5 de agosto de 2016

As extras, de novo

O DOG de hoxe anuncia, novamente, a devolución das extras, tanto o último prazo da extra de decembro de 2012, como a devolución de 1/6 do específico da paga de verán de 2012. Ambas pagaranse en agosto
O anuncio inclúe tamén os modelos para os dous pagamentos, polo que xa se poden solicitar.
Novamente utilízase a devolución da paga de xeito propagandístico. A este paso imos recuperar o 350%  do que nos incautaron.

3 de agosto de 2016

Devolución da extra de 2013 en agosto

Acábanse de ditar instruccións para a devolución da parte devengada do específico da paga extra de xuño de 2013 (meses de xaneiro e febreiro). este importe vai ser devolto automáticamente na próxima nómina do mes de agosto.
O sistema de devolución será similar ás efectuadas coa paga de 2012, debendo os interesados que no estean en nómina facer a reclamación correspondente.
Estas instrucións modifican as que se ditaron para a devolución do último prazo da paga do 2012, establecendo que ésta tamén se devolverá en agosto.
A explicación da devolución é sinxela: xa se sabe cando son as eleccións autonómicas e Feijóo non ía deixar pasar a oportunidade de intentar arañar algún voto entre os empregados públicos. O destes políticos non ten nome.

1 de agosto de 2016

EPA, déficit, recortes...

O Secretariado permanente do Comité Confederal da CGT ven de facer público o seguinte comunicado de interese xeral:

La Encuesta de Población Activa (EPA) del II trimestre del 2016, a la vez que la Encuesta Anual de Costes Laborales 2015 (EACL), corroboran que las políticas fiscales, laborales y sociales que los gobiernos de las grandes Transnacionales (Ibex 35) y de la Comisión Europea (Bruselas) están cumpliendo sus objetivos: desposesión de salarios y precarización integral del mundo del trabajo.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo