10 de maio de 2017

Escolas infantís para o persoal da Xunta

Por fin a Xunta atendeu a reclamación xeral de que as escolas infantís que se ofrecen ao persoal da Xunta estean en localidades de toda Galicia. A Consellería de Política social ven de publicar unha resolución na que ofrece escolas infantís nas sete cidades galegas para fillos e fillas do persoal da Administración autónoma galega.
Ollo! O prazo para presentar as solicitudes é de 10 días, polo que hai que non hai que deixar correr o tempo, sobre todo se se ten en conta a documentación que se solicita.

8 de maio de 2017

Fondo de Acción Social

O DOG de hoxe publica a resolución de Función Pública que ordena a publicación dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2016 relativo á atención de persoas con discapacidade.
Quen estea interesado, pode cubrir a solicitude picando aquí e presentala ante as unidades de persoal no prazo de quince días hábiles contados a partir da publicación, iniciando así o proedemento.
Lembramos que aínda está por devolver, entre outros recortes, o resto de programas do Fondo de Accióin Social, que foi laminado por Feijóo practicamente na súa totoalidade. Dado que xa estamos no bo rumbo económico, cando o pensa facer?

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo