28 de decembro de 2018

Cambios na Lei de Emprego Público

O DOG de hoxe ven de publicar a Lei de medidas fiscais e administrativas para o ano 2019. Esta lei modifica outras varias, entre elas a lei de emprego público de Galicia. Entre outras modificacións, cabe salientar a eliminación, por fin, dos descontos en caso de enfermidade do empregado público, que pasará a cobrar, desde o primeiro día, o 100 % das retribucións do mes de inicio da incapacidade laboral. Por outro lado, o permiso por parto, adopción o acollemento, pasa a ser de vinte e dúas semanas, aumentando as actuais.

27 de decembro de 2018

Salario Mínimo Interprofesional


Hoxe publica o BOE o Real Decreto sobre o Salario Mínimo Interprofesional do ano 2019. establécese en 900 euros mensuais (14 pagas ao ano) ou 30 euros diarios.
Para os traballadores non afectados directamente polo importe do SMI, o incremento ten a importancia de que as retencións xudiciais están referidas a este SMI, que é inembargable, así que os afectados por estas retencións deberían ver minoradas estas a partir de xaneiro.

A suba do ano 2019

O BOE de hoxe publica a disposición que marca a suba salarial do próximo ano, entre outras cousas. Segundo esta disposición, no ano 2019 as retribucións dos empregados públicos terán un incremento do 2,25 % sobre as de decembro de 2018. Ademáis poderá haber un incremento adicional, a partir de xullo, se o IPC se incrementa segundo a táboa seguinte:

  • PIB igual a 2,1: 0,05 %. 
  • PIB igual a 2,2: 0,10 %. 
  • PIB igual a 2,3: 0,15 %. 
  • PIB igual a 2,4: 0,20 %.
  • PIB igual a 2,5: 0,25 %.
Con este incremento, é probable que recuperemos parte do poder de compra perdido nos últimos anos, pero é claramente insuficiente. A este ritmo (que probablemente non se dará), tardaremos 20 anos en recuperar o perdido. Hai que ter en conta que, cando os recortes, non tiveron escrúpulos en facelos de golpe e todo xunto, mentras que na recuperación o ritmo é de pasiño a pasiño.

17 de decembro de 2018

A Oferta de Emprego Público da Xunta, unha nova tomadura de pelo de Feijóo

Publícase hoxe no DOG a oferta de emprego público da Xunta correspondente ao ano 2018. Novamente, o aparello propagandístico do goberno de Feijóo volve facer das súas e nos queren vender como extraordinaria unha oferta de emprego casi inexistente e que non suporá máis que un deterioramento aínda máis profundo dos servizos públicos.
Para Feijóo e a prensa amiga, a oferta de emprego consiste na convocatoria de 2.225 prazas públicas, pero non fai falta ser ningunha lumbrera para, lendo polo miúdo o decreto, decatarse que non é máis que unha nova mentira de don Alberto.
Das 2.225 prazas, somentes 502 son de acceso libre, quedando o resto para procesos de estabilización, procesos de consolidación de persoal indefinido non fixo e promoción interna, tanto de persoal funcionario como laboral.
Non imos nós a manifestarnos contrarios á solución dos problemas de colectivos que levan anos nunha situación de indefinición e inestabilidade laboral, pero o que non podemos admitir é que se presenten prazas para estes colectivos como se fosen novas prazas, cando, en realidade, é persoal que xa está prestando servizos na Administración Autonómica.
As 502 prazas que se convocan realmente como novas son ridículas e non cubre a natural diminución vexetativa ocasionada polas xubilacións e falecementos entre o persoal da Xunta. Continuaremos pois, sen recuperar os niveis de emprego de antes da crise-estafa e voltaremos ver milleiros de persoas ilusionadas enchendo academias e pagando taxas sen posibilidades reais de conseguir un emprego público.

28 de novembro de 2018

Fondo de Acción Social 2017

O DOG de hoxe publica unha resolución anunciando a exposición das relacións definitivas de axudas do Fondo de Acción Social do ano 2017 para o persoal da Xunta de Galicia, no programa de atención de persoas con discapacidade.
Aprobáronse 641 solicitudes das 700 presentadas. As persoas disconformes poden presentar recurso de alzada perante o Conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde mañá 29, día seguinte á publicación.
Pódense consultar as listaxes picando aquí.
Seguemos a reivindicar a devolución íntegra do Fondo de Acción Social: axudas por estudos, enfermidade, xubilación, etc. Non imos esquecer que España, e sobre todo Galicia, vai ben. Eso din.

23 de novembro de 2018

Cursos da EGAP para a promoción interna

O DOG ven de publicar unha resolución pola que se convocan cursos online para a preparación das probas selectivas, para a promoción interna, de acceso aos subgrupos A1, A2, C1 e C2. Pódese ver a resolución picando aquí.
Os interesados poden anotarse, a partir de mañá, na zona de matrícula da EGAP.
Por fin a Xunta fai estes cursos, reclamados por todos durante anos. Xa veremos a súa calidade.

13 de setembro de 2018

A minisuba

O DOG de hoxe publica a Orde pola que as retribucións do persoal da Xunta suben, con efectos do día 1 de xullo pasado, un 0,25%. Con esta minisuba, as retribucións son, a partir de xullo, 1,75% máis altas que en decembro do ano pasado.
Esta suba supón unha nova merma na nosa capacidade de compra, se temos en conta que o IPC dos últimos doce meses subiu un 2,2%. Para esta desviación no IPC non hai prevista ningunha revisión salarial. Podemos agradecer aos sindicatos chamados "maioritarios" este novo estacazo ás nosas retribucións, que se fai non só sen mobilizacións nin mostras de rexeitamento por parte dos traballadores, senón que se aplica coa sinatura dos que deberían encabezar a dita protesta.
Supoñemos que a suba e os míseros atrasos se farán na nómina deste mes, dado que non hai ningún motivo para non facelo.

30 de xullo de 2018

No Estado xa cobran o 100% nas IT

O BOE de hoxe publica un Real Decreto mediante o que se establece, para o persoal da Administración Xeral do Estado, o dereito a percibir un complemento por IT ata o 100 % do salario do mes en que se produza a baixa.
Non hai ningún motivo, salvo a cicatería, para que o señor Feijóo siga mantendo os descontos nas IT dos traballadores da Xunta. Reclamamos entón a aplicación desta medida de xeito inmediato.
Ademáis disto, está o Fondo de Acción Social e todo a capacidade de compra dos últimos anos. Se o presidente da Xunta foi rápido para impoñelos, non debe ser agora menos rápido para restituir os dereitos.

13 de xullo de 2018

A suba no DOG

O DOG de hoxe publica as instrucións da confección de nóminas, coa actualización das retribucións desde o 01 de xaneiro pasado.
A Orde establece un incremento salarial do 1,5 % con respecto ao ano 2017, e deixa para máis adiante a suba do 0,25% que debería aplicarse desde o 01 deste mes de xullo.  Tamén se establecen as novas cotas para os mutualistas e para Clases Pasivas.
Aínda que a Orde non di nada ao respecto, é de imaxinar que a Xunta ordeará o pagamento no presente mes de xullo.
Lembramos tamén que esta suba non supón, nin sequera, a recuperación do IPC. Seguemos recorte tras recorte.

4 de xullo de 2018

Publicados os presupostos do Estado

O BOE de hoxe publica os Presupostos Xerais do Estado para o ano 2018. Nesta Lei figura, no seu artigo 18, o incremento retributivo, que consiste nun 1,5% e outro 0,25% se o PIB sube, no ano 2017, polo menos, un 3,1%. Curiosamente, o PIB, segundo o avance do INE, subiu un 3,1%, así que temos dereito a esta suba. A suba do 1,5% terá efectos do 1 de xaneiro pasado e a suba do 0,25% terá efectos do 1 de xullo de 2018.
Non hai ningún motivo para que a Xunta aplique esta esmola na próxima nómina, así que agardamos que o faga de inmediato.

29 de xuño de 2018

Aprobáronse os presupostos de 2018

A aprobación definitiva dos presupostos supón, para os empregados públicos, unha mini-suba do 1,75% con carácter rtetroactivo desde o 01 de xaneiro pasado. esta suba segue sendo ridícula e non compensa nin o manipulado IPC dos últimos doce meses, que foi do 2,1%, pero seguen intentando vendelo como unha gran cousa.
A Xunta non ten xa ningún motivo técnico, salvo a publicación oficial, para abonar no mes de xullo as cantidades que se deben aos empregados públicos desde xaneiro. Agardamos que así sexa.

28 de xuño de 2018

IV AENC, tres anos máis de paz social a cambio de migallas.

A CGT de Cataluña ven de facer público o seguinte comunicado, que consideramos de interés xeral:

Las organizaciones patronales CEOE y CEPYME han llegado a un preacuerdo con los sindicatos CCOO y UGT para renovar un nuevo acuerdo de negociación colectiva con vigencia hasta el 2020. Estos consensos marcarán las líneas de negociación en las diferentes revisiones de convenios sectoriales.

26 de xuño de 2018

Cursos

O DOG de hoxe publicou a convocatoria de cursos da EGAP para o persoal da Xunta de Galicia relativos ao segundo trimestre de 2018. As solicitudes poderanse facer no prazo de dez días a partir de mañá, día 27, na ligazón da web da propia EGAP.

15 de xuño de 2018

Horario de verán 2018

A Dirección Xeral da Función Pública xa emitiu a nota informativa habitual sobre o horario de verán, na que non hai novidades sobre os anos anteriores. Ao mesmo tempo, publicou unha nota aclaratoria na que confirma que o persoal con xornada reducida, xornadas especiais ou traballo a quendas non ten dereito a xornada de verán.
Á CGT parécelle unha discriminación inxustificada esta situación e reclama, se non é posible unha adaptación a estes colectivos á xornada de verán, que se lles compense o horario durante o ano. É o menos que se pode facer.

28 de maio de 2018

Comunicado ante a mobilización convocada pola CIG o 19 de xuño


Os sindicatos alternativos abaixo asinantes facemos pública a nosa valoración ao respecto da mobilización convocada pola CIG para o 19 de xuño.

Primeiro: os sindicatos asinantes hai anos que mantemos unha posición consensuada, froito dos debates conxuntos, pero en pé de igualdade, sobre a necesidade da convocatoria dunha folga xeral. No entanto concluímos que a convocatoria da CIG non reúne as condicións e as garantías necesarias para ser catalogada coma tal polo seguinte: 
Unha folga xeral debe ser convocada por unha demanda social que loxicamente inclúa un traballo previo de contactos entre organizacións sindicais, colectivos, plataformas e movementos sociais; non poden, polo tanto, obedecer a decisións dunha parte que substraia a vontade da totalidade. Neste caso a folga deixa de seren un instrumento da clase traballadora para se converter no instrumento dunhas siglas.

27 de abril de 2018

Primeiro de Maio en Galicia

A CGT convoca, como todos os anos, manifestacións este Primeiro de Maio nas distintas localidades galegas. Esten son os horarios e percorridos.


  • A Coruña: 12:30, desde a Praza de Pontevedra ao Campo da Leña. Participan CGT, CUT, SE e diversos colectivos sociais.
  • Pontevedra: 12:45, desde a Praza da Ferrería ata a Sibdelegación do Goberno.
  • Vigo: 11:00, desde a Praza de Fernando o Católico ata a Porta do Sol. Participan CGT, CUT, PROSAGAP, SF, SE e STEG.
  • Ourense: 11:45, comitiva da CGT entre Rey Soto e a Ponte Vella. Ás 12:00, manifestación desde a Ponte vella á Praza Eugenio Montes. Participan CGT, CUT, CNT, SF, STEG e SAGAP.
Viva o Primeiro de Maio

13 de abril de 2018

Acción social 2017 e escolas infantís para o persoal, no DOG

O DOG de hoxe publica a convocatoria do Fondo de Acción Social do ano 2017 relativo á axuda para persoas con discapacidade. Como desde hai anos, a Xunta segue eliminando o resto de programas do Fondo, un dos grandes recortes do amigo Feijóo. As persoas interesadas deberán presentar a solicitude no prazo de 15 días a través de vía web.
Por outro lado, tamén no DOG convócase o procedemento de adxudicación das prazas para escolas infantís para fillos de  persoal da Xunta de Galicia.

22 de marzo de 2018

A CIG saca peito polos logros doutros

Anda por aí a CIG distribuíndo un comunicado na Xunta de Galicia sobre unha sentenza do Tribunal Supremo na que se di que o cómputo dos permisos (matrimonio, falecemento, nacemento de fillos, etc.) prodúcese a partir do primeiro día laborable e non a partir do feito causante cando este día non é laborable.
Pois ben, esta sentenza foi conseguida pola CGT nun procedemente ao que se adheriron a UGT e CCOO, e non a CIG. Non consideramos importante que a CIG non se adherira (non sempre se pode estar a todo), pero si nos abraia que esta organización, nos seus comunicados, non mencione nin siquera a aqueles que o conseguiron que, neste caso, é a CGT.
En fin, para @s que estean interesad@s, deixamos a ligazón no que figura a sentenza en cuestión.

9 de marzo de 2018

Sobre a suba salarial

Parece que está a piques de asinarse, por parte dos sindicatos habituais, o acordo da suba salarial dos empregados públicos para os próximos tres anos. Intentamos aquí explicar os puntos do acordo, sempre a expensas de que non haxa cambios na asinatura final:

a) As retribucións subirán nun tramo fixo un 1,75% este ano, un 2.25% o ano 2019 e un 2% no ano 2020.
b) Haberá un tramo variable en función do Produto Interior Bruto. Se se mantén dentro do fixado por Bruxelas, habería unha suba do 0,25% o ano 2019 e o 1% o ano 2020.

Máis oposicións

No DOG de onte publícanse convocatorias para diversas escalas especiais da Xunta de Galicia. Tamén están as convocatorias para os corpos xerais na quenda de promoción interna.
Para ler as convocatorias, picade aquí.

7 de marzo de 2018

Oposicións no DOG

O DOG de hoxe publica varias convocatorias de oposicións (de corpos xerais, de corpos especiais e de laborais), cada unha con características especiais.
As de corpos xerais convócanse de acceso libre, coa circunstancia de que as prazas que non se cubran da quenda de discapacidade non se acumulará ás primeiras. Polo tanto, estas prazas se perderán e quedarán vacantes.
As de corpos especiais si teñen promoción interna.
No caso dos laborais, as prazas que non se cubran de discapacitados si se engadirán ás prazas xerais.

12 de febreiro de 2018

Como case cada ano, o paternal goberno da Xunta publicou unha nota, pola que se modifica a xornada de traballo dos días 13 e 14 de febreiro. Como sempre tamén, os que xa teñen como festivo o día 13 son discriminados e redúceselles menos o tempo de traballo.
¡Qué buenas son las madres teresianas...!

25 de xaneiro de 2018

A voltas coa suba

Cristóbal Montoro anunciou que está disposto a aceptar unha suba salarial para os empregados públicos do 1,5% para o ano 2018, o 1,75% o 2019 e o 2% o ano 2020. Tamén di que os salarios subirán adicionalmente o 0,25% no 2018 e o 0.50 no 2019 e o 2020 se se cumple a previsión do Produto Interior Bruto. Se a suba do PIB supera en catro décimas a previsión, a suba adicional sería do 0,50% no ano 2018 e o 0,75% nos anos 2019 e 2020. Finalmente, se se cumple o obxectivo de déficit en 2020, subiráse outro 0,50%.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo