26 de agosto de 2010

Todos os partidos políticos, a saco na Reforma Laboral

O Senado aprobou varias modificacións na Reforma Laboral que presentou o goberno e que voltará ao Congreso próximamente. Entre as novas medidas adoptadas, están as seguintes:
  • Endurecemento das condicións para os que estean cobrando o paro, que o poderán perder se non aceptan algún curso de formación a partir dos 30 días de estar nesta situación. Antes era a partir dos 100 días.
  • Poderase despedir a un traballador (con 20 días de indemnización por ano) se falta o 20% das xornadas de traballo en dous meses, aínda que sexan xustificadas as ausencias. Isto supón que todo o que teña unha baixa por enfermidade de máis de 15 días estará nesta situación.

25 de agosto de 2010

Corbacho segue atacando aos traballadores

Para o ministro do paro, é razoable aumentar o período de cálculo para xubilarse na Seguridade Social, pasando de 15 a 20 anos. O máis sangrante é que defende esta postura argumentando que así se protexe aos que tiveran unha vida laboral irregular e estiverna no paro nos últimos anos.
Todos temos moi claro que o único que pretenden é rebaixar os cartos que se pagan de pensións e, para iso, inventarán calquera sistema que provoque unha baixada das pensións. Porque, se pretendesen non penalizar aos traballadores que non encontran traballo nos últimos anos, por qué non fan, como noutras partes de Europa, que o traballador elixa os anos de máis cotización? Se así fose, non faría falta aumentar o período de cómputo. Ademáis, aínda que non o diga, o período de cómputo iría, necesariamente, vencellado a un incremento do período esixido para ter dereito a pensión. Está claro que non se poden computar 20 anos se non se esixen, polo menos, 20 anos de cotización.
A Folga Xeral do día 29 é imprenscindible. Seguramente non será suficiente, pero temos que estar dispostos a pelexar por nós e polas nosas familias.

17 de agosto de 2010

A fatalidade non existe

Xa comezaron os "responsables" da Xunta a botar balóns fóra no que toca aos dous compañeiros brigadistas falecidos nun incendio, falando de fatalidade e botándolle a culpa a uns misteriosos incendiarios que nadie viu. Pois ben, temos que recordarlle que a primeira regra non escrita da prevención de accidentes é que a fatalidade non existe, que todos os accidentes laborais poden ser previstos e que, independentemente de quen fora o autor do incendio (se é que o houbo), as vidas dos traballadores deben ser protexidas.
Esiximos o esclarexamento do sucedido e a depuración das responsabilidades civís, penais e políticas que sexan necesarias.

Modificación do V Convenio

No DOG de hoxe publícase o acordo que modifica o V Convenio para o persoal laboral da Xunta de Galicia, debido a unha sentenza. Trátase, fundamentalmente, de modificacións relativas á provisión de postos e aos permisos por enfermidade de familiar.

3 de agosto de 2010

Traballar pola tarde

Feijóo, o presidente dda Xunta, ven de dicir que algúns funcionarios teñen que irse afacendo á idea de traballar polas tardes, en referencia ás libres designacións. Non está de máis recordarlle a don Alberto que a libre designación non está vencellada legalmente ao horario e que, polo tanto, as retribucións que perciben os funcionarios afectados non teñen nada que ver cunha maior dispoñibilidade horaria.
Por outra banda, somos conscentes que moitos dos que están nomeados de libre designación traballarán pola tarde en canto o xefe toque a corneta. O problema é que de aí a que intenten xeralizar a xornada vespertina hai un paso. E se non, ao tempo.
O lamentable é que a CCOO, UGT e CIG lles parece ben. Todo é cuestión de cartos, din. Cartos que sairán de quitarllelos aos demáis, dicimos nós.

Nomeamentos de letrados

Publica hoxe o DOG a Orde pola que son nomeados funcionarios de carreira da Xunta a aqueles que superaron o proceso selectivo para prazas do subgrupo A1, escala de letrados, convocado por Orde do 13 de xullo de 2009, DOG do día 16. Noraboa.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo