28 de novembro de 2017

Se xogamos a comparar, comparemos todo

Fíxose público o estudo dun sindicato no que se fai fincapé nas diferenzas retributivas entre o persoal das comunidades autónomas e a Administración Central. Nese estudo saliéntase a diferenza dos grupos máis altos, que chegan a ser de máis de 20.000 euros entre o Estados e algunha autonomía.
O que non se salienta en ningunha parte é que o estudo ten unhas eivas que reducen a súa credibilidade á hora de ofrecer un panorama xeral das retribucións nas administracións públicas. Por exemplo, que só se analisan os salarios de dez delas, deixando fóra do estudio case á metade das autonomías. Por exemplo, que se salienta a diferenza salarial dos grupos altos e que non se lle da importancia aos grupos baixos. Por exemplo, que se exclúe expresamente a antigüidade, que, ao longo da vida laboral, supón unha importante diferenzación salarial segundo o grupo de pertenza.

15 de novembro de 2017

Fondo de Acción Social 2016

A Consellería de Facenda publicou hoxe no DOG a resolución da Dirección Xeral da Función Pública pola que se anuncia a publicación das relacións provisorias de axudas para a atención de persoas con discapacidade aceptadas e denegadas do Fondo de Acción Social do ano 2016 para o persoal da Xunta.
Os interesados poden consultar as súas solicitudes picando aquí. Haberá dez días de reclamacións.

10 de novembro de 2017

A privatización da Sanidade, oficializada

O DOG de hoxe publica un decreto, chamado pomposamente "polo que se regula o sistema de garantía de tempos máximos de acceso ás prestacións sanitarias públicas", que é a oficialización manifesta da privatización da Sanidade.
O decreto establece un prazo de 60 días para intervencións cirúrxicas e 45 días para consultas externas e probas diagnósticas ou terapéuticas. Transcorrido este prazo, o doente poderá solicitar que se faga noutro hospital público ou nun centro concertado.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo