26 de abril de 2011

Casi unha semana sen poñer na picota aos empregados públicos

Un novo record da Xunta de Galicia. Unha semana levábamos sen que a Xunta de Galicia puxera aos emregados públicos no disparadeiro. Agora a escusa ven a ser o absentismo laboral que, supostamente, é moito maior na Xunta que nas empress privadas. Ante esta teima de ter entretido ao persoal botando pestes sobre o funcionariado, temos que preguntarnos se a "eficacia da empresa pública" se refire ao sistema de amedrentamento, presión e altas laborais fraudulentas que fan as mutuas en complicidade cos empresarios forzando a traballar a persoas que non están en condicións.
A CGT non dubida de que hai algunha baixa fraudulenta, pero a inmensa maioría non o son; a diferenza coas empresas privadas nos índices son máis debidos aos procesos de acoso que os traballadores sofren nas privadas para reincorporarse antes de estar en condicións que a que haxa fraudes. Políticos: ide traballar!

20 de abril de 2011

Actos do Primeiro de Maio

A Coruña: A manifestación, convocada conxuntamente coa CUT, sairá, ás 12:00 horas, da Praza de Pontevedra e percorrerá o centro urbano para rematar na Praza do Humor. (Convocatoria)

Vilagarcia de Arousa : Convocada pola CGT de Pontevedra e de Vilagarcía, manifestación. 12 horas, desde la plaza Ravella, con mitin final en plaza de Galicia. (Convocatoria completa, en http://www.cgtgalicia.org/2011/04/1%C2%BA-maio-manifestacion-en-vilagarcia/)

Vigo : Ás 11:00 dende a Praza de Fernando o católico ata a Porta do Sol, manifestación conxunta coa CUT. (Convocatoria) Actividades previas a la manifestación, en http://www.cgtgalicia.org/2011/04/1%C2%BA-de-maio-en-vigo/

19 de abril de 2011

Concurso de traslados do persoal laboral

Apareceu no DOG de hoxe o concurso de traslados para o grupo V do Convenio Colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia. As instancias deberán presentarse telemáticamente no prazo de 25 días contados a partir do seguinte ao da publicación.

18 de abril de 2011

O Xulgado do Contencioso-Administrativo nº1 de Pontevedra volve dar a razón á CGT

O pasado venres 8 de abril en auto do Xulgado Contencioso-Administrativo nº1 de Pontevedra ordenábase á Xunta de Galicia que procedera a facilitar un local sindical e taboleiro sindical ao Sindicato de Administración Pública de Pontevedra da CGT, aplicando cautelarmente a sentencia favorable á CGT por tutela de dereitos fundamentais dictada en setembro de 2010 e recorrida pola Administración no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O auto considera que o prexuízo para CGT ao non dispor de local e taboleiro sindical durante a campaña electoral pode ocasionar un prexuízo de imposible reparación, tal e como sucedeu, xa que, a negativa da Administración a darnos o que nos corresponde legalmente influíu tanto na elaboración da candidatura do noso sindicato como os resultados acadados no Edificio Administrativo de Pontevedra onde partíamos coa enorme desventaxa de non ter local sindical como o resto dos sindicatos con representación e nin tan sequera taboleiro.
Dende o Sindicato de Administración Pública de Pontevedra da CGT agardamos que o fulminante cesamento, o mesmo día de coñecerse a sentencia, do Xefe Territorial de Presidencia, principal interesado en non darnos o local sindical e o taboleiro, facilite que dunha vez por todas a Administración comece a cumprir a legalidade.

O Sindicato de Administración Pública de Pontevedra da CGT revalida os seus dous delegados

O pasado 14 de abril tiveron lugar as eleccións para a Xunta de Persoal funcionario na provincia de Pontevedra onde a CGT revalidou os 2 delegados que xa tiña. Aínda que non se aumentou en número de delegados os resultados deben de ser considerados como un éxito xa que supoñen a consolidación da alternativa CGT na provincia de Pontevedra e un crecemento espectacular no Edificio Administrativo de Vigo onde se sobrepasa o 15% de representatividade superando, por primeira vez a CSIF e máis UGT, a gran perdedora deste proceso electoral.
A nova Xunta de Persoal queda do seguinte xeito: CIG 10 (+1), CSIF 6 (+1), CC.OO 4 (+2), UGT 3 (-2) e CGT 2.

15 de abril de 2011

Consolidación de emprego C2

O DOG publica hoxe a Orde pola que se nomean funcionarios de carreira do subgrupo C2 aos que superaron o proceso de consolidación de emprego a través da Orde do 4 de xullo de 2008. Felicitacións a todos eles.

7 de abril de 2011

1º de maio, é hora de pasar á acción

O Secretariado Permanente do Comité Confederal da CGT ven de facer un comunicado ante o próximo 1º de maio. Di o seguinte:
"El 1º de Mayo es una fecha especialmente simbólica para la clase trabajadora de todo el mundo. Con ella recordamos y recuperamos la heroica lucha de trabajadores asesinados por la patronal en Chicago en demanda de la jornada de ocho horas, allá por el año 1886.
Hoy, las y los trabajadores tenemos que seguir la lucha con la misma contundencia porque el ataque que estamos sufriendo por parte del capital recuerda el salvajismo patronal del siglo XIX.

6 de abril de 2011

Lustros de sensatez salarial

O ministro de Traballo, Valeriano Gómez, acaba de declarar que España necesita "lustros" de moderación salarial. Este home, que ten no seu currículo o ter sido un destacado sindicalista da UGT (tampouco é de extranar), abogou pola contención dos costes salariais nos próximos anos.
Polo que se ve, para Valeriano os salarios viñeron subindo moito nos últimos anos. Temos qeu recordarlle que, na función pública, a maioría das veces os salarios subiron por baixo do IPC, houbo dúas conxelacións salariais e, desde o ano pasado, sofrimos unha rebaixa nas nosas retribucións. Pois ben, aínda así, entre outras noxentas medidas, o agora ministro propón sensatez por, polo menos, dez anos (1 lustro = 5 anos; lustros = polo menos 10 anos).
Outro máis na lista dos lacaios dos poderosos.

Novos funcionarios do subgrupo C2

Hoxe publica o DOG a Orde pola que se nomean funcionarios da Xunta aos aspirantes do subgrupo C2 que superaron a canvocatoria do 4 de xullo de 2008. Os prazos de reclamacións son os habituais dun mes (reposición) ou de dosu meses (contencioso).

4 de abril de 2011

A oferta de emprego público, no DOG

O DOG de hoxe publica do decreto de oferta de emprego público do ano 2011 para o persoal funcionario da Xunta. Como xa dixemos anteriormente, a oferta é cativa, o número de prazas é ruín e a oferta de promoción interna é inexistente, salvo para sacar prazas que non se cubriron nas ofertas públicas anteriores. Tamén é curioso observar cómo o que sacan para o acceso libre son prazas de escalas especiais mentras deixan, como sempre, os corpos xerais, sen cubrir.
Pura propaganda.

1 de abril de 2011

Pero, cantas veces nos van controlar o horario?

A Xunta ven de anunciar, outra vez!, un novo sistema de fichaxe para os funcionarios. Dado que non teñen nin ideas nin fan nada salientable, adícanse os nosos gobernantes en repetir cantos funcionarios van ser controlados nos seus horarios y en darlle bombo a ofertas de emprego inexistentes.
Repetimos: se teñen que controlar o horario, que o fagan dunha puñetera vez!

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo