11 de febreiro de 2020

Un 2% máis

No DOG de hoxe publícase a orde de Facenda na que se establecen as retribucións do persoal para o ano 2020. O incremento consiste nun 2% desde o primeiro de xaneiro, incremento que pode ser lixeiramente superior, a partir de xullo, se o PIB se incrementa, no ano 2019, máis do 2%.
Picando nesta ligazón tedes todos os cadros de retribucións e a diversa casuística que se pode presentar.

28 de novembro de 2019

Fondo de Acción Social 2018: listaxe definitivo

O DOG de hoxe publica a resolución pola que se expoñen as listaxes definitivas do Fondo de Acción Social do ano 2018, relativa exclusivamente á axuda por discapacidade de persoas dependentes de persoal da Xunta de Galicia.
A listaxe pódese consultar picando aquí, e se pode presentr recurso de alzada no prazo dun mes contado desde mañá.

27 de novembro de 2019

O concurso por fin. Non foi sen tempo

O DOG ven de publicar  o anuncio polo que se convoca o concurso de traslados para a Administración Xeral da Xunta.
Quen estea interesado pode facer o trámite electrónico a través do portal da Xunta ( https://portax.xunta.es) ou a través de  https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/, no caso de que a súa situación sexa distinta á situación 1.
Sorte a tod@s!

2 de setembro de 2019

Axuda discapacidade 2018

Publícase no DOG de hoxe a resolución que publica os criterios de repartición do Fondo de Acción Social de 2018 relativos ás axudas para persoas con discapacidade.
As persoas interesadas poden facer a súa solicitude a partir de mañá picando aquí.

4 de xullo de 2019

En xullo, unha suba do 0,25%

Esta suba, vencellada ao incremento do PIB, reflectirase nos recibos de salarios do mes de xullo e con ela, o goberno de Feijóo pretende que se recuperará o poder de compra do persoal da Xunta dos últimos anos.
Pois ben, esta suba é moi inferior ao que perdemos nos anos da crise-estafa, así que, aínda que a suba é superior ao IPC, a débeda que teñen as administracións co seu persoal segue sendo elevadísima. Só temos que lembrar a redución salarial do 5%, a eliminación das pagas extras de decembro e a morea de anos que non se nos subiron as retribucións.
Benvido sexa o 0,25%, pero non aceptemos a propaganda de Feijóo. E unha última cousa, preperémonos para outra suba da retención do IRPF con carácter retroactivo dese o 1 de xaneiro.

29 de abril de 2019

Manifestacións do Primeiro de Maio

CGT convoca, como todos os anos, manifestacións este Primeiro de Maio nas distintas localidades galegas. Estes son os horarios e percorridos.

  • A Coruña: 12:30, desde a Praza de Pontevedra ao Campo da Leña. Participan CGT, CUT e diversos colectivos sociais tras o lema "FRONTE A EXPLOTACIÓN E O SAQUEO, SOLIDARIEDADE E LOITA".
  • Pontevedra: 12:00, desde a Rúa Loureiro Crespo a Praza de España, baixo o lema de "SOLIDARIEDADE E LOITA SOCIAL".
  • Vigo: 11:00, desde a Praza de Fernando o Católico ata a Porta do Sol. Participan CGT, CUT, PROSAGAP, SF, SE e STEG. Lema: "SEN LOITA NON HAI DEREITOS. CAMIÑANDO CARA A FOLGA XERAL."
  • Ourense: Ás 12:00, manifestación desde a Ponte Romana á Praza do Padre Feijóo. Participan CGT e  CNT, coa pancarta "XA É HORA DE LOITAR".
Viva o Primeiro de Maio

9 de abril de 2019

Oferta pública de emprego 2019 (ou non?)

O pasado venres, 5 de abril, a Xunta publicou a oferta de emprego do ano 2019. Coma sempre, as ofertas de emprego teñen un compoñente propagandístico xeneroso, que agora imos comentar.
En primeiro lugar, a taxa de reposición da que se parte é totalmente insuficiente, xa que nin siquera se convocarán a totalidade das prazas que quedaron vacantes durante o ano 2018.
A continuación, preséntanse como prazas para convocar unha manchez de prazas de "estabilización" e "consolidación", prazas que xa están ocupadas, polo que en realidade o único que se fai é vestir un santo espindo outro.
O mesmo podemos dicir coas prazas de promoción interna, prazas, que no mellor dos casos, quedarán vacantes ata próximas convocatorias coa taxa de reposición diminuída.
En definitiva, un novo engano para o pobo, ao que se lle di que se incrementa o persoal, cando é xunsto o contrario: menos xente e maior deterioramento dos servizos públicos.

3 de abril de 2019

A sentenza da vergoña

A Federación de Traballadores da Administración Pública (FETAP) da CGT, ante a senteza do Tribunal Supremo que denega a indemnización aos interinos no su cesamento, ven de facer público o seguinte comunicado, de interese xeral:

La sentencia de la vergüenza
El jueves pasado recibimos la noticia de que el Tribunal Supremo sentenciaba que los/as trabajadores/as interinos/as no tienen derecho a indemnización por despido, dando un paso más (aún si cabe) al derrotero neoliberal que los tribunales españoles están adquiriendo cada vez en mayor medida.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo