19 de xullo de 2012

A chantaxe de Montoro

O ministro de Facenda, Critóbal Montoro, ven de utilizar no Congreso, aos empregados públicos para chantaxear ao país dicindo que hai que aprobar as súas medidas recadatorias e de recortes ou, polo contrario, "o pago das nóminas dos funcionarios corre perigo".

Estamos fartos de que os traballadores públicos sexamos a escusa perfecta para todas as medidas regresivas do goberno de turno, estamos fartos de que nos traten coma peleles, estamos fartos de que se diga ao país que a eliminación e desmantelamento do sector público é a solución, estamos fartos duns políticos ruíns e avantaxistas...

Por iso nos imos manifestar hoxe e nos próximos días ata que se aburran de nós, farémolo ata que lles dea vergoña saír á rúa, e o faremos ata recuperar a nosa dignidade como traballadores e as nosas condicións de traballo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo