28 de novembro de 2019

Fondo de Acción Social 2018: listaxe definitivo

O DOG de hoxe publica a resolución pola que se expoñen as listaxes definitivas do Fondo de Acción Social do ano 2018, relativa exclusivamente á axuda por discapacidade de persoas dependentes de persoal da Xunta de Galicia.
A listaxe pódese consultar picando aquí, e se pode presentr recurso de alzada no prazo dun mes contado desde mañá.

27 de novembro de 2019

O concurso por fin. Non foi sen tempo

O DOG ven de publicar  o anuncio polo que se convoca o concurso de traslados para a Administración Xeral da Xunta.
Quen estea interesado pode facer o trámite electrónico a través do portal da Xunta ( https://portax.xunta.es) ou a través de  https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/, no caso de que a súa situación sexa distinta á situación 1.
Sorte a tod@s!

2 de setembro de 2019

Axuda discapacidade 2018

Publícase no DOG de hoxe a resolución que publica os criterios de repartición do Fondo de Acción Social de 2018 relativos ás axudas para persoas con discapacidade.
As persoas interesadas poden facer a súa solicitude a partir de mañá picando aquí.

4 de xullo de 2019

En xullo, unha suba do 0,25%

Esta suba, vencellada ao incremento do PIB, reflectirase nos recibos de salarios do mes de xullo e con ela, o goberno de Feijóo pretende que se recuperará o poder de compra do persoal da Xunta dos últimos anos.
Pois ben, esta suba é moi inferior ao que perdemos nos anos da crise-estafa, así que, aínda que a suba é superior ao IPC, a débeda que teñen as administracións co seu persoal segue sendo elevadísima. Só temos que lembrar a redución salarial do 5%, a eliminación das pagas extras de decembro e a morea de anos que non se nos subiron as retribucións.
Benvido sexa o 0,25%, pero non aceptemos a propaganda de Feijóo. E unha última cousa, preperémonos para outra suba da retención do IRPF con carácter retroactivo dese o 1 de xaneiro.

29 de abril de 2019

Manifestacións do Primeiro de Maio

CGT convoca, como todos os anos, manifestacións este Primeiro de Maio nas distintas localidades galegas. Estes son os horarios e percorridos.

  • A Coruña: 12:30, desde a Praza de Pontevedra ao Campo da Leña. Participan CGT, CUT e diversos colectivos sociais tras o lema "FRONTE A EXPLOTACIÓN E O SAQUEO, SOLIDARIEDADE E LOITA".
  • Pontevedra: 12:00, desde a Rúa Loureiro Crespo a Praza de España, baixo o lema de "SOLIDARIEDADE E LOITA SOCIAL".
  • Vigo: 11:00, desde a Praza de Fernando o Católico ata a Porta do Sol. Participan CGT, CUT, PROSAGAP, SF, SE e STEG. Lema: "SEN LOITA NON HAI DEREITOS. CAMIÑANDO CARA A FOLGA XERAL."
  • Ourense: Ás 12:00, manifestación desde a Ponte Romana á Praza do Padre Feijóo. Participan CGT e  CNT, coa pancarta "XA É HORA DE LOITAR".
Viva o Primeiro de Maio

9 de abril de 2019

Oferta pública de emprego 2019 (ou non?)

O pasado venres, 5 de abril, a Xunta publicou a oferta de emprego do ano 2019. Coma sempre, as ofertas de emprego teñen un compoñente propagandístico xeneroso, que agora imos comentar.
En primeiro lugar, a taxa de reposición da que se parte é totalmente insuficiente, xa que nin siquera se convocarán a totalidade das prazas que quedaron vacantes durante o ano 2018.
A continuación, preséntanse como prazas para convocar unha manchez de prazas de "estabilización" e "consolidación", prazas que xa están ocupadas, polo que en realidade o único que se fai é vestir un santo espindo outro.
O mesmo podemos dicir coas prazas de promoción interna, prazas, que no mellor dos casos, quedarán vacantes ata próximas convocatorias coa taxa de reposición diminuída.
En definitiva, un novo engano para o pobo, ao que se lle di que se incrementa o persoal, cando é xunsto o contrario: menos xente e maior deterioramento dos servizos públicos.

3 de abril de 2019

A sentenza da vergoña

A Federación de Traballadores da Administración Pública (FETAP) da CGT, ante a senteza do Tribunal Supremo que denega a indemnización aos interinos no su cesamento, ven de facer público o seguinte comunicado, de interese xeral:

La sentencia de la vergüenza
El jueves pasado recibimos la noticia de que el Tribunal Supremo sentenciaba que los/as trabajadores/as interinos/as no tienen derecho a indemnización por despido, dando un paso más (aún si cabe) al derrotero neoliberal que los tribunales españoles están adquiriendo cada vez en mayor medida.

7 de marzo de 2019

Non participes nos paripés da Xunta. Folga Xeral feminista o 8M!

A Xunta fai un chamamento para que todo o persoal acuda ás concentracións a favor da igualdade diante dos centros de traballo o día 8 de marzo, Día Internacional da Muller. "pola igualdade e contra as discriminacións". "365 días pola iguladade", rematan.

A Xunta de Feijóo actúa como se as súas políticas non tivesen nada que ver na desigualdade actual, coa fenda salarial máis alta de España, por exemplo. Saír á rúa a concentrarse cun grupo de paniaguados e para que os medios de cabeceira os enfoquen ben nas fotos non é loitar pola igualdade e contra a discriminación: é unha burla ás desiguais e as discriminadas.

A CGT  ten convocada, según acordou e pedíu o movemento feminista, unha Folga Xeral de 24 horas para o día 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora. Unha folga de carácter feminista porque o centro das reivindicacións e o protagonismo é das mulleres. Convoca tamén aos homes porque os avances cara a igualdade son beneficiosos tanto para homes como para mulleres e, ademáis, non renunciamos á solidariedade que nos é propia.

Facemos un chamamento para a participación na folga e nas mobilización que eses días se fagan. Chamamos tamén, consecuentemente, a que non se secunden paripés de carácter político contrarios ao verdadeiro espíritu do día.

Para máis información sobre a Folga Xeral Feminista, pica aquí.




5 de febreiro de 2019

As listaxes da promoción interna, por fin

O DOG de hoxe publica as resolucións polas que sen públicas as listaxes definitivas do proceso para o ingreso, por promoción interna, nos subgrupos C2, C1, A2 e A1. Só tedes que seguir esta ligazón. Sorte a todo o mundo!

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo