31 de xullo de 2012

Reunión da plataforma sindical da área pública de Galicia

Celebrouse onte unha reunión da plataforma, na que se plantexaron algunhas cuestións sobre o acontecido ata o de agora.
A CGT comezou propoñendo que as pancartas fosen en orde distinta, dado que non era razoable que a pancarta da plataforma, con todas as organizacións, fose detrás da pancarta dos sindicatos chamados maioritarios. Esta proposta foi rexeitada.
En canto ás mobilizacións futuras, quean como segue:
  • Durante o mes de agosto, concentracións de delegados diante das subdelegacións do goberno os venres que haxa Consello de Ministros. Estas concentracións están convocadas exclusivamente por CC.OO., UGT e CIG. A pesar dalgunhas intervención, entre elas a da CGT, que propoñían manter as mobilizacións unitarias diante dos centros de traballo, éstas foron desbotadas.

Novo éxito das mobilizacións

Milleiros de empregados públicos, coa participación de moitos traballadores doutros sectores que amosaban a súa solidariedade, manifestáronse onte polas rúas das cidades galegas. As continuas agresións do goberno de Mariano Rajoy aos traballadores, os recortes e a perda de dereitos, tiveron onte unha cumprida resposata por parte destes.
As mobilizacións continuarán, diante do mes de agosto, os venres diante das subdelegacións do goberno. A CGT propuxo, na reunión que se fixo onte, que se seguise coas mobilizacións ante os centros de traballo, postura que foi rexeitada polos sindicatos chamados maioritarios.
Pontevedra          Ourense         A Coruña

30 de xullo de 2012

Os recortes e o IRPF

A redución das retribucións previstas durante este ano para os empregados públicos debería provocar, automáticamente, a redución do IRPF a partir do mes de xullo e a compensación dos meses nos que se aplicou un imposto superior, é dicir, os que levan trancorridos no ano. Sen embargo, a Xunta de Galicia dicidiu que isto non se fixera na nómina de xullo (xa veremos nas próximas) e aplicou o IRPF como se fósemos cobrar a paga extraordinaria de decembro.
Non sabemos que significado ten esta decisión, pero o resultado é que, por enrriba dos recortes, a Administración autonómica estase quedando con cartos de todos os seus traballadores. Desde aquí esiximos a inmediata aplicación da correción do IRPF e que teñan tanta dilixencia en baixalo como a que tiveron cando o subiron.

Recortes por aquí, recortes por alá

Dentro da carreira "a ver quen recorta máis" emprendida por todas as administracións e institucións públicas, a Muface non se podía quedar atrás. O BOE do sábado pasado publica unha resolución mediante a que se elimina a axunda á adquisición de vivenda e a axuda podolóxica aos anciáns e diabéticos, así como o termalismo para maiores.
Nin que dicir ten que a xustificación ocupa moito máis que o texto da resolución e que todo está debidamente motivado. Desde a mentira, craro.

27 de xullo de 2012

Continúan as mobilizacións. O día 30 a loita está na rúa

As mobilizacións dos empregados públicos seguen vivas. Onte, en todos os centros de traballo de Galicia, producíronse accións unitarias por parte dos traballadores, que demostraron aos políticos que non se poderán ir de vacacións como se a cousa non fora con eles. Non estamos dispostos a esquecer e a que nos deixen sen uns dereitos que teñen todos os traballadores do país.
O día 30 haberá novamente grandes manifestacións. Todos os sindicatos participarán nelas, a pesar do intento de CC.OO., UGT, CIG e CSIF de erixirse en representantes exclusivos e de saltarse nas comarcas os acordos asinados o día 12 de xullo en Compostela. Somos conscientes da gravidade da situación e por iso, a CGT seguirá intentando que as mobilizacións sexan unitarias. Da actitude doutros dependerá de que siga sendo así.
Compostela          A Coruña          Vigo          Vídeo

24 de xullo de 2012

Continúan as mobilizacións

A CGT fai un chamamento para a participación nas concentracións e manifestacións do sector público dos próximos días. Así, o xoves, día 26, faranse concentracións pola mañá diante dos edificios administrativos significados e dos hospitais e o próximo día 30, luns, haberá manifestacións pola tarde. Da concreción de cada mobilización (horario e percorrido) haberá cumprida información nos centros de traballo.
A posición inmobilista e autoritaria do goberno esixe unha resposta axeitada. Por outro lado, a situación de absoluto deterioro e desmantelamento do sector público excede con moito o que sería unha simple cuestión sectorial: todos os traballadores debemos seguir nas rúas facendo fronte a este goberno tiránico e mentirán que, coa coartada da crise, están levando á miseria a milleiros de traballadores.

20 de xullo de 2012

Mobilizacións masivas

Centos de milleiros de traballadores manifestáronse onte para protestar polas continuas agresións do goberno de Mariano Rajoy ás clases populares. A decisión dos sindicatos malchamados "minoritarios" de converter en unitarias as manifestacións, deixando atrás as pretensións de protagonismo de CC.OO.-UGT e, en Galicia, da CIG, foron a máis clara demostración da súa necesidade e do sentemento xeralizado de que o momento obriga ás organizacións de traballadores a deixar a un lado as diferenzas e apostar polo camiño da mobilización unitaria.
Por parte da CGT, non temos ningunha dúbida: a gravidade da situación obríganos a facer un esforzo en prol da unidade na mobilización, deixando a un lado actuacións pasadas e o pactismo doutros. So así conseguiremos frear esta manda de hienas que nos goberna.

Crónicas: A Coruña          Vigo          Pontevedra

19 de xullo de 2012

A chantaxe de Montoro

O ministro de Facenda, Critóbal Montoro, ven de utilizar no Congreso, aos empregados públicos para chantaxear ao país dicindo que hai que aprobar as súas medidas recadatorias e de recortes ou, polo contrario, "o pago das nóminas dos funcionarios corre perigo".

Estamos fartos de que os traballadores públicos sexamos a escusa perfecta para todas as medidas regresivas do goberno de turno, estamos fartos de que nos traten coma peleles, estamos fartos de que se diga ao país que a eliminación e desmantelamento do sector público é a solución, estamos fartos duns políticos ruíns e avantaxistas...

16 de xullo de 2012

Comunicado da CGT ante as medidas do PP publicadas no BOE e non anunciadas polo goberno

O Secretariado Permanente do Comité Confederal da CGT fai público o seguinte comunicado:
El Gobierno oculta información, manipula la opinión pública engaña, miente y roba a la mayoría de la población

El pasado miércoles 11 de julio, el Presidente del Gobierno no anunció en el Parlamento todas las medidas del Nuevo Plan de Ajuste. El viernes 13 de julio, el Gobierno no informó de todas las medidas aprobadas en el Consejo de Ministros. El sábado 14 de julio, el BOE publica esas medidas pero tampoco informa de los millones de euros que se van a recortar para pagar a los banqueros y mercaderes especuladores (esta información se publica en una página web de economía europea).

Para la CGT, el gobierno del PP está tomando el pelo a todo el pueblo, no sólo robándolo, sino ofendiendo a su inteligencia, manipulando la información, ninguneando a las propias reglas del juego democrático parlamentario.

14 de xullo de 2012

O BOE publicou os recortes

No día de hoxe, o BOE publicou o decretazo cos recortes cometidos polo goberno. Á espera de podelos ver con maior detemento, invitámosvos a que lles botedes unha ollada. A nós parécenos que tamén eliminan os días adicionais de vacacións por antigüidade...

13 de xullo de 2012

O Trío Calavera concretou os recortes

En rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros de hoxe, os ministros de Economía e Facenda e a vicepresidenta do goberno concretaron os recortes anunciados o mércores por Rajoy. No que atinxe directamente aos empregados públicos, acordaron suprimir a paga extraordinaria de Nadal (eles chámano suspensión) e deixar os días de asuntos particulares en 3, eliminando totalmente os adicionais de libre disposición por antigüidade e reducindo os chamados moscosos á metade.
O trío segue tomando o pelo ao persoal dicindo que os cartos perdidos recuperaranse a partir do ano 2015, se as cousas van ben, a través dos plans de pensións, plan que, por certo, non teñen os traballadores da Xunta de Galicia nin a administración local.

Ante o novo plan do goberno, mobilización e Folga Xeral

Ante o novo plan de axustes do goberno, o Comité Confederal da CGT fixo público o seguinte comunicado:

La Plenaria del Comité Confederal de la CGT celebrada el día 12 de Julio de 2012, ante el nuevo Plan de Medidas de Ajuste planteadas por el Gobierno, que implican recaudar 65.000 millones de euros del pueblo para dárselos a los banqueros especuladores y prestamistas usureros, con medidas como la subida del IVA, la reducción de prestaciones por desempleo, la eliminación de la paga extra a las y los empleados públicos, los despidos masivos en las administraciones públicas, la reducción del gasto social para ayudas a la dependencia... DECLARA:

12 de xullo de 2012

Unidade na mobilización sindical fronte aos recortes

Hoxe pola mañá, reuníronse os sindicatos da área pública de Galicia (CC.OO., UGT, CIG, CGT, USO, SATSE, SAE, CEMS, STAFJ) para acordar un calendario de mobilizacións unitarias contra os recortes anunciado onte por Mariano.
Acordouse o seguinte:
  • Participar unitariamente nas concentracións previstas para mañá fronte aos edificios representativos e centros de traballo principais (hospitais, xulgados, etc.) da área pública de 11 a 12 horas.
  • Convocar concentracións fronte aos centros de traballo, de 11 a 12, os días 19 e 26 de xullo, xoves.
  • Apoiar e participar nas convocatorias de manifestacións anunciadas para o día 19 pola tarde.
  • Covocar manifestacións nas principais cidades e vilas de Galicia o día 30 de xullo, polo serán.
  • Volverse reunir o día 30 para preparar o calendario de mobilizacións en agosto e setembro.
 A CGT fai un chamamento para que os traballadores participen nestas mobilizacións, con convencemento de que a marcha atrás nas agresións sufridas é posible se se actúa con contundencia e perseverancia.

Búscase


11 de xullo de 2012

A perda salarial dos empregados públicos é un roubo

Esta mañá, Mariano decidiu meter as mans nos petos dos traballadores. Parados e funcionarios foron, nesta ocasión, as vítimas do seu atraco. A baixa salarial dos traballadores públicos é, en termos anuais, dun 7,11%, unidos ás conxelacións e baixas decididos por Zapatero.
Picando aquí  pódese acceder a un documento no que se recolle unha táboa indicativa da evolución salarial dos traballadores da Xunta nos últimos vinte anos. Nela podemos observar, entre outras "curiosidades", que se o noso salario perdía no ano 2009 un 7,97 % cn respecto ao ano 1991, este ano a perda chegará ao 23,62%. Isto quere dicir que nos terían que subir un 30,92% as retribucións para equipararse coas do ano 1991 en capacidade de compra.
Mañá, en Santiago, haberá unha reunión urxente de todos os sindicatos. É imprescindible a recuperación da unidade na mobilización esquecida nos últimos meses. Os traballadores están indignados e esixen unha resposta contundente e urxente. Non os fagamos esperar.

Unha resposta contundente e inmediata é necesaria

Os recortes anunciados, polo momento, por Rajoy:
  • Suba do IVE do 18 ao 21%. O IVE reducido sube do 8 al 10%.
  • Redución da prestación por desemprego, a partir dos 6 meses, do 60 ao 50%.
  • Supresión da dedución por compra de vivenda.
  • Esixencia de ter traballado previamente para ter dereito á Renda Activa de Inserción.
  • Eliminación da paga de decembro aos empregados públicos.
  • Redución dos complementos por IT aos empregados públicos.
  • Redución dos días de libre disposición dos empregados públicos.
E cales son os sacrificios que farán os empresarios?:
  • Aos empresarios redúcenlles as cotizacións á Seguridade Social.

Rajoy anuncia a eliminación temporal da paga de decembro

Mariano Rajoy ven de anunciar no Congreso que a paga extraordinaria de decembro dos empregados públicos. Esta paga, segundo este elemento, será compensada, a partir do ano 2015, a través do incremento dos planes de pensións.
O que non di Mariano, e terá que dicir Feijóo, é cómo se vai compensar este roubo aos empregados da Xunta, que non temos plans de pensións.

10 de xullo de 2012

A xornada laboral dos empregados públicos

O Ministro de Facenda e Administracións Públicas, Cristóbal Montoro, ven de facer unhas manifestacións nas que defende a equiparación laboral dos empregados públicos cos traballadores do sector privado no referente á xornada. Nesta equiparación inclúese a ampliación da xornada laboral.
Montoro, que presume de funcionario pero que leva sen traballar desde o ano 1993, ano no que comezou de diputado, volve intentar enfrontar os traballadores públicos cos privados, evidenciando presuntos privilexios daqueles con respecto a estes e presentando aos funcionarios como ineficaces e vagos que, co conto de ter aprobada unha oposición, non se esforzan nin cumpren coa súa función.

9 de xullo de 2012

Entrou en vigor a Reforma Laboral

O decretazo de febreiro xa entrou en vigor en forma de Lei. O BOE publicou o día 7, sábado a Reforma Laboral que consagra a redución das indemnizacións por despedimento, permita as decisións unilaterais do empresario en materias que antes eran obxecto de nagociación (xornada, por exemplo), elimina de feito os convenios colectivos, reduce os salarios pola vía dos feitos consumados, etc. 79 páxinas de BOE que son unha estafa e un ataque directo aos dereitos dos traballadores, incluídos os empregados públicos.

6 de xullo de 2012

Agora, a extra de Nadal

Os empregados públicos somos o pim-pam-pum do goberno. De cando en cando, e cada vez con máis frecuencia, aparecemos como culpables da crise ou como obxecto, ante o regocixo do persoal, de novos recortes salariais e de dereitos, recortes que sofre toda a cidadanía ao caer a calidade dos servizos públicos. Neste caso, é a publicación Cinco Días o que se fai eco de fontes, nunca identificadas, que din que o goberno está preparando a eliminación, durante varios anos, da paga extraordinaria de Nadal.

4 de xullo de 2012

O goberno lanza rumores de novos recortes para preparar á poboación

Novamente, Mariano Rajoy volve utilizar o rumor como globo-sonda para ir preparando á poboación para novos recortes. Neste caso, a prensa, sen precisar máis fontes da súa información que outros medios -é fácil vender noticias con semellante práctica periodística- informa do próximo recorte de ata 30.000 millóns de euros, principalmente en soldos de funcionarios, pensións e subsidios de desemprego. Así, terán a todo o país con medo e, a continuación, aliviados porque o recorte non foi tan grande ou lle tocou a outros.
Este repugnante sistema de des-información non nos pode facer olvidar quen son os culpables, quen está pagando a crise creada por outros e que non se vai poñer freo se seguimos esperando a que escampe.

3 de xullo de 2012

Concursos de traslados

O DOG de hoxe convoca diversos concursos de traslados: 62 prazas das escalas de axentes de extensión pesqueira e do servizo de gardacostas, 14 prazas de inspectores e subinspectores de consumo e 12 prazas de estatísticos. As solicitudes poderán presentarse ata o día 20 de xullo, picando aquí.

2 de xullo de 2012

Nomeamentos A1 e A2

No DOG de hoxe publícase o nomeamento como funcionarios en prácticas dos aspirantes que superaron as probas selectivos dos subgrupos A1 (superior de finanzas) e A2 (técnicos de finanzas). As probas foran convocadas en xaneiro de 2011. Noraboa.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo