Amosando publicacións coa etiqueta Postos de traballo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Postos de traballo. Amosar todas as publicacións

27 de novembro de 2019

O concurso por fin. Non foi sen tempo

O DOG ven de publicar  o anuncio polo que se convoca o concurso de traslados para a Administración Xeral da Xunta.
Quen estea interesado pode facer o trámite electrónico a través do portal da Xunta ( https://portax.xunta.es) ou a través de  https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/, no caso de que a súa situación sexa distinta á situación 1.
Sorte a tod@s!

9 de abril de 2019

Oferta pública de emprego 2019 (ou non?)

O pasado venres, 5 de abril, a Xunta publicou a oferta de emprego do ano 2019. Coma sempre, as ofertas de emprego teñen un compoñente propagandístico xeneroso, que agora imos comentar.
En primeiro lugar, a taxa de reposición da que se parte é totalmente insuficiente, xa que nin siquera se convocarán a totalidade das prazas que quedaron vacantes durante o ano 2018.
A continuación, preséntanse como prazas para convocar unha manchez de prazas de "estabilización" e "consolidación", prazas que xa están ocupadas, polo que en realidade o único que se fai é vestir un santo espindo outro.
O mesmo podemos dicir coas prazas de promoción interna, prazas, que no mellor dos casos, quedarán vacantes ata próximas convocatorias coa taxa de reposición diminuída.
En definitiva, un novo engano para o pobo, ao que se lle di que se incrementa o persoal, cando é xunsto o contrario: menos xente e maior deterioramento dos servizos públicos.

17 de decembro de 2018

A Oferta de Emprego Público da Xunta, unha nova tomadura de pelo de Feijóo

Publícase hoxe no DOG a oferta de emprego público da Xunta correspondente ao ano 2018. Novamente, o aparello propagandístico do goberno de Feijóo volve facer das súas e nos queren vender como extraordinaria unha oferta de emprego casi inexistente e que non suporá máis que un deterioramento aínda máis profundo dos servizos públicos.
Para Feijóo e a prensa amiga, a oferta de emprego consiste na convocatoria de 2.225 prazas públicas, pero non fai falta ser ningunha lumbrera para, lendo polo miúdo o decreto, decatarse que non é máis que unha nova mentira de don Alberto.
Das 2.225 prazas, somentes 502 son de acceso libre, quedando o resto para procesos de estabilización, procesos de consolidación de persoal indefinido non fixo e promoción interna, tanto de persoal funcionario como laboral.
Non imos nós a manifestarnos contrarios á solución dos problemas de colectivos que levan anos nunha situación de indefinición e inestabilidade laboral, pero o que non podemos admitir é que se presenten prazas para estes colectivos como se fosen novas prazas, cando, en realidade, é persoal que xa está prestando servizos na Administración Autonómica.
As 502 prazas que se convocan realmente como novas son ridículas e non cubre a natural diminución vexetativa ocasionada polas xubilacións e falecementos entre o persoal da Xunta. Continuaremos pois, sen recuperar os niveis de emprego de antes da crise-estafa e voltaremos ver milleiros de persoas ilusionadas enchendo academias e pagando taxas sen posibilidades reais de conseguir un emprego público.

9 de marzo de 2018

Máis oposicións

No DOG de onte publícanse convocatorias para diversas escalas especiais da Xunta de Galicia. Tamén están as convocatorias para os corpos xerais na quenda de promoción interna.
Para ler as convocatorias, picade aquí.

7 de marzo de 2018

Oposicións no DOG

O DOG de hoxe publica varias convocatorias de oposicións (de corpos xerais, de corpos especiais e de laborais), cada unha con características especiais.
As de corpos xerais convócanse de acceso libre, coa circunstancia de que as prazas que non se cubran da quenda de discapacidade non se acumulará ás primeiras. Polo tanto, estas prazas se perderán e quedarán vacantes.
As de corpos especiais si teñen promoción interna.
No caso dos laborais, as prazas que non se cubran de discapacitados si se engadirán ás prazas xerais.

12 de decembro de 2017

Oferta de emprego público da Xunta: un fraude

O DOG de hoxe publica o Decreto coa oferta de emprego público da Xunta para o ano 2017, correspondente á Administración Xeral. Novamente, o goberno de Feijóo lanzou a propaganda dos seus medios afíns para afirmar que a oferta é a maior da historia. Pois ben, analisando a oferta, resulta o seguinte:

  • As prazas ofertadas son 789, das que 150 son de promoción interna e 213 son de consolidación de persoal laboral. A oferta real redúcese, pois, a 426 prazas. Estas prazas non cubren, nin de lonxe, o número de prazas vacantes que se producen no ano na Xunta por xubilacións. De feito, a cobertura xa se anuncia como do 100% en "sectores básicos", polo tanto, claramente insuficientes.
  • A oferta anúnciase como do ano 2017, pero en decembro. É dicir, a oferta farase realidade, como moito, a finais do ano 2018 ou en 2019 co nomeamento das persoas que aproben. Un novo engano para quen teña posta a vista no sector público como alternativa vital.
Paralelamente a esta oferta, publícase a do persoal do Sergas, tamén claramente insuficiente dado o paupérrimo estado da sanidade galega.
Volve o goberno da Xunta mentir, volve enganar á poboación, volve xogar coas aspiracións da xente. Ante este panorama, aconsellamos ao persoal que non se lance coma tolos a matricularse nas academias (xa están lanzando a súa propaganda), que hai tempo suficiente para facelo. A cousa vai para largo. Que lle pregunten a Feijóo.

5 de abril de 2017

Suba de soldo, oferta de emprego público ou tomadura de pelo



A Federación de Traballadores da Administración Pública da CGT (Fetap) fixo público o seguinte comunciado:

En el marco de la política continuista del Gobierno de consolidación de recortes de derechos sociales y servicios públicos, se ha firmado el ACUERDO Gobierno/Sindicatos (CCOO, UGT y CSIF) donde, con el protocolario apretón de manos al ministro del ramo, Montoro, se escenifica el respaldo a un Gobierno que  allana el camino para que el PP encuentre "los socios necesarios" que voten SI  a unos nuevos Presupuestos del Estado antisociales.

9 de febreiro de 2017

Aprobados os orzamentos para o ano 2017

Foron aprobados os orzamentos para o ano 2017, coas disposicións previstas. Nos orzamentos figura que as retribucións do persoal serán as mesmas que no ano 2016, pero incluíndo a recuperación do complemento específico que viñan retendo nas pagas extraordinarias. En canto ao incrmento de 2017, será o mesmo que o que figure na Administración Xeral do Estado, cando se aproben os presupostos estatais.

17 de xaneiro de 2017

3.000 prazas non chegan a nada

O Conselleiro de Facenda ven de anunciar a creazón de 3.000 prazas de emprego público durante o ano 2017. Estas prazas, segundo Valeriano Martínez, serán creadas para os campos da sanidade, educación e servizos sociais.
Para a CGT, este anuncio, difundido "a bombo y platillo" pola Xunta de Galicia, non é máis que un feito propagandístico. Por un lado, deixa fóra a necesidade aacuciante de persoal nos servizos da Administración Xeral, nos que o deterioro dos servizos é evidente pola escaseza do persoal, e, ademáis, na propia sanidade, educación e servizos sociais, as prazas anunciadas non chegan xustamente, a cubrir a diminución do persoal destas áreas por puro proceso vexetativo, é dicir, non haberá ningunha recuperación do sistema tras anos de eliminación de postos de traballo.

27 de setembro de 2016

Anuncio do prazo do concurso de traslados xeral

O DOG de hoxe publica a resolución que abre o prazo posesorio do concurso de traslados de Administración xeral da Xunta de Galicia.
A data de cesamento será o día 3 de outubro e o prazo de posesión é de tres días desde o cesamento, se non hai cambio de residencia, ou sete días se hai cambio de residencia. Se se trata dun reingreso ao servizo activo, o prazo é dun mes.
Hai un prazo dun mes para interpoñer recurso de reposición ou dous meses para ir ao contencioso-administrativo.

26 de xullo de 2016

Concurso xeral de traslados

Como anunciabamos a semana pasada, o DOG publica hoxe a resolución do concurso de traslados de corpos xerais da Xunta de Galicia do ano 2015. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso no prazo dun mes.
O prazo posesorio comezará a contar desde que se publique no DOG a resolución que indique a data de comezo do dito prazo.

22 de xullo de 2016

Xa están as listaxes do concurso

Resultado de imagen de concurso de traslados cgtA páxina de Función Pública publicou as listaxes do concurso xeral de traslados do ano 2015. A publicación oficial farase, previsiblemente, o martes próximo. As persoas interesadas poden consultar as listaxes picando nas seguintes ligazóns:
Noraboa!

8 de marzo de 2016

Oferta de emprego público 2016

O DOG do día 7, luns, publicou a oferta de emprego público para o ano 2016 relativa ao persoal da Xunta, tanto funcionario como laboral. trátase, de novo, dunha oferta cativa presentada como unha gran oferta polo gabinete de propaganda da Xunta. Outra vez non se cubren as necesidades de persoal, senón que, de novo, só se cubren parte das vacantes tras outro proceso de amortización e desaparición de prazas.
O proceso de desmantelamento dos servizos públicos é un feito innegable. De nós depende que continúe. Mirar para outro lado non é unha opción.

7 de xaneiro de 2016

O paro de decembro de 2015 rexistra unha redución de 8.615 empregos menos que no mesmo mes de 2014

  O Secretariado Permanente do Comité Confederal da CGT ven de facer público o seguinte comunciado:
Más de 4 millones de españoles parados siguen en los datos oficiales del Gobierno, y 12 millones ya están en la exclusión social
 A pesar de que el Ejecutivo de Rajoy hace una utilización propagandística de los datos del paro correspondiente a todo 2015, desde La Confederación General del Trabajo (CGT) consideramos que las cifras no son merecedoras de tanta euforia como desata su publicación cada mes. Sin dudar de las cantidades de contratos firmados, es evidente que la situación del empleo es mucho más precaria de lo que las informaciones oficiales pretenden hacer creer. Concretamente en diciembre –mes donde siempre se incrementan las contrataciones temporales en el sector servicios, por la temporada navideña- los 55.790 contratos realizados en 2015 se han quedado bastante por debajo de los 64.405 firmados en diciembre de 2014. Exactamente son 8.615 menos.

18 de novembro de 2015

Modificación procesos selectivos corpos xerais

O DOG de hoxe modifica as convocatorias, tanto de acceso libre como de promoción interna, para os corpos xerais da Xunta de Galicia. A modificación ven motivada pola publicación de novas leis sobre o procedemento común das administracións públicas e o texto refundido do empregado público. Os interesados teñen un mes para presentar recurso de reposición.

6 de novembro de 2015

Listaxes provisorias do concurso

No DOG de hoxe anuncia a publícación das listaxes de admitidos e excluidos no concurso xeral da Xunta de Galicia. Os interesados poden reclamar nun prazo de dez días.

18 de xuño de 2015

Convocadas as oposicións e a promoción interna

O DOG de hoxe publica as Ordes polas que se convocan os procesos selectivos e a posición interna dos corpos xerais da Xunta de Galicia.
  • Corpo auxiliar libre (C2), 44 prazas
  • Corpo administrativo libre (C1), 20 prazas
  • Corpo de xestión libre (A2), 10 prazas
  • Corpo superior libre e promoción interna (A1), 15 prazas
  • Corpo administrativo promoción interna (C1), 80 prazas
  • Corpo auxiliar promoción interna (C2), 150 prazas
  • Corpo de lestión promoción interna (A2), 40 prazas
  • Corpo superior promoción interna (A1), 50 prazas
O prazo para a presentación de solicitudes é de 20 días naturais contados a partir de mañá, é dicir, que remata o 8 de xullo.

20 de maio de 2015

Publicado o concurso xeral

O DOG de hoxe publica a convocatoria do concurso de traslados xeral para o persoal da Xunta de Galicia. Os interesados poderán presentar as solicitudes iniciais desde mañá ata o día 8 de xuño de 2015. A partir de aí, poderase seguir o proceso entrando na páxina de Función Pública.
A principal novidade deste concurso é que os solicitantes poderán pedir as posibles prazas de resultas por orden de preferencia.
Sorte!

10 de marzo de 2015

Oferta pública de emprego 2015

 O DOG de hoxe publica a oferta pública de emprego para o ano 2015. Novamente o interese propagandístico é o que prima nesta oferta. Mestúranse nela todo tipo de situacións (ofertas xerais, prazas reservadas a procesos de consolidación, promoción interna...) para ocultar que é, outra vez, unha oferta cativa que continúa profundizando no desmantelamente dos servizos públicos ao cubrirse só o 50 % das vacantes que se produciron no período (porcentaxe que non ten en conta as xubilacións e amortizacións de centos de prazas).
En canto á promoción interna, non cubre mínimamente as aspiracións do persoal, que ven a súa carreira profesional mediatizada por un colar de botella permanente.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo