29 de outubro de 2010

Próximamente

Se Función Pública non cambia de plans, o próximo día 5 de novembro se farán públicas as listaxes coas puntuacións provisorias do concurso xeral de traslados. Sorte a todos!

28 de outubro de 2010

Novas mobilizacións da CGT tras a Folga Xeral

O Secretariado Permanente da CGT ven de facer público o seguinte comunciado:

"Para CGT, la lucha sindical y social tiene que continuar tras la Huelga General del 29 de septiembre. Después del ataque brutal que ya hemos sufrido como clase trabajadora con el Plan de Ajuste antisocial para reducir el deficit público, con la ya aprobada y en vigor Reforma Laboral, con los nuevos Presupuestos Generales antisociales de 2011, con la prevista reforma del sistema público de Pensiones, con la futura reforma de la Negociación Colectiva que pretende anular todos los convenios y comenzar la nueva negociación desde cero… en los próximos meses, tendremos que seguir luchando y movilizándonos. Para CGT, la Huelga General fue el principio de una lucha continuada y no un lavado de cara ante los y las trabajadoras y clases explotadas.

Outro recorte salarial

O anteproxecto de Lei de orzamentos da Xunta para o ano 2011 supón un novo recorte salarial, esta vez aplicado nas pagas extraordinarias. A Xunta non só incumple o disposto no Estatuto Básico do Empregado Público con respeto á estrutura das pagas extras, senón que, ademáis, establece uns importes inferiores aos mensuais tanto no soldo como nos trienios das pagas.
Ata cando estaremos soportando esta situación?

27 de outubro de 2010

Agora a CEOE

Ansiosa de meter o culler na torta pública, a patronal apúntase ao carro de darnos caña aos empregados públicos e predica que os novos deben cobrar segundo a súa productividade. Este etéreo criterio non é máis que unha tapadera para ocultar o que realmente desexan os grandes empresarios: a privatización daqueles servizos que lles poidan ser rendibles a eles facendo ver que os empregados públicos son un despilfarro. Porque, como se pode medir a productividade dun subalterno, por exemplo? Polo número de fotocopias que fai? Ou dun traballador de nóminas ou de persoal? Ou dun mestre? Ou dun brigadista de incendios?
Esteamos alertas ante estes predicadores, que os ventos veñen fríos.

26 de outubro de 2010

Basta de tragar!

Co anteproxecto de Lei de Orzamentos para o ano 2011, as retribucións do persoal da Xunta de Galicia pasarán a ser o ano próximo, tendo en conta o seu poder de compra, como se tivéramos soldos do ano 2004 con prezos do ano 2010.
Ata cando seguiremos tragando esta situación?

Para os que pensan que isto non vai con nós

O presidente de Mango (Instituto da Empresa Familiar) pide que se trate aos empregados públicos coas mesmas regras de xogo qua ao resto dos traballadores, é dicir, que perdan a estabilidade no emprego.
Ante a posición desta poderosísima organización empresarial, a CGT quere alertar a todos os traballadores públicos para que se preparen para novas agresións que poidan seguir a diminuir os dereitos que temos na actualidade. E non nos vale que se poidan respectar os dereitos dos que agora estamos dentro, senón que se deben manter para os que veñan no futuro, así que a solidariedade é obrigatoria.

20 de outubro de 2010

Retribucións 2011

Picando aquí pódese acceder ao anteproxecto de Lei de Orzamentos da Xunta para o ano 2011 no adicado aos gastos de persoal. Isto será o que se aprobe, salvo mínimas correccións.

Seguen a utilizar os empregados públicos como pantalla

A Conselleira de Facenda presentou os Orzamentos para o ano 2011 e tanto ela como Feijóo anunciaron que , para reducir o déficit público, non se cubrirán as baixas con substitucións e non renovará os contratos temporais. É máis, a conselleira dixo que, "cando haxa unha baixa, o funcionario do lado fará o traballo". O que non dixo a conselleira é que xa, agora mesmo, en moitos destinos non existe o "funcionario do lado" que faga o traballo dun cando está de baixa e que, na actualidade, só se cubren as baixas maternais e situacións excepcionais, como son as dos rexistros.
Por outro lado, tamén se anunciou a utilización da mobilidade do persoal da Xunta, asinado recentemente por UGT e CSIF.

19 de outubro de 2010

UGT e CSIF asinan a modificación da Lei da Función Pública

Estes sindicatos asinaron co argumento de que houbo unha negociación efectiva e que nada quedou redactado como estaba inicialmente.
Haberá que ler o redactado para valorar axeitadamente o texto.

15 de outubro de 2010

O concurso xeral

No DOG de hoxe publícase a resolución pola que se fai pública a relación de admitidos e excluídos no concurso xeral de traslados. En canto colguen as listaxes, estarán dispoñibles picando nesta ligazón. O sinteresados poderán interpoñer recurso de revisión no prazo de un mes contado desde mañán ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses.
Sorte a todos.

14 de outubro de 2010

Texto das modificacións da Lei da Función Pública

Picando nesta ligazón podemos ler as modificacións da Lei da Función Pública de Galicia que a Xunta quere aprobar pola porta de atrás da Lei de Orzamentos para o ano 2011.
Despois da escasa participación do persoal da Xunta nas folgas e mobilizacións últimas, o goberno xunteiro vese coas mans libres para facer e desfacer ao seu gusto. Non lo permitamos!

12 de outubro de 2010

Agresión tras agresión

A Xunta ten intención de modificar a Lei da Función Pública de Galicia a través da Lei de Orzamentos para o ano 2011. As medidas previstas por estes demócratas son as seguintes, entre outras:
  • Traslados obrigatorios a través de comisións de servizo forzosas ou, excepcionalmente, modificación da adscripción do posto de traballo.
  • Disponibilidade horaria para os funcionarios de nivel 28 ou superior.
  • Libre designación para os xefes de servizo e outros postos.
 A CGT reitera que a Xunta xa ten os mecanismos suficientes para reordenar efectivos, sen necesidade de que se dote de facultades extaordinarias e que, sen ningún tipo de control, só poden servir para desfacerse de funcionarios molestos e convertir a Administración en cómplice de manexos políticos.

11 de outubro de 2010

Axilizar trasvases

A Xunta quere axilizar os trasvases de persoal, porque parece que "sobran" nuns departamentos e faltan noutros. Quéremoslle recordar ao señor José M.ª Barreiro, director xeral da Función Pública, que, para facelo ten os instrumentos necesarios: as RRPPTT e os concursos de traslados. Se as RRPPTT non foran un campo de batalla entre consellerías e se os concursos de traslados se fixeran nos prazos debidos e co ritmo anual correspondente, non pasaría o que pasa, señor Barreiro. Así que póñase a traballar e dote ao seu propio departamento dos medios necesarios para "axilizar os trasvases".

Mentira tras mentira


A vicepresidenta do goberno, M.ª Teresa Fernández de la Vega, manifestou que casi toda a Unión Europea optou polos recortes salarias dos funcionarios como solución á crise.
En fin, Teresiña. Non só é mentira que "prácticamente" toda a UE tomara esta medida, senón que por riba chámanos imbéciles ao pensar que imos tragar esta comparación sen chiar. Aquí, a apelación á UE só se usa para xustificar medidas como estas, peor nunca para importar a este país as medidas sociais e dereitos da UE cando son mellores.

8 de outubro de 2010

O 5 % e os xuíces

Estes días estanse coñecendo na prensa diversos posicionamentos xudiciais sobre a constitucionalidade ou non da incautación do 5% dos nosos salarios. De momento, temos que esperar a ver que din os xuíces (hai que recordar que xa unha vez decidiron que non cumprir o pactado non era inconstitucional, cando entrou Aznar e se cargou as subas acordadas). En todo caso, hai que lembrar que os recursos non os puxeron só CCOO e UGT -que son os que saen nas noticias- senón outros sindicatos ( a CGT entre eles) asociacións e traballadores individualmente.

7 de outubro de 2010

Recuperación dentro de dous ou tres anos?

As declaracións de Zapatero nas que di que os funcionarios non recuperarán o poder adquisitivo ata dentro de dous o tres anos son unha burla a todos os empregados públicos. En primeiro lugar, os funcionarios non recuperaríamos o poder adquisitivo aínda que se nos devolvera o 5% confiscado polo goberno; en segundo lugar, non hai ningunha intención por parte deste goberno mentirán de que recuperemos este 5% no prazo de dous ou tres anos; en terceiro lugar, sempre haberá "circunstancias presupostarias ou económicas" para continuar coa "moderación salarial".
Só a nosa mobilización, a dos traballadores, poderá modificar a situación actual. Como esperemos que nos caia o maná do ceo, imos listos.

6 de outubro de 2010

E despois do 29-S, que?

A folga xa pasou, e non parece que nada tivera cambiado. O Secretariado Permanente da CGT ven de facer público o seguinte comunicado tras a Folga Xeral:
"El pasado día 29 una parte importantísima de la clase trabajadora del estado español secundamos la Huelga General. Y lo hicimos con el decidido espíritu de derogar las actuales medidas y leyes antisociales impuestas por el gobierno del PSOE.

Estemos o no de acuerdo con los índices de seguimiento publicados hasta ahora, lo cierto es que la Huelga General fue secundada por un número de trabajadoras y trabajadores más alto de lo esperado.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo