24 de febreiro de 2017

Horario especial para o Entroido

A Xunta de Galicia ven de facer público un aviso polo que se establece un horario especial polo Entroido, para os días 28 de febreiro e 1 de marzo.
Resumindo, redúcese o horario unha e hora e cuarto cada un deses dous días, adaptándose a redución a cada situación, segundo se teña flexibilidade, conciliación ou horario fixo.
O paternalismo en acción.

17 de febreiro de 2017

Mobilizacións espectáculo para volver asinar un pacto Social e un novo Pacto de Toledo

O Secretariado Permanente do Comité Confederal da CGT ven de facer o seguinte comunicado público, que reproducimos por ser de interese xeral:
Los sindicatos del “Pacto Social continuo”, escondidos durante estos largos años de crisis-estafa, vuelven a querer “ser necesitados” por la patronal y los partidos gobernantes, para intentar llamar la atención y que les hagan un poco de caso.

14 de febreiro de 2017

Recoñecementos médicos

Entre o 14 de febreiro e o quince de marzo está aberto o prazo para solicitar o recoñecemento médico. Pódese facer picando aquí.

Novidades sobre algúns permisos

O DOG de onte publicaba unha resolución que modifica as instrucións sobre os permisos que foran ditadas por resolución do 24 de febreiro de 2016.
A modificación refírese a dúas cuestións:
a) A primeira refírese ao cómputo de dos días por enfermidade grave, intervención cirúrxica ou hospitalización, que nas instrucións de Función Pública se establecía que o permiso remataba cando remataba a hospitalización ou o repouso hospitalario. De agora en diante, os días de permiso son completos, aínda que a hospitalización ou o repouso rematen antes.

9 de febreiro de 2017

Aprobados os orzamentos para o ano 2017

Foron aprobados os orzamentos para o ano 2017, coas disposicións previstas. Nos orzamentos figura que as retribucións do persoal serán as mesmas que no ano 2016, pero incluíndo a recuperación do complemento específico que viñan retendo nas pagas extraordinarias. En canto ao incrmento de 2017, será o mesmo que o que figure na Administración Xeral do Estado, cando se aproben os presupostos estatais.

1 de febreiro de 2017

O subidón salarial do 2017


A FETAP (Federación de Traballadores da Administración Pública da CGT) ven de facer público o seguinte comunicado:
Finaliza la crisis-estafa, llega la estafa de la crisis

Padecimos los rigores del crecimiento desbordado donde nadábamos, a la deriva, rodeados de miles de burbujas
de distinta naturaleza (financiera, inmobiliaria, eléctrica, etc), pero nuestro salario, sin embargo, seguía perdiendo poder adquisitivo a velocidad de crucero en algunos momentos, de forma acelerada en otros.
Los gobiernos del mismo gobierno, el del dinero, con la inestimable ayuda de los llamados “sindicatos mayoritarios” nos fueron colando año tras año, acuerdo tras acuerdo y así durante toda la primera década del presente siglo, pírricas subidas salariales del 2% sin cláusula de revisión salarial que  garantizara el poder adquisitivo de nuestros salarios. Ahondando en este

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo