bien porque simplemente dejan de constar como demandantes de empleo.

6 de marzo de 2015

A oferta pública de emprego, outra vez

A prensa afín a Feijóo ven de publicar, por enésima vez, que a oferta de emprego da Xunta de Galicia será extraordinaria, a maior desde o ano 2009 e "catro veces máis que a de 2014". En ano electoral, a propaganda de todo tipo é importantísima e enganar ao persoal é o obxectivo dos profesionais do timo.
A realidade é sinxela: desde o ano 2010 a oferta de emprego ven sendo a reposición do 10 % das vacantas que se vaian producindo. Este ano electoral, a taxa de reposición será do 50 %, pero aínda así non se cubrirán máis que a metade do persoal que saia da administración autonómica. O desmantelamento e os recortes seguen producíndose.
Só a desfachatez dos gobernantes e a falta de ética periodística poden vender como marabilloso un novo recorte, aínda que o recorte sexa menor que o de outros anos.

4 de marzo de 2015

Tito Alberto daranos outro caramelo en abril

Se todo vai como está previsto, a Xunta de Feijóo devolverá outra parte da paga extra incautada en decembro de 2010. Á espera de velo escrito na próxima lexislación da función pública galega, seica que os improtes serán iguais que os devoltos o pasado xaneiro: a metade do devendicado no seu momento, segundo se sexa funcionario ou laboral. A este ritmo, chegaremos a 2018 para conseguir recuperalo todo, e con conxelacións salariais por diante.
O máis noxento de todo é que a devolución se fará xusto antes das eleccións municipais, intentando influír nun voto que os ten preocupados.
Nós, pola nosa parte, seguimos berrando ¡queremos os nosos cartos, todos e por xunto!

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo