A Xunta fai un chamamento para que todo o persoal acuda ás concentracións a favor da igualdade diante dos centros de traballo o día 8 de marzo, Día Internacional da Muller. "pola igualdade e contra as discriminacións". "365 días pola iguladade", rematan.
A Xunta de Feijóo actúa como se as súas políticas non tivesen nada que ver na desigualdade actual, coa fenda salarial máis alta de España, por exemplo. Saír á rúa a concentrarse cun grupo de paniaguados e para que os medios de cabeceira os enfoquen ben nas fotos non é loitar pola igualdade e contra a discriminación: é unha burla ás desiguais e as discriminadas.
A CGT ten convocada, según acordou e pedíu o movemento feminista, unha Folga Xeral de 24 horas para o día 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora. Unha folga de carácter feminista porque o centro das reivindicacións e o protagonismo é das mulleres. Convoca tamén aos homes porque os avances cara a igualdade son beneficiosos tanto para homes como para mulleres e, ademáis, non renunciamos á solidariedade que nos é propia.
Facemos un chamamento para a participación na folga e nas mobilización que eses días se fagan. Chamamos tamén, consecuentemente, a que non se secunden paripés de carácter político contrarios ao verdadeiro espíritu do día.
Para máis información sobre a Folga Xeral Feminista, pica aquí.