31 de maio de 2012

Bruxelas segue apertando

A Comisión Europea fixo públicas unhas "recomendacións" para o goberno español, consontes co seu papel de voceiro do poder económico. Para a Comisión, o goberno debe levar a cabo reformas como as seguintes:
  • Aumentar o IVE dos grupos reducidos e superreducidos, que son os de primeira necesidade.
  • Eliminar a dedución por vivenda.
  • Acelerar o ritmo no retraso da idade de xubilación, é dicir xubilarnos máis tarde aínda.
  • Rebaixar aínda máis as indemnizacións por despedimento para os contratos fixos.
  • Suprimir as clausulas de revisión salarial nos convenios.
Para a Comisión, os traballadores españois aínda viven estupendamente e iso non se pode consentir. Manda de...!

Oposicións A2

O DOG de hoxe publica a convocatoria de probas selectivas para 12 prazas do subgrupo A2. O prazo para presentar as instancias é de 20 días e faranse picando nesta ligazón.

28 de maio de 2012

4.000.000.000.000

Catro billóns de pesetas son as que se van meter en Bankia, evidentemente de todos nós. Por motivos económicos misteriosos, casi esotéricos, teremos que enterrar 24.000 millóns de euros nunha entidade para saneala e, cando volva ser viable, regalarlla a prezo de saldo a calquera tiburón dos que andan buscando vítimas no mar das finanzas.
Os traballadores non entendemos de macroeconomía, pero o que si entendemos é que estes cartos son odoble do presuposto anual da Xunta ou servirían para pagar a axuda de 400 euros, durante un ano, a cinco millóns de parados. Pero, claro, hai prioridades, dinnos.

25 de maio de 2012

Cumpliuse a lei de Murphy

Como podía ir a peor, foi. Isto é o que pasou coa reforma laboral: gracias ás aportacións feitas no Congreso, os empresarios teñen aínda máis poder sobre os traballadores. As modificacións feitas máis rechiantes son estas:
  • O empresario pode dispoñer de ata o 10% da xornada laboral ao seu antollo
  • O convenio colectivo só se pode prorrogar un ano sin acordo
  • Ábrese unha vía para que os traballadores non podan reclamar individualmente ante os EREs
  • O contrato de escravitude existirá mentres o paro non baixe do 15%
A baralla está rota.

24 de maio de 2012

A reforma laboral, a punto de ser aprobada

Danse os últimos pasos para a aprobación da reforma laboral no Parlamento, sen apenas variacións. O empeoramento das condicións laborais é constante e verase ratificada polas novas normas. Tamén se incrementará a conflictividade, dado que a clase obreira non está disposta a transixir sen pelexar.

23 de maio de 2012

A banca sempre gaña


 O Secretariado Permanente da CGT fixo público este comunicado:
Rescatan a Bancos y Cajas para socializar las pérdidas, Premian sus ejecutivos con indemnizaciones millonarias. Rescatemos las deudas del pueblo. Impidamos los desahucios
La CGT, ante el nuevo expolio y robo del erario público, llevado a efecto por la Banca, sus banqueros y ejecutivos, de la mano del Gobierno del PP, denuncia tajantemente ante la opinión pública, que se está convirtiendo en un modelo de sociedad antidemocrática, autoritaria y despótica, gestionada por el gobierno a golpe de decretazos todos los "viernes negros" en el Consejo de ministros.

18 de maio de 2012

O concurso do persoal laboral no DOG

O DOG de hoxe publica a resolución do cuncurso de traslados de persoal laboral do grupo V. Hai o prazo dun mes para presentar reclamacións.

Laura Gómez, en liberdade por fin

Onte, ás 16:30 horas, a compañeira da CGT de Barcelona Laura Gómez, foi posta en liberdade cunha fianza de 6.000 euros. A xuíza do Xulgado número 23 de Barcelona, ante o que se lle estaba vindo enriba, decidiu corrixir minimamente a súa decisión anterior. Reproducimos a nota da CGT de Barcelona:

O minifondo de acción social, no DOG

O DOG de hoxe publica o Fondo de Acción Social do ano 2011 para o persoal da Xunta, reducido, a causa dos recortes de Feijóo, a aqueles que o precisen para a atención de persoas descapacitadas.
As instancias débense presentar, ara o 4 de xuño, picando aquí.

16 de maio de 2012

Os políticos contra os empregados públicos

O presidente da Xunta de Andalucía anunciou, para algúns de sorpresa, importantes recortes salariais e de dereitos do persoal da Administración autonómica. O goberno do PSOE e de IU reducirá os complementos salarias entre un 0 e un 6% segundo categorías, eliminará os complemento nas pagas extras, aumentará a xornada laboral e a reducirá nos interinos coa correspondente redución retributiva.
Por outro lado, a Generalitat de Cataluña, gobernada por CIU, anunciou o recorte do 5% nos complementos salariais e, para evitar "agravios" estendeu a medida ao persoal da Administración de Xustiza.
Confirman estas medidas aquel dito tan sabio de "cambiarás de muiñeiro, pero non cambiarás de ladrón". Todos os partidos políticos seguen utilizando aos empregados públicos como señuelo ante a opinión pública, mentres o sector financeiro escapa a todos os controis. De nós depende que a situación siga así.

13 de maio de 2012

La Xunta e o software libre: outra mentira

Que o gabinete de propaganda da Xunta -chámanno gabinete de prensa- é un fato de mentiráns xa o sabiamos. Pero o que non esperabamos é a fachenda que lle votaron na nota de prensa -rápidamente reproducida polos xornais sen facer ningún tipo de contraste- referida á utilización do software libre na administración autonómica.
Di a nota de prensa que a Xunta aforrou, no periodo 2010-2011, nada menos que dous millóns e medio de euros pola implantación de software libre e que este está instalado xa no 94% dos equipos. A realidade dista bastante destas afirmacións, meramente de autobombo, dos gobernantes galegos.
E cal é a realidade? Pois bastante distinta:

10 de maio de 2012

Manifesto sindical pola liberdade de Laura Gómez


Manifesto público feito por varias organizacións sindicais reclamando a liberdade da traballadora afiliada á CGT Laura Gómez:
Las organizaciones abajo firmantes, que defendemos una sociedad libre, democrática, que garantice los derechos de las personas, de las y los trabajadores, EXIGIMOS la libertad inmediata sin cargos de Laura Gómez, Secretaria de Organización de la Federación Local de la CGT de Barcelona.
Los “graves delitos” de que se le acusan, son haber participado el 29M, día de la Huelga General, en una teatralización en la puerta de la Bolsa de Barcelona en la que se quemaron simbólicamente unas cajas con papeles dentro.

4 de maio de 2012

Concurso persoal laboral

No DOG de hoxe convócase concurso de traslados para persoal laboral da Xunta dos grupos I, II, III e IV. As instancias pódense xerar picando aquí e o prazo para presentalas rematará o día 29 de maio.

3 de maio de 2012

Discriminación para acceder ás escolas infantís

O pasado día 30, o DOG publicou a Orde que regula a adxudicación de prazas para fillos do persoal da Xunta nas escolas infantía (0 a 3 anos) de Vite (Compostela) e Edificio Administrativo da Xunta (Vigo). Para os novos ingresos, o prazo de presentación de solicitudes remata o día 12 de maio.
Á CGT parécelle ben que se preste este servizo, pero o que non é tolerable é que se discrimine ao persoal que preste servizos fóra de Santiago ou Vigo. Non hai ningunha xustificación para que se manteña esta discriminación e, para superala, a Xunta podería sufragar o gasto das escolas infantís de todo o persoal. Pero, claro, isto é pedir tolerías, para esta administración.

Probas de avaliación de ofimática

O DOG de one publicou a disposición pola que se convocan probas libres de avaliación para o persoal da Xunta de Galicia das actividades do Plan de Formación Ofimático. Os interesados poden inscribirse na páxina da EGAP ata o 18 de maio.

2 de maio de 2012

Recorte salarial aos afiliados da MUFACE enfermos

O goberno de Mariano anunciou que os funcionarios afiliados á MUFACE, que agora perciben o 100% do salario nas baixas de duración inferior a tres meses, verán reducidas as súas retribucións no caso de incapacidade temporal. Cando sexan superiores a tres meses tamén será inferior o complemento que paga a MUFACE.
Esta medida proponse coa escusa de recucir o absentismo laboral. Segue este goberno cargando as tintas nos desfavorecidos, neste caso os enfermos, que verán reducidos os ingresos familiares. Se quere reducir o absentismo inxustificado, que estableza os medios de inspección pertinentes, pero que non faga pagar xustos por pecadores. Está claro que non é máis que unha falacia para xustificar un novo recorte.
Os afiliados da MUGEJU e doutras mutualidades que poñan as barbas a remollar.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo