27 de agosto de 2007

PUBLICADA A MODIFICACIÓN DA LEI DA FUNCIÓN PÚBLICA DE GALICIA

No DOG de hoxe sae pblicada a Lei 13/2007, de modificación da Lei 4/1988, de función pública de Galicia. No preámbulo deste disparate lexislativo, totalmente inútil agás para os altos cargos da Xunta, di que "a garantía dos principios constitucionais de acceso ao emprego público é un obxectivo irrenunciable na nosa sociedade democrática". Sería para rir, se non fose para chorar. No mesmo prámbulo tamén expón que "a racionalización e a modernización do emprego público son, sen dúbida, unha necesidade para facer efectivo o dereito a unha «boa administración» dos asuntos públicos, ao servizo dos cidadáns edas cidadás nunha sociedade democrática avanzada".
A continuación explica as modificacións que se inclúen na Lei, a excepción dunha célebre disposición adicional, da que se limita a dicir "Así mesmo, créase unha nova disposición adicional décimo sétima". Supoñemos que a vergoña non lles permitiu escribir ós lexisladores do PP-PSOE-BNG nin unha verba máis sobre o asunto.

A Lei entrará en vigor o 16 de setembro e nace morta. Tan morta nace que se creará unha comisión no Parlamento para adaptala, nun prazo de quince meses, á Lei Básica do Empregado Público, en vigor desde maio pasado. O único que está vivo é a disposición adicional 17, que lle garante ós altos cargos da Xunta un complemento de destino de director xeral durante toda a súa vida como funcionario. A CGT intentará parar a aplicación desta disposición e ten os seus servizos xurídicos estudando como meterlle o dente.

24 de agosto de 2007

BARRA LIBRE NO SERGAS

Hoxe, 24 de agosto, publícanse no DOG, varias disposicións polas que se integra no Sergas ó persoal de diversas fundacións sanitarias: Instituto Galego de Oftalmoloxía, Hospital de Verín, Hospital do Barbanza, Hospital Virxe da Xunqueira e Hospital Comarcal do Salnés. Segundo as ditas disposicións, o persoal destas fundacións poderá, mediante unha solicitude, integrarse no persoal estatutario ou laboral correspondente. Así, grazas á política sanitaria do PP, inventando os chiringuitos fundacionais, e a política de persoal do PSOE-BNG, obviando os principios de igualdade (que pasa co persoal que está no paro?), mérito (todos teñen o mesmo padriño?) e capacidade (e as probas selectivas?), seguen incrementándose os cadros de persoal de xeito irregular.

Non temos nada en contra de que o persoal se busque a vida, pero sí a temos de que haxa persoas que se vexan favorecidas con respecto a outras pola simple razón de ter amigos ou coñecidos ou sexan simpatizantes políticos dalgunha das oligarquías dominantes. Se algún traballador público queda que confie neste goberno autonómico, terémolo que mandar a revisión, que algo ten.

8 de agosto de 2007

UNHA XUBILACIÓN DOURADA PARA OS EX PRESIDENTES DA XUNTA

No DOG de hoxe, día 8, saíu publicada a Lei que modifica a Lei do Consello Consultivo de Galicia. Este Consello, organismo inútil entre os inútiles, está composto, entre outros, polos ex presidentes da Xunta (a lei fala tamén das ex presidentas, pero xa sabemos que estamos condenados a aturar estes disparates linguísticos en ben da corrección política). Albor, Laxe, Fraga e Touriño (cando cese) poderán estar neste consello ata doce anos con soldo a cargo da Xunta de Galicia, con honras e precedencias protocolarias e, por outros catro anos máis (ampliables) terán dereito ós medios e servizos que se establezan por decreto da Xunta. É dicir, que mamarán das ubres do estado ata a fin. Quen llo ía dicir a algún destes!

3 de agosto de 2007

OUTRO PARCHE NA FUNCIÓN PÚBLICA; E VAN...

No DOG de hoxe, 3 de agosto, publícase unha Orde pola que "se constitúe a comisión para o estudo e preparación da Lei da función pública de Galicia". Nesta Orde fálase de que a "recente publicación da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público establece un novo marco básico..." Así que, por arte de birlibirloque, o goberno galego decátase de que a modificación da Lei da función pública de Galicia aprobada recentemente xa naceu morta, agás, claro está, das disposicións que conceden ós altos cargos prebendas para toda a vida. A comisión ten como obxectivo a elaboración, nun prazo de sete meses, dun informe proposta sobre a futura Lei da función pública de Galicia. ¡Será por leis!

2 de agosto de 2007

MOI IMPORTANTE: MOITOS ERROS NOS EXPEDIENTES PUBLICADOS NA PÁXINA WEB DE FUNCIÓN PÚBLICA

Está claro que, ó implantarse este novo sistema, o gordo das correccións vaise facer nos primeiros procesos selectivos e, especialmente, no primeiro concurso de traslados; más adiante, as correccións serán moito menores. Para nós, o ideal sería que o proceso fose permanente: é dicir, que los traballadores poidesemos engadir documentación ó expediente electrónico en calquera momento.

O problema está en que, unha vez comprobados os erros, o persoal non pode corrrixilos dado que o documento de rectificación non vai estar dispoñible ata o 15 de setembro. Consecuencia previsible disto: o tempo de que dispoñen tanto os funcionarios como os departamentos de persoal é mínimo se temos en conta que é en período vacacional é que, repito, os erros son moitos: faltan cursos (os de galego e os feitos fóra da Xunta, todos), faltan datos dos períodos de interinos anteriores ó acceso á condición de funcionario, faltan titulacións, ás veces o historial está valeiro, etc. Hai que ter en conta que todas estas situacións son valorables para o concurso e poden ser fundamentais para obter ou non praza.

Por isto, a CGT da Coruña fixo un escrito reclamando que se pusexe sa a disposición dos participantes no concurso o documento de validación ou rectificación, para poder así ir adiantando e aproveitar este mes e medio que falta para que comece o prazo de presentación dos certificados en Función Pública. Desde a CGT aconsellamos a todos que fagan un escrito similar a ver se a cordura fai acto de presenza na Dirección Xeral.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo