8 de outubro de 2007

PROMOCIÓN INTERNA PARA OS GRUPOS A, B, e D

No DOG de hoxe, día 8, publícanse as Ordes de convocatoria das probas selectivas para a promoción interna dos grupos A, B, e D. As prazas convocadas son:

Grupo A 28 prazas (2 para persoas con discapacidade)
Grupo B 19 prazas (2 para persoas con discapacidade)
Grupo D 120 prazas (9 para persoas con discapacidade)

Seguen sen tomar en consideración reivindicacións básicas para os funcionarios como son a posibilidade de reconvertir o posto para quedar nel tras aprobar (como se fai en outras administracións) ou poder concursar desde grupos non inmediatamente inferiores.

O prazo de presentación de instancias (siguen cobrando por elas) remata o 29 de outubro.

5 de outubro de 2007

ACCIÓN SOCIAL 2006, XA ERA HORA!

No DOG de hoxe, día 5, publícase a resolución e as listas definitivas do Fondo de Acción Social do ano 2006. As prestacións corresponden a axudas por xubilación, discapacitados, fillos menores, maiores a cargo, estudos de fillos e do traballador, vivenda e gastos sanitarios. Pódese presentar un
recurso de alzada perante o conselleiro de Presidencia ata o 5 de novembro.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo