30 de outubro de 2013

Puntuacións do concurso xeral

O DOG de hoxe publica a resolución pola que se publican as puntuacións provisionais do concurso de traslados de corpos xerais da Xunta de Galicia. Pódese acceder á información picando aquí e haberá un prazo de dez días (ata o día 9 de novembro) para presentar reclamacións.

25 de outubro de 2013

Contra as retribucións variables

O globo-sonda lanzado estes días pola Conselleira de Sanidade no sentido de que se estaba estudando a implantación dun sistema de retribucións variable volve poñer enrriba da mesa esta intención da Administración Autonómica.
En primeiro lugar, non podemos esquencer que esta opción figura no Estatuto Básico do Empregado Público, que foi avalado por CC.OO., UGT e CSIF, que agoran levan as mans á cabeza como se fora un invento sacado da manga.
En segundo lugar, non é certo que as retribucións variables, aínda que se fixeran ben, premien aos máis traballadores. Todos sabemos que as capacidades de cada ún son distintas e que non teñen nada que ver co esforzo ou a disposición ao traballo; por outro lado, hai sistemas para combatir a neglixencia ou o absentismo laboral, sen discriminar salarialmente.

23 de outubro de 2013

Moscosos

Montoro, o ministro de Economía, prometeu nas Cortes que os empregados públicos recuperarán parte dos moscosos laminados polo goberno e que, ademáis, mellorarán as súas condicións laborais en canto a situación económica o permita.
Temos que dicir que non damos crédito ás declaracións do ministro, dado que non será a primeira vez que os políticos utilizan a mentira para gañar o favor dos incautos.
Tamén temos que dicir que os días de asuntos particulares e as vacacións que o goberno nos robou foron concedidos, no seu momento, a cambio de recortes e conxelacións salariais, polo que os empregados públicos temos todo o dereito a eles ao non ser unha concesión graciable, senón o resultado de negociación colectiva.
Seguimos reivindicando dos gobernos español e galego a devolución dos cartos incautados, a recuperación do poder adquisitivo e a paralisación das amortizacións de postos de traballo, xunto co aumento da taxa de reposición para acabar co deterioro dos servizos públicos. Os empregados públicos temos memoria e non imos esquecer nin as aldraxes nin as agresións.

22 de outubro de 2013

Outra fera anda ceiba

O presidente da Comisión de Economía da CEOE, José Luis Feito, saíu á palestra para defender que a xubilación dos traballadores debería ser aos 70 anos ou aínda máis tarde, porque o sistema español é demasiado xeneroso. Tamén defendeu que se deberían endurecer aínda máis os requisitos para percibir o 100% da pensión e reducir as prestracións por desemprego.
Nun país no que a metade dos parados non cobra prestación e no que hai problemas gravísimos de traballo para os maiores de 50 anos, declaracións deste tipo son unha provocación intolerable. Feito é o mesmo individuo que dixera que os parados deberían aceptar calquera traballo, mesmo en Laponia, afirmacións que retratan perfectamente ao paxaro.

17 de outubro de 2013

Concurso xeral de traslados

O DOG de hoxe publicou a resolución coa relación definitiva de admitidos e excluídos no concurso xeral de traslados da Xunta de Galicia. Os admitidos pódense consultar picando aquí.

8 de outubro de 2013

Xa está ben de propaganda!

O goberno de Feijóo quere aproveitar calquera cousa para utilizala como propaganda das bondades da súa xestión. Así, levan xa un tempo intentando convencer á opinión pública de que, de agora en diante, os empregados da Xunta vivirán moito mellor porque terán os horarios flexibles e poderán traballar nas súas casas.
En canto o do horario flexible, só temos que recordar que é unha reivindicación antiga dos traballadores e que se fai, noutras administracións, case desde hai 20 anos. Somente a cerrazón dos diferentes gobernos sucesivos impediu a implantación dun sistema racional e que non supón ningún deterioro na prestación do servizo público.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo