7 de setembro de 2017

Outra suba de miseria para o próxima ano

Segundo din algúns medios, a suba do ano 2018 para os empregados púbicos non subirá do 1,2% e probablemente será igual que a deste ano, o 1%. As promesas dos políticos xa e sabido que as leva o vento. Onde está a recuperación da crise que se ía reflectir nas nosas condicións de traballo?
Os empregados públicos temos que deixar atrás o tan estendido espíritu de servo e comezar a actuar coma traballadores. Como tais, debemos a comezar a mobilizarnos e non aceptar que a única solución é agardar, impasibles, a esmola anual.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo