30 de decembro de 2009

Xa están os orzamentos de Galicia

Publícaos hoxe o DOG e deles entresacaos algúns parágrafos da exposición de motivos, especialmente a referida ao Título II:
"Recóllese o incremento retributivo do 0,3% para o persoal ao servizo da comunidade autónoma, e, de acordo co previsto na alínea 10 do artigo 38 da Lei 7/2007, do 12 de abril, pola que se aproba o Estatuto básico do empregado público, difírese a aplicación dos pactos ou acordos asinados que supoñan incrementos retributivos para o 2010 diferentes do sinalado con carácter xeral."
"Establécese tamén neste título a oferta pública de emprego para o 2010 que, como máximo, alcanzará o 15% da taxa de reposición de efectivos, coa excepción das prazas para acceso ao corpo de funcionarios docentes e da cobertura de prazas en hospitais e centros do Servizo Galego de Saúde, o persoal que teña encomendadas as funcións de xestión das políticas activas de emprego e prestacións de desemprego, o persoal dos servizos de incendios e o persoal que teña encomendados os servizos relativos á atención ás persoas en situación de dependencia."
"Complétase este título con dous artigos dedicados a establecer para o 2010 limitacións na contratación de persoal temporal, por unha parte, no ámbito da comunidade autónoma, dos seus organismos autónomos e das axencias públicas e, por outra, no ámbito da administración institucional. Remata o título cun artigo relativo aos límites na contratación de persoal temporal nas encomendas de xestión e nos convenios que realice a Administración da Xunta de Galicia coas fundacións e sociedades do sector público galego."

É dicir, que nos suben o 0,3%, que retrasan calquera acordo asinado que fora superior a esta cantidade, que só se cubrirá o 15% das vacantes e que se limitará a contratación temporal. Polo que se ve, a culpa da crise a ten o persoal ao servizo da administración autonómica e os cidadáns.

29 de decembro de 2009

O Secretario de Estado de Facenda, ao ataque nos salarios dos traballadores públicos

Carlos Ocaña, o actual Secretario de Estado de Facenda, ven de declarar que, ante o estado do déficit público, haberá que facer un esforzo importante de contención nos salarios públicos "nos próximos anos".
Isto quere dicir que xa nos podemos ir preparando. Non só haberá que tragar o 0,3 % este ano que ven, senón que a penuria reproducirase nos anos vindeiros. Claro que para arreglalo xa están CC.OO., UGT e CSIF, asinando en barbecho mentres non lles baixen os cursos, as subvencións e os plans de pensións.
A nova completa pódese ler aquí.

28 de decembro de 2009

Presupostos Xerais do Estado

No BOE do pasado día 24 publícase a Lei de Presupostos Xerais do Estado para o ano 2010, na que se inclúe a suba salarial do persoal para o próximo ano. Como xa sabedes, o previsto, grazas á sinatura dos sindicatos maioritarios, é do 0,3 %.

21 de decembro de 2009

Convocatorias de laborais

Convócanse no DOG de hoxe procesos selectivos para as categorías 41 (técnico ambiental), 19 (titulado superior especialista) e 37 (titulado superior ambiental) do Convenio de Persoal da Xunta de Galicia. Podedes picar aquí.

18 de decembro de 2009

Algúns números da Oferta de Emprego Público

Como cos números se poden facer xogos malabares, imos a analizar os que o DOG sinala:

Administración xeral (corpos xerais e escalas):
Corpos xerais:
Subgrupo A1: libres, 20; promoción interna, 25
Subgrupo A2: libres, 15; promoción interna, 25
Subgrupo C1: libres, 0; promoción interna, 30
Subgrupo C2: libres, 30; promoción interna, 30
Escalas:
Estatísticos (A2): promoción interna, 4; consolidación, 0
Finanzas (A1): promoción interna, 0; consolidación, 13
Estatísticos (A1): promoción interna, 0; consolidación, 1
Finanzas (A2): promoción interna, 0; consolidación, 5
Consumo (C1): promoción interna, 0; consolidación, 1

Administración especial:
Arquitectos (A1): libres, 10
Enxeñeiros industriais (A1): libres, 4
Enxeñeiros camiños (A1): libres, 6
Arquitectos técnicos (A2): libres, 6
Enxeñeiros técnicos agrícolas (A2): libres, 10
Enxeñeiros técnicos en obras públicas (A2): libres, 10
Delineantes (C1): libres, 2
Ambientais (C1): libres, 20 (proceden da oferta do ano 2008)

Persoal laboral:
Grupo I: consolidación, 293
Grupo II: consolidación, 85
Grupo III: consolidación, 83
Grupo IV: consolidación, 195
Grupo V: consolidación, 14

Total funcionarios: 267
Total laborais: 670
Total oferta: 937

A administración autonómica xa se lanzou a facer propaganda desta oferta, inmediatamente aproveitada polas academias para o seu pingüe negocio. Pois ben, tal como fixeron o ano pasado, pero de xeito aínda máis descarado, non é todo máis ca unha gran patraña. Examinemos os números reais.

* Das 937 prazas, 690 (73,64 %) xa están adxudicadas porque son prazas para consolidar por persoas que xa están dentro.
* Das 247 prazas restantes, 114 (46,15 %) son para promoción interna e non son, polo tanto oferta pública real. De feito, as vacantes que deixen os que promocionen serán cubertas, nos próximos exercicios, somentes nun 15 %, segundo anunciou a Dirección Xeral da Función Pública.
* Das 937 prazas ofertadas, somentes 133 (14,19 %) serán de acceso libre; e destas só 85 serán de corpos xerais.
* Das 133 de acceso libre, 20 son do ano pasado.


Poderíamos facer un máis amplo análise do que significa esta oferta, pero é suficiente para facerse unha idea. É unha oferta miserenta, que supón un deterioro aínda maior dos servizos públicos; e é unha oferta feita ad hoc para todos aqueles que foron, no seu momento, contratados fraudulentamente polos distintos gobernos e que agora verán consolidada definitivamente a súa situación á calor das ubres da administración. En canto a que é unha oferta que cumpre a legalidade, temos que dicir que non é difícil de conseguir se o que convoca é a caste oligárquica que fai as leis (ou o que as retorce cando é necesario), independentemente do partido gobernante.

Xa saíu a oferta de emprego público do ano 2009!

O meu can pillou unha mosca! A menos de 15 días de rematar o ano, sae, no DOG de hoxe, a oferta de emprego do ano 2009. Un total de 937 prazas compoñen a oferta, aínda que moitas non son reais. Xa entraremos con máis detalle na oferta.

17 de decembro de 2009

Erros nas listaxes do Fondo de Acción Social 2008

No DOG de hoxe a Dirección Xeral da Función Pública ven de publicar unha corrección de erros que anuncia erros nos importes publicados no seu momento. Pódense consultar na páxina adicada a este tema.

15 de decembro de 2009

Ridícula oferta de emprego público

O director xeral de Función Pública anunciou que este ano se ofertaría o 30 % das prazas vacantes, é dicir, que non se cubrirán o 70 % da svacantes que haxa. Ademáis, dixo que moitas prazas irán a administración especial ou técnicos e a cubrir as quie veñan obrigadas por sentencia. Así, só se convocarán 30 prazas de auxiliares (subgrupo C2), por exemplo.
Mías información: La Voz de Galicia La Opinión A Coruña ABC

14 de decembro de 2009

Novos laborais

Publícase hoxe a orde pola que se nomea persoal laboral fixo da Xunta de Galicia a aqueles que superaron as probas de axentes auxiliares da inpección de transportes (grupo III, categoría 049 do convenio). Noraboa a todos eles.

11 de decembro de 2009

Mobilización do 12-12


E pódese saber de que rin todos estes?

A CGT ante a mobilización do 12 de decembro

A CGT ven de facer público un comunicado no que explica que, aínda que está ben mobilizarse polo desbloqueo da negociación colectiva, hai que dar un paso máis e pensar nos millóns de persoas que están sen traballo e desregularizadas nas súas relacións laborais. Para a CGT, esta mobilización plantexa moi poucas esixencias cara a patronal e sobre a política económica do goberno e non entra en absoluto na necesidade de combatir este sistema económico inxusto. Hai que confontarse directamente co capital e os seus xestores e construir un novo sistema económico e social baseado na satisfacción das necesidades reais do ser humano e non na "lóxica do mercado".
A CGT fai un novo chamamento ao resto de organizacións para convocar unha protesta xeral, unha mobilización que amose ante a sociedade a desesperación e a rabia da clase obreira que outros están intentando conter e domesticar.
O comunicado enteiro pódese ler aquí.

10 de decembro de 2009

O plus dos altos cargos segue adiante

Como era previsible, fracasou a iniciativa de anular o plus de altos cargos aprobado por todos os grupos parlamentarios galegos na Lei de Función Pública de Galicia. Aquí aprendimos un pouco máis de todos: do PSOE e do PP, que os seus estómagos son máis importantes que a decencia e a ética; e do BNG, que se pode virar a chaqueta impunemente e sen rubor. Tamén cabe facerse unhas cantas preguntas: realmente o Parlamento é unha cámara de representación popular? Cantos altos cargos do BNG renunciaron ao plus que agora denuncian? Serveu a sinatura dos traballadores na petición da CIG para outra cousa que non foran dez minutos de gloria de Suso Seixo?
Para a CGT, a liña de acción prioritaria é a da mobilización, no convencemento de que só así poderemos os traballadores elevar a nosa condición laboral e social.

Fondo de Acción Social do ano 2008

No DOG de hoxe aparece a resolución que anuncia a exposición das listaxes definitivas das axudas do Fondo de Acción Social da Xunta de Galicia do ano 2008 (xa non era con tempo). Contra as listaxes cabe recurso de alzada no prazo dun mes.

As listaxes pódense consultar picando aquí.

9 de decembro de 2009

Comunicado da CGT ante a Lei de Economía Sostible

O Secretariado Permanente da CGT ven de facer público un comunicado ao respecto da Lei de Economía Sostible presentada polo goberno. Para a CGT, esta Lei non é máis que un novo engano do PSOE, que só pretende garatir e perpetuar o actual modelo capitalista inxusto e insolidario e que segue sendo precisa unha mobilización e folga xeral para construir un novo modelo social ao servizo das persoas. O documento completo, na ligazón suliñada.

3 de decembro de 2009

Recurso contra as oposicións dos subgrupos C1 e C2

A CGT ven de presentar un recurso contra o desenvolvemento do proceso selectivo para os subgrupos C1 e C2, oposicións nas que, seundo a propia Xunta de Galicia, hai indicios moi evidentes de filtracións dos exames. Para a CGT, a exclusión dos 5 opositores "soipeitosos" non garante a limpeza das probas, dado que a posibilidade de que haxa outras persoas aos que lles chegaran os contidos das probas. No recurso solicítase tamén a suspensión cautelar do proceso, dado que, de seguir adiante, poderíanse producir danos de difícil ou imposible reparación.

30 de novembro de 2009

A CGT ante a mobilización de CC.OO.-UGT o próximo 12 de decembro

Ante a mobilización escenificada por CC.OO.-UGT e prevista para o próximo 12 de decembro, a CGT, tras felicitarse de que, por fin, estes sindicatos fagan algo, a denuncia por parcial, vacía, sectaria e partidista. O texto íntegro aquí.

19 de novembro de 2009

16 de novembro de 2009

Faleceu o compañeiro Eladio

O compañeiro Eladio Villanueva Saravia, que foi Secretario Xeral da CGT entre o 2001 e o 2008, faleceu repentinamente no seu domicilio, aos 49 años de idade na noite do 14 ao 15 pasada.

Que a terra che sexa leve, compañeiro.

13 de novembro de 2009

Participa na enquisa sobre as oposicións dos trampulleiros

Invitámosvos a participar nesta enquisa, na que valoraremos a vosa opinión sobre se vos parece correcto que, tras as sospeitas de filtracións dos exames para o ingreso nos grupos C1 e C2, o proceso continúe adiante, aínda que coa exclusión do persoal "sospeitoso".

Agradecémosvos anticipadamente a vosa participación.

CGT quédase soa na Xunta de Persoal da Provincia de Pontevedra solicitando cesamento do Xefe Territorial de Presidencia

A CGT considera que o escrito remitido polo actual Xefe Territorial de Presidencia da cidade de Pontevedra en contestación a un requerimento da Xunta de Persoal sobre a qué era debido que moitos compañeiros ocuparan postos distintos aos seus, incluso en distintas localidade e desempeñaran funcións que non lle correspondían, é total e absolutamente inaceptable e ven a demostrar como os políticos e os seus acólitos, independetemente da súa cor (o actual Xefe Territorial era co anterior goberno Secretario Provincial de Presidencia) queren convertir á Administración galega no seu “cortijo” particular. Só así se explica que este señor respostara a pregunta da Xunta de Persoal con “se algún funcionario realiza funcións que non lle corresponden ao seu posto, sempre as realiza de forma voluntaria por encontrarse máis cómodo nese traballo ou por ter interese en promocionar na administración pública”.
A proposta de CGT de solicitar o cesamento de este lumbreras non foi apoiada por ningunha outra organización sindical (CIG, UGT, CSIF e CC.OO), obtando por respaldar á da CIG que consistía en enviarlle un escrito ao Xefe Territorial en cuestión solicitando que non volvera a manifestarse neses termos.
O argumento defendido pola CIG para manifestar a súa disconfirmidade coa petición do cesamento foi que esta facía perder credibilidade a Xunta de Persoal. Impresionante.

11 de novembro de 2009

Unha nova sociedade

O Secretariado Permanente da CGT ven de publicar un novo comunicado sobre a situación actual, comunicado que di, entre outras cousas que "tenemos que apostar por otro modelo social que garantice lo suficiente para todos y todas, basado en el reparto, el compartir, la armonía en la relación con el medio natural, la solidaridad, el apoyo mutuo, la igualdad, la libertad, la justicia social. Estos son los pilares sobre los que construir un nuevo modelo social que contemple el verdadero progreso social en función de las personas y no de los mercados."

Cun novo chamamento á mobilización social, o SP da CGT denuncia o actual sistema capitalista e os seus males, incluidas as súas leis.

10 de novembro de 2009

O mundo ao revés

Agora resulta que o caso das filtracións dos exercicios das oposicións para entrar nos grupos C1 e C2 se soluciona votando aos sospeitosos fóra do proceso e deixando ao tribunal (o encargado da custodia dos exames) limpo de po e palla. Con esta solución, o que a Xunta consegue é acalar as protestas, pero permite que os implicados poidan gañar nun contencioso (a falta de probas) a praza á que optaban.

Por outro lado está o do novo sistema para evitar trampas en oposicións. A solución non está nos mecanismos de custodia, senón no combate da corrupción: sexa cal sexa o sistema, sempre haberá posibilidade práctica de facerse co exame e só a honradez dos membros do tribunal poden evitar o problema.

En canto á presencia dos sindicatos nos tribunais, non garanten a transparencia do proceso, senón que incluso poden xustificar ou avalar procesos irregulares. Tamén é necesario recordarlle a algúns que a elaboración dos exercicios é unha competencia do tribunal, así que o método aleatorio pode ser discutido por calquera no contencioso-administrativo, dado que deixaría aos membros do devandito tribunal como simples notarios e non como responsables do proceso.

9 de novembro de 2009

Represión sindical na Xunta

Cando hai uns meses se inaugurou o Edificio Administrativo de Pontevedra, a entón Delegada da Presidencia asegurou que o Edificio albergaría locais para todos os sindicatos con representación. Non obstante, isto non foi asi, e aínda que aos maioritarios se lles deu local, á CGT non. De feito, a oficina reservada para nós foi convertida nunha sala de lactación. Tanto de palabra como por escrito a Sección Sindical da CGT na Xunta tentou que facer valer os seu dereitos, pero o Secretario da Presidencia, actual Xefe Territorial, negoulle en todas as ocasións o noso dereito a ter local no edificio, tal e como nos corresponde por contar con representación na Xunta de Persoal.
Pero non queda aí a cousa. Na entrada do propio Edificio habilitáronse taboleiros para información sindical de cada organización con presencia na Xunta de Persoal, pero tampouco neste caso se lle deu á nosa Sección Sindical o espazo que a súa representación e a lei así disponen.
Así ás cousas a Sección Sindical de CGT na Xunta ven de denunciar á Administración Galega por un delicto para a liberdade sindical.

5 de novembro de 2009

Xa hai data para o Contencioso contra o Acordo de Educación

O Acordo, asinado o verán de 2008 entre os todos os sindicatos maioritarios e a anterior Administración, só contou coa oposición de CGT. Eliminación do horario de verán para os subalternos nos centros, apertura á posibilidade de supresión das substitucións do persoal subalterno en caso de baixa, regularización do poder das direccións sobre o persoal non docente, modificación das condicións e xornadas de traballo por decisión exclusiva das direccións ou delegacións de educación ou o aumento do nivel dos auxiliares administrativos, medida claramente discriminatoria para o resto de auxiliares da Xunta de Galicia, son algunhas das “lindezas” deste gran Acordo que, dende a súa publicación, contou coa oposición da gran maioría do persoal subalterno, como así o demostraron as asembleas informativas que CGT convocou con motivo da súa publicación.
Será a primeiros de febreiro cando están emprazadas as partes para sexan os tribunais que decida sobre a súa legalidade.

4 de novembro de 2009

"Cousas" de outubro

A sección sindical da CGT da provincia de Pontevedra na Xunta ven de editar o número de outubro do seu boletín "Cousas". Como non podía ser doutro xeito, a suba do 0,3 % é o argumento central do número. Cunha foto da vicepresidenta do goberno e dos representantes dos sindicatos pactistas, ufanos e sindo a escachar, o pé dío todo: Estanse a rir de ti.

Como moi ben denuncian os compañeiros, a sinatura do pacto hai que vencellala á consecución de máis de dous millóns de euros de subvencións ás centrais asinantes, ao engorde do plan de pensións xestionado por CC.OO-UGT e aos procesos de formación na carreira profesional a través dos cursos impartidos, con cartos de todos, por CSIF, CC.OO e UGT.

Tamén se denuncia a mentira da famosa cláusula de revisión salarial, cláusula que os sindicatos asinantes se negaron a reivindicar na negociación do Estatuto Básico do Empregado Público.

3 de novembro de 2009

Nomeamentos

No DOG de hoxe publícase a Orde pola que se nomea como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia aos que superaron as probas para o acceso á categoría 050 (técnico especialista en xardín de infancia) polas quendas de promoción interna e cambio de categoría e acceso libre.

28 de outubro de 2009

69 ex altos cargos do bipartito acóllense ao plus

Así, os beneficiados pola única disposición que tivo o consenso de todos os grupos da Xunta na pasada lexislatura pasan de ser 122 a 191. Aínda que o importe exacto non se sabe (seica a Xunta non ten ordenadores suficientes para facer as contas), o que está claro é que é moito máis que o aforro do 3% aprobado publcitariamente por Feijóo.

23 de outubro de 2009

Listaxes definitivas de promoción interna

Publica hoxe o DOG que xa se elevan a definitivas as listaxes de admitidos e excluídos nos procesos de promoción interna dos diferentes subgrupos de corpos xerais da Xunta de Galicia. A situación da solicitude pódese consultar picando aquí. Os disconformes poden presentar recurso de reposición no prazo dun mes ou ir ao contencioso no prazo de dous meses.

19 de outubro de 2009

CC.OO. e o seu morro

CC.OO. denuncia a perda do poder adquisitivo dos funcionarios da Xunta de Galicia. Pouco hai que comentar, agás que ¿non acaban de asinar as propias CC.OO. o 0,3 % de suba para todos, incluídos os funcionarios autonómicos?

Modernizando

"Modernizar" é a verba máxica que utilizan os responsables de Función Pública cada vez que queren recortar os pocos dereitos que ten o persoal da Administración. Como non pode ser menos, aconselleira de Facenda ameaza con modernizarnos a todos. Como tampouco pode ser menos, os sindicatos maioritarios aceptan que a modernización é necesaria. En fin, medo me dan.

15 de outubro de 2009

Postos de traballo e listaxes

Publícanse hoxe no DOG tres resolucións que publican as modificacións das relacións de postos de traballo das Consellerías de Traballo e de Presidencia. Destaca a integración de condutores nesta consellería.

Tamén se publica a orde que nomea funcionarios en prácticas aos que superaron o proceso selectivo (grupo A, escala de finanzas) por promoción interna.

Finalmente, tamén se fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluidos dos procesos de consolidación de emprego (subgrupo A1) de xullo de 2008 e xullo de 2009.

9 de outubro de 2009

Carta aberta a Fernández Toxo

Colocamos nestra entrada o clarexador escrito feito polo noso compañeiro Enrique Mateo, da Administración Xeral do Estado, dirixida ao Secretario Xeral de CC.OO. O da UGT tamén se pode dar por aludido.

2 de outubro de 2009

Listaxes consolidación de emprego C2

No DOG de hoxe publícase unha resolución pola que se fan públicas as listaxes de admitidos e excluídos no procesos selectivo de consolidación de emprego no grupo C2 da Xunta de Galicia, referido ao prazo extraordinario aberto o 13 de xullo de 2009. Os interesados teñen un mes para interpoñer recurso de reposición ou para acudir ao contencioso-administrativo.

30 de setembro de 2009

O Banco de España, tamén á caza do funcionario

No boletín económico de setembro do Banco de España, este organismo pedíu que se moderasen os soldos dos funcionarios, entre outros motivos porque hai un "cierto papel de liderazgo o dependencia mutua" entre os salarios públicos e os privados. Ademáis, alega Fernández Ordóñez, o gobernador, que, desde o comezo da Unión Monetaria, os soldos dos empregados públicos subiron en España un 7,7 % (entre 1999 e 2008).

Non está de máis recordarlle a este novo profeta do escarmento nas testas funcionariais que este 7,7 % foi moi inferior ao IPC na década e, por suposto, non arrastrou ao sector privado, que tivo subas moi superiores en dez anos. En canto a compararse coa UE é cousa de risa.

29 de setembro de 2009

Nomeamentos e promoción interna

No DOG de hoxe aparecen as ordes polas que se nomean funcionarios do grupo A de diversas escalas (facultativos de museos, de arquivos, de bibliotecas, biólogos e enxeñeiros de telecomunicacións. Refírense ás convocatorias do ano 2007 e os interesados teñen un mes para o recurso de reposición ou para o contencioso-administrativo.

Tamén se fan públicas as listas de admitidos e excluídos no proceso de promoción interna para os subgrupos A1, A2, C1 e C2 dos corpos xerais. Os interesados teñen 10 días para reclamar e as listas pódense consultar aquí.

As ordes e resolucións pódense mirar aquí.

18 de setembro de 2009

Novas no DOG

No de hoxe publícanse, entre outras, a relación de aprobados na categoría 049 no grupo III do persoal da Xunta de Galicia (axentes auxiliares de inspección de transportes), e as listas definitivas de admitidos e excluidos, por consolidación de emprego, no subgrupo C1 de funcionarios.

17 de setembro de 2009

Os impresentables asinaron o 0,3%

A suba asinada por CC.OO.-UGT e CSIF para o ano que ven é do 0,3 %. Asimesmo, véndennos unha hipotética cláusula de revisión salarial para o ano 2012. Ante esta desfeita, a CGT quere manifestar:

1) Non é obrigatorio asinar. Descoñecemos os motivos da velocidade na sinatura por parte destes sindicatos. A cambio de qué? Hai, acaso, máis cursos, máis liberados, por exemplo, que non nos contaron? Acaso é porque o Estado segue engordando o fondo de pensións xestionados por CC.OO.-UGT?
2) O 0,3 % poden ser, na maioría dos casos, como moito 50 € anuais. Como xa nos chorizaron 400 € por vía do IRPF (sen contar a previsible suba dos impostos), a suba supón un 8 % do que nos sacaron.
3) Non hai ningunha garantía da aplicación da cláusula de revisión salarial, dado que non se fixa por lei e se revisará despóis das próximas eleccións. Non nos acordamos xa do pacto salarial asinado antes de chegar Aznar ao poder e que este se pasou polo forro dos caprichos?
4) Non se explica como é a famosa cláusula: se ten carácter de consolidable ou non e, nin siquera, como se calcula. Isto obrigará, no mellor dos casos a negociala. E xa sabemos o que as negociacións destes sindicatos supoñen.
5) Teñen o pouca vergoña de asinar un pacto que non se aplica a todas as administracións públicas. O 0,3 % do fondo de pensións, que se asina para a Administración Xeral do Estado, non é de aplicación ás comunidades autónomas e concellos, polo que perderemos na Xunta, se non hai negociación específica (e non parece que estén moi dispostos) a metade da suba prevista.

Como o asinado coa administración central xa non ten remedio, propoñemos:

a) A esixencia de que se abra a negociación en Galicia, propoñendo a modificación xeral do complemento específico, reducindo os abanos salariais, tanto modificando os seus importes como rectificando os actuais intervalos de niveis para os distintos grupos.
b) A iniciación, por parte de todos os sindicatos dun proceso informativo e mobilizador ata a consecución dunhas condicións salariais aceptables.

Máis información aquí.

Consolidación de emprego

Fánse públicas, a través das resolucións publicadas no DOG de hoxe, as listaxes provisionais das porbas para a consolidación de emprego dos subgrupos C2 e A1. Os interesados teñen 10 días para facer as reclamacións oportunas. As listaxes pódense consultar aquí.

16 de setembro de 2009

Nin o 1, nin o 0,5. O 0,3%!

O 0,3%!. Esta é a suba que ofrece o goberno para os soldos dos empregados públicos do próximo ano. Ou sexa, se as matemáticas non enganan, ofrecen subir 3 euros mensuais aos traballadores que cobran 1.000 euros ao mes. E non son poucos!

É certo que tamén ofrecen outro 0,3% no que chaman salario diferido, é dicir, para o invento do fondo de pensións con perdas millonarias xestionado polo BBVA, CC.OO. e UGT na Administración Central. Está claro que os autonómicos non cheiraremos nin un patacón destes últimos (e os do Estado tampouco se segue sendo tan eficaz o traballo dos xestores do fondo).

En fin, se non nos mobilizamos, nola meterán ata o mango. A espada.

Fondo de Acción Social 2008

No DOG de hoxe sae a resolución que anuncia a publicación das solicitudes aprobadas e rexeitadas do Fondo de Acción Social do ano 2008. Hai un prazo de 10 días para facer reclamacións ou emendas. As listaxes pódense consultar aquí.

15 de setembro de 2009

0,5 % de suba

Isto parece ser o resultado que se albisca das negociacións para o ano que ven, segundo a prensa (como CCOO-UGT e CSIF non informan do que están negociando, teremos que conformármonos coa información dos periódicos).
Como está claro que o IPC deste ano andará polo 1% ou máis, teremos outro exercicio máis de perda de capacidade de compra... asinada polos nosos representantes!
Por outra banda, a proposta de claúsula de revisión salarial feita polo goberno está en función do "crecimiento económico, a la capacidad de financiación de los Presupuestos Generales del Estado, a la productividad del empleo público y la evolución de los salarios en general", segundo as últimas informacións . Coñecendo cómo se comportan os sindicatos aludidos, non nos extrane que, a pesar das protestas iniciais, tamén se trague con este sistema que deixa as mans libres ao goberno para que faga o que queira coa revisión salarial.

8 de setembro de 2009

Mellora moderada?

UGT e CCOO están dispostos a aceptar unha "mejora moderada de los salarios de los funcionarios" a cambio de contrapartidas como poden ser un acordo plurianual, conversión de emprego temporal en fixo ou incremento do persoal en educación, sanidade ou na policía. A esta posición lle chaman "contención solidaria".

O día 10 reúnese a Mesa da Función Pública e os sindicatos maioritarios xa van, de entrada, coa cantinela de Virgencita, virgencita, que me quede como estoy como máxima reivindicación salarial, esquecendo os vinte anos que levamos de incrementos por debaixo do IPC. Así que, compañeiros, levámola clara.

Máis información aquí. E aquí. E máis aquí. E tamén aquí.

2 de setembro de 2009

A xunta e a conxelación

Segundo aparece na prensa hoxe, o director xeral da Función Pública, José María Barreiro levará a proposta de que o próximo ano se conxelen os soldos dos funcionarios á mesa de negociación das administracións públicas. Demagóxicamente, o presidente Feijóo di que os cartos que se aforren serán destinados á financiación dos servizos sociais. Era o que nos faltaba, que se hai problema nos servizos sociais a culpa é dos soldos dos funcionarios!.
O que tamén é de sinalar é o silenzo da chama oposición en Galicia. Que o PSOE non diga nada agardando a decisión do goberno central era de esperar, pero que o Bloque non chíe só se explica polas migallas que pode recoller á hora de negociación dos próximos presupostos. Políticos!

28 de agosto de 2009

Nin conxelación, nin contención, nin medias tintas

Ante a posición do goberno central, apoiado polo goberno da Xunta, de que este ano as retribucións dos empregados públicos deben ser conxelados ou, polo menos, contidos, dado que os funcionarios "están gañando poder adquisitivo", a CGT da Coruña manifesta o seguinte:
1.- Este sindicato non acepta o criterio de que o mantemento da capacidade de compra sexa o obxectivo esencial das reivindicacións salarial. Mantemos o dereito que temos, como traballadores, de mellorar nas nosas condicións laborais e sociais e, polo tanto, a esixencia do incremento progresivo e equitativo no noso poder adquisitivo é un obxectivo irrenunciable.
2.- Independentemente do anterior, nos último 20 anos, as subas salariais dos empregados públicos foron, no 90% dos casos, inferiores ao IPC, índice máxico que o goberno solta cando lle interesa, como é o caso. É máis, houbo dúas conxelacións salarias e unha perda global salarial dun 25%.
3.- A CGT non pode aceptar as tibias posicións dos sindicatos "maioritarios" no sector público (CC.OO., UGT e CSIF), que xa parecen dispostos a aceptar subas mínimas e para certos colectivos a cambio de contrapartidas que non declaran. Non podemos esquecer que estes sindicatos son corresponsables das subas asinadas nos últimos anos, do incremento esaxerado na apertura dos abanos salariais e do mantemento dos funcionarios nun estado de máis próximo ao vasallaxe que ao de traballadores dignos.
4.- A CGT considera que só a mobilización coordenada, contundente e continua dos traballadores para conseguir un sistema retributivo xusto, sin as enormas diferenzas salarias actuais, con cláusula de revisión salarial garantizada e cunha figura de empregado pública única, rompendo coa actual separación entre funcionarios e laborais.

26 de agosto de 2009

Consolidación de emprego

Publica hoxe o DOG a disposición pola que se fan públicos os listaxes de admitidos e excluídos no proceso de consolidación de emprego do grupo A2. Os que non estean de acordo teñen dez días para presentar as oportunas alegacións. As consultas pódense facer aquí.

24 de agosto de 2009

Dos "niveis de contención" ás "subas simbólicas"

Por fin o dixeron! Como xa se ía apuntando desde hai meses, o goberno xa se decidiu a facer público o que ata o de agora non eran máis que globos-sonda: os soldos dos funcionarios estárán sometidos a "niveis de contención" (que fino é este Pepe!): é dicir, que os soldos dos empregados públicos estarán conxelados, máis ou menos, este ano. O ministro de Fomento chega a asegurar que "los empleados públicos han mejorado su poder adquisitivo en los últimos meses como consecuencia del descenso de la inflación" ( e nós sen enterarnos!).
Non estará de máis recordar a este ministro que os soldos dos empregados públicos perderon, nos últimos vinte anos, moito máis poder adquisitivo que o do resto dos traballadores (se damos como certos os niveis de inflación) e que, ademáis disto, os funcionarios non temos por que renunciar a mellorar o noso nivel de vida e, polo tanto, non temos que ter o "que me quede como estoy" como máxima aspiración vital.
Por outra banda, os chamados sindicatos maioritarios xa comezan coas rebaixas: UGT di que "Si las subidas inferiores al 1% se corresponden con la inflación y si hay otras contrapartidas, podemos hablar"; para CC.OO, "Hay medidas que pueden combinarse. Si las subidas inferiores al 1% se corresponden con la inflación y si hay otras contrapartidas, podemos hablar"; y para la CSIF, se declaró más abierto "a subidas moderadas siempre que haya otras compensaciones".
En definitiva, reunión de pastores, ovella morta.

4 de agosto de 2009

Conxelación de soldos e cadros de persoal

Isto é o que a Consellería de Facenda ordeou ao resto das Consellerías para elaborar os presupostos do ano que ven, segundo informa a prensa. Moito corre a Consellería, adiantándose incluso ao que se poda asinar en Madrid entre a Administración e os sindicatos.
A CGT reitera a necesidade da recuperación do poder adquisitivo do persoal e que éste non pode pagar os pratos rotos da chamada "crise financeira".

Novos funcionarios do grupo A

O DOG de hoxe publica o nomeamento como funcionarios de carreira do corpo superior da Xunta de Galicia aos que superaron as probas selectivas convocadas na Orde do 28 de decembro de 2007. Os interesados teñen un mes para a toma de posesión.

31 de xullo de 2009

Semana grande (para algúns)

A semana que ven é a chamada "Semana grande" das festas da Coruña. Tradicionalmente, os empregados públicos teñen un horario reducido, sen deixar de atender o público. O que non parece moi xusto e que a redución da xornada se faga segundo a sorte do destino que lle tocou a cada un, é dicir, que cada xefatura territorial faga o que lle pete. E iso é que está pasando.

30 de xullo de 2009

Novas sobre funcionarios no DOG

Entre outras disposicións, no DOG de hoxe publícase a orde para o nomeamento como funcionarios aos aspirantes do grupo A, escala de enxeñeiros agrónomos que superaron o proceso selectivo. Tamén se publica a relación de aprobados dos enxeñeiros de comunicación. Pódese premer aquí.

21 de xullo de 2009

Novas no DOG

No DOG de hoxe aparecen varias disposicións relativas a concursos e oposicións: nomeamentos como funcionarios da escala de estatísticos (grupo A), da escala de axudantesde arquivos (grupo B) e de axudantes de museos (grupo B), así como a convocatoria a elección de destino definitivo dos que superaron o proceso para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta (grupo A).

20 de xullo de 2009

A conxelación que se achega

"Os soldos do persoal do Estado tamén teñen que adaptarse á actual situación económica". Esta é a teoría que manexan no Ministerio de Economía para defender a conxelación salarial para o ano 2010. O que non explican e por qué, nos anos de crecemento inmobiliario e de superávit, os salarios públicos non creceron de xeito acorde coas circusntancias do momento. Se a esto lle engadimos a redución de gasto que supón a conxelación das ofertas de emprego público, o aforro faise por partida dobre e a costa do emprego público.
Acaso os postos de traballo da produción de turismos é máis rendible que os postos de traballo na sanidade ou no ensino? Como sempre, darlle na testa aos funcionarios é moi popular, aínda que sexa a costa da calidade dos servizos públicos. Máis información, picando aquí.

15 de xullo de 2009

Prazos extraordinarios para probas selectivas

Publica hoxe o DOG unha manchea de Ordes polas que se abre un prazo extraordinario para a presentación de solicitudes en numerosos subgrupos de persoal funcionario da Xunta de Galicia. Isto ten como consecuencia que as listaxes de admitidos e excluidos non é a publicada, senón que serán outras.
Por outro lado, publícanse as ordes polas que se nomean funcionarios a axentes de extensión pesqueira e enxeñeiro de minas.

14 de xullo de 2009

O Secretario de Estado da Seguridade Social ten tempo para dicir tonterías

Octavio Granado, Secretario de Estado da Seguridade Social, afirmou, nun curso de verán da Universidade Menéndez Pelayo, que está claro que sobran funcionarios, porque se contratas a alguén por oito horas e traballa catro e está o resto "tocándose as narices", está claro que o contrato debería ser por catro horas.
Este indiviudo -que, por certo, non está de vacacións e debeería estar no seu despacho e non dando cursos e cobrando por eles- é o típico politiquillo que intenta congraciarse co público dándolle leña aos funcionarios. E os funcionarios xa estamos fartos de que paxaros como estes, os de coche oficial e dietas a proba de menús de restaurantes de moitos tenedores, nos sigan usando para desviar a atención dos problemas graves, gravísimos, que ten o país.

Máis información, picando aquí.

13 de xullo de 2009

Modificacións RRPPTT

No DOG de hoxe publícanse varias resolucións que modifican as Relacións de Postos de Traballo das Consellerías de Presidencia, Economía e Facenda.

10 de xullo de 2009

Corrección de erros promoción interna

O DOG de hoxe publica varias ordes que corrixen as convocatorias para a promoción interna aos corpos xerais da xunta (A1, A2, C1 e C2). As correccións tratan, fundamentalmente, da numeración dos propios epígrafes das ordes.

3 de xullo de 2009

Promoción interna

Entre outras disposicións, publícanse hoxe no DOG as Ordes polas que se convoca a promoción interna dos corpos xerais da Xunta de Galicia. As prazas que se convocan son: 30 para o corpo superior (A1); 35 para o de xestión (A2); 200 para o corpo administrativo (C1), e 170 para o corpo de auxiliares (C2). Hai de prazo para pagar as taxas e presentar as solicitudes ata o día 23 de xullo. As solicitudes están dispoñibles en http://www.xunta.es/dxfp/OPOS/Solicitudes.htm .

Tamén se publica hoxe a eliminación da obrigatoriedade de facer o exame en galego nos casos das convocatorias das quendas libres e da consolidación de emprego.

30 de xuño de 2009

Promoción dos axentes forestais

Publícase hoxe no DOG a Orde pola que se convoca o proceso selectivo para a promoción dos axentes forestais á escala de axentes facultativos ambientais. Os interesados teñen 20 días para presentar as solicitudes, que estarán a disposición na páxina da Xunta de Galicia.

26 de xuño de 2009

Novas no DOG

No DOG de hoxe publícanse varias disposicións de interese para o persoal. Entre outras, está a Orde que eleva a definitiva as listas dos que superaron as probas para o ingreso na categoría 050 (técnico especialista en xardín de infancia) polas quendas de promoción interna e acceso libre; tamén publícanse dúas resolucións relativas ao proceso de consolidación de emprego na agrupación profesional de persoal subalterno, tanto do primeiro como do segundo exercicio.

24 de xuño de 2009

Modificación da Lei da Función Pública de Galicia

Publícase no DOG de hoxe a Lei que modifica o texto da Lei da Función Pública de Galicia. Coñécese que, para o goberno da Xunta de Galicia, o problema máis grande no tocante á función pública galega é a lingua na que os opositores fan as súas probas de acceso. Curiosamente, no texto aprobado, defínese a lingua galega como a "lingua propia de Galicia" e a castelá como "lingua oficial en Galicia". Expertos en crear problemas, os políticos métense agora a lingüistas de medio pelo e trátannos coma parvos. En realidade, estes son os problemas de persoal da Xunta?

19 de xuño de 2009

Xornada de verán

No DOG de hoxe publícase a Orde da Consellería de Facenda (aínda parece incrible que os temas de función pública dependan de Facenda) pola que se fixa a xornada de verán e o horario para o ano 2009. Será o previsto desde hai días: do 23 de xuño ao 23 de setembro (ambos días incluidos), en horario de 8:30 a 14:30 horas. Podédelo consultar picando aquí.

10 de xuño de 2009

Apoio aos compañeiros de Correos

O próximo domingo, ás 12 do mediodía, os traballadores de Correos farán unha manifestación que sairá da Alameda de Santiago de Compostela. Amosamos a nosa solidariedade cos compañeiros e animamos a todos a acudir.

Correos en loita, non faltes!

1 de xuño de 2009

Xa empezan a avisar da próxima conxelación

A Conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, xa avisa que, para o ano 2010, "tendremos que contemplar la congelación de los salarios de los funcionarios".

Polo que se ve, os funcionarios son os culpables da crise. Non o son nin os bancos, nin os fabricantes de coches, nin os donos das empresas... Todos eles están recibindo suculentas axudas dos presupostos do Estado (incluída a Xunta), pero a solución está na conxelación salarial dos funcionarios.

Por outro lado, seguen facendo propaganda do aforro en altos cargos. No parece ser para tanto se temos en conta a patulea de asesores e similares que cada "superdelegado" trae consigo e que provoca que non haxa nin sitio para tanta xente nas delegacións actuais. Claro que cada un manexa os números como mellor lle vai.

29 de maio de 2009

Fondo de Acción Social 2008

Publícanse hoxe no DOG as resolucións que fixan os criterios, a convocatoria e os prazos para o reparto do Fondo de Acción Social do ano 2008. Non hai novidades salientables

18 de maio de 2009

7 de maio de 2009

Expedientes disciplinarios de veterinarios en Vigo

O Sindicato de Administración Pública da CGT (Confederación Xeral do Traballo) con representación na Xunta de Persoal Funcionario da Xunta de Galicia na provincia de Pontevedra, quere denunciar públicamente a situación que se está a padecer no Servizo de Inspección Veterinaria de Vigo como consecuencia da actuación do Xefe de Zona, Bernardo Nores Blanco e o Xefe de Servizo, Alejandro González-Carrero López, amparados polo ata hai ben pouco agora Delegado Provincial da Consellería de Sanidade e, o máis grave, pola propia antiga Secretaria Xeral da Consellería do anterior bipartito. Esta situación, que se concreta na apertura de sete expedientes disciplinarios por falla grave (máis do 30% do persoal da zona de Vigo está expedientado), atenta gravemente contra os dereitos que como traballadores teñen os compañeiros expedientados, dos que se dubida pública e privadamente da súa profesionalidade. Os expedientes, fundamentados nunha suposta desobediencia ás ordes directas dos superiores, agochan, en realidade, unha incapacidade manifesta dos xefes para desenvolver o seu traballo, que debería consistir, principalmente, na coordinación e dirección dun servizo que ata a súa chegada funcionaba con normalidade.
Proba do deterioro do servizo e polo tanto da calidade e axilidade da función inspectora son as as propias palabras da Secretaria Xeral da Consellería de Sanidade que recoñeceu por escrito que a situación chegou a un punto no que o Xefe de Zona “debe comunicar con eles [os inspectores] case exclusivamente por escrito, o que lle resta unha grande cantidade de tempo no desempeño das funcións e tarefas propias da xefatura de Zona”.
Esta situación fixo que a Xunta de Persoal por unanimidade (CIG, CSI-CSIF, UGT, CGT e CC.OO.) e unha vez escoitadas as dúas partes, os traballadores e á anterior administración e de que incluso os propios Tribunais de Xustiza veñan de anular tres das sancións impostas a outros tanto inspectores expedientados, exixiu aos novos responsables do actual goberno autonómico (Secreatía Xeral da actual Consellería de Sanidade):
1.- A paralización inmediata de todos os expedientes en curso.
2.- A restitución moral a todos os compañeiros e compañeiras expedientados.
3.- O inmediato cesamento tanto do Xefe de Zona de Vigo Bernardo Nores Blanco e do Xefe de Servizo, Alejandro González-Carrero López.
4.- A apertura de investigacións para depurar responsabilidades sobre o posible acoso a que están sometidos estes expedientes.
De igual a Xunta de Persoal tamén denunciou estes feitos ao Defensor do Pobo para que poña freo a situación que aínda se está a vivir nos servizos veterinarios da zona de Vigo.
O Sindicato de Administración Pública da CGT quere facer público o seu apoio incondicional a todos os compañeiros expedientados na a todas accións, incluídas as xudiciais que leven adiante na restitución e defensa da súa dignidade profesional e persoal.

29 de abril de 2009

Primeiro de Maio

Este Primeiro de Maio, a CGT volve saír á rúa nunha situación aterradora para millóns de traballadores. A cifra de catro millóns de parados converte a situación de moitos en insostible. Coa vista posta nunha Folga Xeral, este sindicato celebrará manifestacións na Coruña e en Vigo. Animamos a acudir a todos os traballadores da administración pública a estes actos. A solidariedade é, agora máis que nunca, imprescindible.

22 de abril de 2009

Función Pública, para Facenda

No DOG de hoxe sae o Decreto que establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia e, sorpresa!, a Dirección Xeral de Función Pública pasa á Consellería de Facenda. Mala sinal é para os traballadores públicos que pasen a depender da Consellería dos cartos (e, en tempo de crise, da dos recortes); isto non nos fai esperar nada bo nos próximos anos no referente ás retribucións. Por outro lado, por qué a Consellería de Presidencia leva o apelido de Administracións Públicas? Misterios dos repartos políticos

13 de abril de 2009

Xa empezamos co de sempre

No Faro de Vigo aparecen unhas declaracións do deputado Pedro Puy, "man dereita do presidente electo" (cantas mans dereitas pode ter un home?) nas que fala de racionalizar e axilizar a xestión, reestruturando a distribución dos traballadores públicos para cubrir os departamentos nos que agora o cadro de persoal é escaso, sacándoos de onde sobran. Isto, que é fácil de dicir, supón que haberá que volver modificar as relacións de postos de traballo (moitas delas recién aprobadas), sin deixar á parte a obrigada modificación da Lei da Función Pública Galega, aprobada polo bipartito sen ter en conta o estatuto Básico do Empregado Público.

7 de abril de 2009

RRPPTTs

As modificacións das Relacións de Postos de Traballo das Consellerías de Pesca e de Educación aprobadas polo Consello da Xunta do día 26 de marzo son publicadas hoxe no DOG.
No caso da Consellería de Pesca, as modificacións céntranse no Servizo de Gardacostas (antes Servizo de Protección de Recursos), co engadido de que se clasifican como de libre designación dous postos de xefetura de servizo (Onde queda aquela vontade de eliminar as libres designacións destes postos?) utilizando a excepcionalidade que a Lei da Función Pública prevé e que xa denunciamos no seu momento como coadoiro.
No caso da Consellería de Educación, a modificación é, casi exclusivamente, para poñerlle a todo o persoal subalterno dos centros de ensino o "horario especial", como consecuencia do célebre "acordo" dos catro patacóns.
Morrer matando en cuestións de persoal. Eso sí, coa vida laboral asegurada para os altos cargos.

6 de abril de 2009

Nomeamento de persoal laboral fixo

Publícase hoxe no DOG a orde pola que se nomea persoal laboral fixo da Xunta aos aspirantes das categorías IV.033 (condutor de motobomba), V.14 (peón de incendios forestais) e V.9 (celador 2ª/vixilante de recursos naturais), segundo o establecido nas sentenzas 28/2004 e 242/2004 do contencioso administrativo. Hai un mes para o recurso de reposición e dous meses para ir directamente ao contencioso-administrativo.

23 de marzo de 2009

Cursos da EGAP

Na páxina da EGAP está convocada a 2ª convocatoria de cursos de formación contínua. As inscripcións deberanse facer telemáticamente e o prazo é ata o 30 de marzo.

18 de marzo de 2009

Parálise

A paralización dos procesos de Función Pública anunciada por Méndez Romeu non é máis que unha desfeita máis na lamentable política de persoal do bipartito. Os novos proceos selectivos, as promocións internas, os concursos que inclúan as prazas de libre designación... todo iso queda parado para que o poña en marcha o goberno entrante. Así remata un mandato nefasto, deixando o campo aberto para as previsibles e temibles actuacións do novo goberno.

Políticos!

16 de marzo de 2009

Recoñecementos médicos

No DOG de hoxe publícase a resolución que da comezo á campaña de vixilancia periódica da saúde do persoal da Xunta. Está excluído desta resolución o persoal dos centros docentes de Educación, dos centros do Sergas e o persoal de entes e fundacións.

O prazo de inscrición é de 20 días a partir de mañá e farase telemáticamente co modelo que está colgado na páxina do Servizo de Prevención de Riscos.

12 de marzo de 2009

Consolidación de emprego

No DOG de hoxe publícanse as resolucións polas que se fan públicas as listaxes definitivas de admitidos e eexcluídos nos procesos de consolidación de emprego nos subgrupos A1, A2, C1 e C2. Poderase interpoñer un recurso de reposición no prazo de un mes ou ir directamente ao contencioso no prazo de dous meses.

6 de marzo de 2009

Feijóo non di nada da función pública

O próximo presidente da Xunta xa presentou algún dos seus proxectos; sin embargo aínda non dixo nada de varias cuestións que preocupan ao persoal: as noticias sobre posibles conxelacións salariais, a cuestión das prazas de libre designación, a administración paralela, a obrigada modificación da Lei da Función Pública... A CGT considera imprescindible que Feijóo se manifeste canto antes sobre cal vai ser a súa política de persoal e non só dos grandes aspectos propagandísticos do seu programa electoral.

Elección de destino para o grupo D

Publícase hoxe no DOG a orde que convoca ao persoal que superou os procesos selectivos para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo auxiliar da Xunta, a través das convocatorias do 17 de xullo e o 4 de outubro de 2007. A escolla de prazas farase en San Caetano, o 17 de marzo, a partir das 11:00 horas.

4 de marzo de 2009

Nomeamento de funcionarios do grupo C

Publícase no DOG de hoxe a orde pola que son nomeados funcionarios do grupo C os aspiranes que superaron as probas selectivas convocadas en decembro de 2007. Estes teñen un mes para a toma de posesión e tamén haberá un mes para facer o recurso de revisión ou dous para ir directamente ao contecioso. Noraboa a todos e todas.

1 de marzo de 2009

Corbacho, con la receta de siempre

El ministro de trabajo, en una entrevista publicada en el periódico El Mundo pone sobre la mesa la posibilidad de congelar los sueldos a todos los funcionarios que cobren más de 30.000 euros al año. Como siempre, se utiliza a los trabajadores públicos para "moralizar" al resto y se hace pagar a un grupo concreto de asalariados una crisis de la que no son responsables en absoluto.
Lo más indignante del caso es el sistema que se propone: sólo a un grupo de funcionarios (los que más cobran) con lo que consiguen, de paso, continuar dividiendo en castas al colectivo funcionarial (la mayoría no cobra esas cantidades). Lo que no nos dice Corbacho es si entre estos funcionarios están los jueces, a los que se les ha prometido una suculenta subida tras las vergonzosas movilizaciones últimas.
La CGT ha estado siempre a favor del cierre de los abanicos salariales, pero eso no significa que un grupo importante de funcionarios deje de percibir una subida que, como a todos, les hará falta. Curiosamente, los mismos que ahora proponen esta congelación selectiva no dudaron en realizar subidas a estos mismos funcionarios superiores al resto: tal cosa sucedió, por ejemplo, con las sucesivas subidas de las pagas extraordinarias, subidas en las que se benefició claramente a los fucnionarios que más venían cobrando.
Por lo tanto, la CGT continuará reivindicando subidas salariales para todos, con el cierre justo de los abanicos.
En cuanto a lo de que sobran funcionarios, cantinela recurrente del presidente de la patronal, suponemos que no se referirán a los médicos necesarios para acabar con las penosas listas de espera, a los funcionarios del INEM para atender a los nuevos miles de parados, a las raquíticas plantillas de la Inspección de Trabajo o a los imprescindibles para atender a una población cada vez más envejecida y dependiente. Aunque claro, suponemos que a la patronal siempre le vendrá bien el incremento de las contratas y concesiones administrativas para convertir en negocio lo que ahora son prestaciones sociales y colectivas.

26 de febreiro de 2009

RRPPTT de Medio Rural

Hoxe sae publicada no DOG a resolución do Consello da Xunta que aproba a nova Relación de Postos de Traballo da Consellería de Medio Rural. Nela aplícanse os acordos sobre a regulación das condicións de traballo do Servizo de Prevención de Defensa contra os Incendios Forestais, o acordado no V Convenio Único sobre os fixos-desxontinuos e o acordo sobre os veterinarios.

20 de febreiro de 2009

Erro nas nóminas

Grazas a unha metedura de zoco da Axencia Tributaria, todos os que perciben menos de 22.000 euros anuais (a gran maioría do persoal da Xunta) tiveron unhs retribucións en xaneiro superiores ás que lles corresponderían (unha media de 20 euros), segundo comunicou o CIXTEC a todas as habilitacións. Esta situación corrixirase na seguinte nómina.

Grazas, Facenda, sempre pensando en nós.

19 de febreiro de 2009

Biólogos e condutores

O DOG de hoxe publica as resolucións que fan públicas as puntuacións do segundo exercicio das probas de biólogos (funcionarios grupo A, promoción interna) e condutores (persoal laboral, promoción interna e cambio de categoría). Os interesados poden presentar alegacións no prazo de 10 días.

18 de febreiro de 2009

Oposicións e concursos no DOG

No DOG de hoxe publícanse varias disposicións que poden ser de interés para diverso persoal da Xunta. Destacan as seguintes:
  • Concurso para axentes forestais e axentes facultativos ambientais
  • Exención do cuarto exercicio dos aspirantes a técnicos especialistas en xardín de infancia
  • Listaxe de admitidos e excluidos na consolidación de emprego do persoal subalterno

11 de febreiro de 2009

Nova no DOG

Publícase no DOG de hoxe a Orde pola que se elevan a definitivas as propostas de aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso en diversas categorías de laborais: condutor de motobomba, peón contra incendios forestais e vixilante recursos naturais. Os interesados teñen un mes para interpoñer un recurso potestativo de revisión ou dous meses para ir directamente ao contencioso.administrativo.

6 de febreiro de 2009

Promoción interna ao grupo D

Publícase hoxe no DOG a resolución pola que se fai pública a relación dos que superaron o proceso selectivo, por promoción interna, para o grupo D. Os aprobados teñen quince días para presentar a documentación correspondente e os interesados un mes para os recursos de alzada.

Acordo sobre os centros de ensino

Case seis meses despóis de estar asinado, a Xunta publica, no DOG de hoxe, o lamentable acordo sobre os centros de ensino que ía solucionar tódolos problemas. Para non repetírmonos, podedes deducir a nosa opinión picando aquí.

5 de febreiro de 2009

Nomeamento de persoal funcionario e laboral

No DOG de hoxe publícanse diversas ordes nas que se nomean funcionarios dos grupos A, B e C correspondentes a convocatorias de setembro e outubro do ano 2007. Tamén se nomea persoal laboral da categoría 009 do grupo IV (oficial de 2ª agrario). A todos eles, noraboa. Os interesados poden picar aquí.

4 de febreiro de 2009

Plan de prevención de riscos

No DOG de hoxe publícase o Plan de prevención de riscos laborais na Administración xeral na Xunta de Galicia. Consiste este chamado plan nun catálogo de obxectivos, declaracións de principios e distribución de competencias administrativas que, temémonos, non irán moito máis lonxe do que iba o que tiñamos ata o de agora.

Xa veremos.

27 de xaneiro de 2009

Elección de destinos

Publícanse hoxe as ordes pola que se convocan aos aspirantes que superaron as probas selectivas, por promoción interna, para os grupos C e B. Os aprobados deberán presentarse o día 30 de xaneiro, ás 13 e ás 11 horas, respectivamente, no salón de actos grande da Consellería da Presidencia, en Santiago.

Hai un mes para o recurso de reposición ou dous meses para o contencioso-administrativo.

23 de xaneiro de 2009

Nóminas da Xunta

Publícase no DOG de hoxe a Orde de Economía e Facenda coas instruccións para confeccionar a nómina do persoal ao servizo da Xunta de Galicia. Esta Orde ten o interes de poder ver tódalas retribucións, deglosadas por conceptos, para todo o persoal (entre outras cousas, podemos comprobar as abismais e inxustificadas diferenzas de retribucións existentes na actualidade, segundo o colectivo ao que un pertenza, así como os abanos salariais entre as distintas categorías.

21 de xaneiro de 2009

Cursos de formación

No DOG de hoxe publícase o Plan de Formación Contínua para o persoal da Xunta de Galicia. Como sempre, haberá unha chea de cursos en Santiago de Compstela, unha chea de cursos fóra do horario laboral e unha chea de cursos para os que teñan Internet.

Tamén se publica unha resolución que convoca un curso sobre o texto refundido da Lei de Función Pública de Galicia (si, esa que queren volver modificar e para a que terán que facer outro curso para reciclarse). Hai prazo para apuntarse ata o 28 de xaneiro.

16 de xaneiro de 2009

Administración pública deficitaria en persoal

Isto é o que en realidade se desprende das declaracións feitas onte polo presidente Touriño, nas que indicou que Galicia ten 51 empregados públicos por cada 1.000 habitantes mentras que en España a media é de 57,3. Á parte de presumir de cifras, chegamos á conclusión, facendo uns poucos números de que en Galicia debería haber 10.875 traballadores públicos máis para estar na media española.

Poucos e mal pagados: esa é a realidade da función pública galega, señor Touriño.

Máis RRPPTT

Picando nesta ligazón pódese acceder ás disposicións que, no DOG de hoxe, publican as relacións de postos de traballo de Medio Ambiente, Educación, Política Territorial e Órganos Superiores dependentes de Presidencia.

15 de xaneiro de 2009

Contra o xenocidio en Palestina

A CGT da Xunta estará na manifestación que está convocada o próximo domingo, ás 12 da mañá, en Santiago de Compostela. Animávomos a acudir. ¡Paremos o xenocidio!

O manifesto completo, picando aquí.

14 de xaneiro de 2009

Cursos de galego

Convócanse, no DOG da hoxe, cursos de galego para o persoal da Xunta de Galicia. O prazo para a presentación das solicitudes remata o 30 de xaneiro, e só é posible facelo a través da páxina web da EGAP. Os cursos son de linguaxe administrativa media (entre febreiro e abril, dependendo das localidades) y e linguaxe administrativa superior (entre febreiro e setembro).

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo