3 de agosto de 2008

Consumouse a desfeita: un acordo intolerable para os subalternos nos centros de ensino

O pasado 31 de xullo, os sindicatos CCOO, UGT, CIG e CSIF asinaron un "Acordo sobre horarios e retribucións dos funcionarios que prestan servizo nos centros de ensino". Segundo este acordo, as direccións dos centros poderán establecer horarios para os subalternos entre as 7,45 e as 23 horas a cambio de 70 euros ao mes. Establécense mecanismos para a fixación dos horarios, pero estes pódense ir cambiando segundo as supostas necesidades (ou necidades) de cada centro e o seu director e, ao final, sempre a administración ten a última palabra, haxa voluntarios ou non.

Por outro lado, súbese o nivel do complemento de destino para todos os auxiliares que teñan posto base, pasando ao nivel 14. Isto supón non só desvirtuar o sentido que ten o específico, que era onde tiña que ir a suba salarial para este persoal (a ley da función pública de Galicia di que "O complemento específico, destinado a retribuír as condicións particulares dalgúns postos de traballo en atención á súa especial dificultade técnica, dedicación, responsabilidade, incompatibilidade, perigosidade ou penosidade") e non poñelo nuha avantaxe inxusta co resto do persoal posto-base do corpo auxiliar da Xunta. Son acaso menos traballadores que os auxiliares de ensino os que prestan servizos nos rexistros xerais, por exemplo? Ou os que traballan no departamento de nóminas ou persoal na mesma Consellería de Educación? Ou os que traballan arreo nos servizos sociais? Por que o persoal auxiliar dos centros de ensino ten o privilexio de participar no próximo concurso de traslados con máis puntos que o resto? E, finalmente, se o que cambian son as condicións de traballo dos subalternos, por que os postos de traballo que se reclasifican son os dos auxiliares?

Finalmente, e mentras estudiamos que se pode facer ante este abuso e esta discriminación, a CGT pregúntase: por que se asina este acordo sen consultar aos traballadores? Acaso o persoal da Xunta é distinto aos traballadores do metal, da construción ou da pesca, cos que se fan asembleas e mesmo refrendos, se é necesario, antes de asinar no seu nome?

8 comentarios:

  1. Levo varias semanas seguindo iste blog e o seu contido pareceme moi interesante, pois plantexa as cuestións que nos afectan ós funcionarios dende outra óptica, pero o que non estou dacordo e do que falades dos auxiliares dos centros de ensino. Explícome:
    Os auxiliares dos centros de ensino realizan funcións administrativas garantindo a continuidade e formación do equipo directivo formado por persoal docente que descoñece por completo como se leva un centro en canto ó papeleo en cuestión, polo que todo o peso de traballo recae en nós, e isto nos é compensable soamente cunha suba no complemento especifico (como no caso dos subalternos)que como ven dicides gratifica a especial dificultade técnica e a dedicación entre outras cousas. O noso nón e´especial dificultade técnica, senón que é realizar funcións que non son do noso grupo, sobrepasa as funcións dos auxiliares e na práctica solapabanse as función dos c1 y c2, polo que creo que a suba a un nivel 14 é o correcto.
    Non creo que teña comparación co dos auxiliares que mencionades como os de rexistro, pois ises fan función de auxiliares pero con particularidades que si que poderían ser compensadas mediante unha suba no c. específico.
    E respecto a do tema das ventaxas á hora dos concursos pois pareceme lóxico, pois igual que a teñen os do c1, o b, o a1 e o a2 con respecto os demais, nos que realizamos funcións que exceden do noso grupo tamen teriamos que ter unha ventaxa co resto dos auxiliares.

    O que si que estou totalmente dacordo é no desfeita que fixeron cos subalternos, convertindo as RPTs en papel mollado, e estando a disposicion do equipo directivo do centro que vai a poder fixar ó seu horario discrcionalmente dentro desa franxa de 7.45 a 23 e non teñen a donde agarrarse para soportar este abuso, xa teñen criada estos tipos é so por 70 miseros euros ó mes.

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  2. No puedo estar de acuerdo con el comentario anterior. Hay muchísimos auxiliares en la Xunta que hacen labores administrativas de mucha responsabilidad, no sólo los compañeros de los institutos. Ponerlos ahora en ventaja (al subirles el nivel) con el resto de los auxiliares es una discriminación injusta e injustificada.

    ResponderEliminar
  3. Os auxiliares dos colexios deben ser como os demáis e non tratalos como se fosen un corpo distinto. Se fixesen unha evaluación de cada posto de traballo, sería xusto cambiar os niveis, pero facelo xeralizadamente é unha trapallada que perxudica a moita xente.

    Un saúdo

    ResponderEliminar
  4. Creo que el del comentario 2 debería medir sus palabras, decir que la subida de nivel es INJUSTA E INJUSTIFICADA es absurdo.
    Es JUSTA, pues supone el reconocer una situación que se estaba produciendo que no tenía nada que ver con la legalidad, la de que hiciemos funciones de otro grupo por "la cara" sacando a la luz una realidad que se está dando tambien con otros colectivos de auxiliares que lo que deberían hacer en vez de protestar por esta medida es tomarla COMO REFERENTE, organizarse y luchar por lo mismo.

    Lo que me parece gravisimo y nadie menciona nada es lo de los subalternos, por una subida de 70 euros de mierda y no consolidables se van a convertir en las chacha de los centros de ensino, a disposición de los equipos directivos y sin poder agarrarse a nada para defendr sus derechos. ESTAN VENDIDOS.

    No se que va a pasar, pero creo que al desaparecer los subalternos y convertirlos en la "famosa" AGRUPACION PROFESIONAL, están creando un cajón de sastre en la que se va a encontrar un colectivo de trabajadores con una regulación laboral nada clara, propiciando este tipo de abusos. Creo que los subalternos deberían unirse en asambleas y echar por tierra este acuerdo a base de pelear (movilizaciones, huelgas, etc...) y nosotros como trabajadores de la xunta no nos queda otra que unirnos en su protesta, paralizando si es preciso la administración.

    ResponderEliminar
  5. [quote]O incremento de 70€ para os subalternos non é a cambio de facer un horario especial: eses horarios especiais xa se facían, e en condicións cualitativamente piores que agora, ao non estaren regulados. O incremento de 70€ é unha mellora retributiva a maiores da regularización do réxime de horarios. É certo que 70€ fican lonxe dos 240€ que cobran os do Estado, pero hai unha diferencia fundamental de partida: no Estado os 240€ puxéronse para incentivar uns horarios especiais que antes non se facían. Hai que ter en conta, ademais, que esta suba se produce nun contexto de crise económica, no que se fala de conxelación salarial dos empregados públicos.

    A alternativa de non pechar un acordo regulador dos horarios significaría deixar ao colectivo de subalternos na situación de indefensión total na que se atopaba ata agora. Hai que ter presente que todas as sentenzas sobre horarios de subalternos viñan a dicir que o horario non era un elemento esencial da RPT deste colectivo e que a Administración podía variarlles os horarios unilateralmente e sen límite ningún, en defecto de regulación específica, ao consideraren os xuíces que manter os centros educativos abertos mañá e tarde é unha cuestión de interese público superior aos intereses do persoal funcionario. Isto supoñía, na práctica, a institucionalización do acoso laboral como sistema de organización das relacións entre os equipos directivos e os subalternos, en sustitución da negociación colectiva duns mínimos iguais para todos.

    Hai que ter presente que a problemática dos horarios dos subalternos nos centros de ensino arrastrábase desde hai moitos anos, sen que se conseguira nada para regularizar as condicións laborais deste colectivo, historicamente maltratado pola Consellería de Educación, e ignorado pola Consellería de Presidencia.
    Polemizar co acordo é moi fácil ¿Porque nunca antes se puxera por escrito nada sobre as condicións de traballo dos subalternos nos centros de ensino? Por primeira vez, conseguiuse poñer enriba da mesa unha reivindicación histórica. Non hai dúbida de que xamais se tivera tan en conta aos subalternos dos centros de ensino.

    Para que os subalternos poidan acadar melloras aínda máis importantes, era fundamental fixar esas condicións mínimas iguais para todos. Nisto se basea o sistema de relacións laborais. En resumo, o acordo non é unha estación de chegada, mais un punto de partida para calquera mellora nas condicións laborais dos subalternos. Esperemos que este acordo sirva ademais de catalizador da capacidade de presión para a persoal subalterno ante a importancia da mesa de negociación de agrupacións profesionais nos vindeiros meses.[/quote]

    http://www.adams.es/foros/viewtopic.php?t=5201

    ResponderEliminar
  6. El del último comentario dijo:

    Hai que ter presente que a problemática dos horarios dos subalternos nos centros de ensino arrastrábase desde hai moitos anos, sen que se conseguira nada para regularizar as condicións laborais deste colectivo....
    ...¿Porque nunca antes se puxera por escrito nada sobre as condicións de traballo dos subalternos nos centros de ensino?

    Vamos a ver, no había que intentar regularizar su situación ni poner por escrito sus condiciones de trabajo por que estas YA ESTABAN DEFINIDAS, la misma que el resto de funcionarios:
    - horario de 7.45 a 15.15

    Lo que habeis conseguido con esta chapuza de acuerdo es abrir el camino para que los subalternos en otros centros de trabajo con caracteristicas especificas puedan ser minguneados como lo van a ser ahora los de los centros de ensino, y todo por el módico precio de 70 eurillos al mes, (estamos que lo tiramos, oiga...¿quien quiere un esclavo?)

    Miedo me dá cuando estos mendas (sindicalistas profesionales)hablan ya de escenario de crisis y posible congelacion de sueldos (se olvidan ya del plus de los altos cargos, etc, etc) y visto el tipo de acuerdos que firman...lo que nos espera.

    por último, dice que el acuerdo no es un punto de llegada, si no un punto de partida para mejorar las condiciones de los subalternos.
    ¿A que mejoras te refieres?¿todavía nos quieres convencer de que este acuerdo es una mejora?.
    Madre mía, todavía pretender seguir jodiendo más a los subalternos.

    ResponderEliminar
  7. ¿Como que xa estaban reguladas de 7:45 a 15:15?
    O horario xeral da Xunta non era de aplicación aos centros de ensino por unha sinxela razón. Existe outro decreto, o regulamento de centros de ensino secundario que faculta aos directores para fixar os horarios. Así o entenderon os xuices e así era a situación real.
    Así que de reguladas nada máis que na túa fantasía.

    ResponderEliminar
  8. Mi coronel, non se me poña así, que a min ao igual que Brassens "la música militar nunca me supo levantar".

    Por sorte a miña imaxinación é desbordante, ilusión non me falta,de locura teño o xusto para ser feliz e fantasia a necesaria para non pegarme un tiro ao ver a merda de mundo que fixemos.

    Vexo con risas como os únicos que están contentos con este acordo son os que o firmaron, e os demais, os que o vamos padecer, os que traballamos e non estamos liberados, non aceptamos ista desregularización do horario dos subalternos, por mais que nolo queiran vender istes.

    Chegados a este punto, ¿non podería convocar a cgt asambleas abertas provinciais de persoal non docente dos centros de ensino para que falaramos entre nos sobre os nosos problemas e posibles solucions? Creo que todavía podemos romper o penoso acordo que firmaron istes a base de movilizacións (achegase septembro).

    E respostando o teu mensaxe, poderias votar un vistazo a esto:
    http://www.cgtgalicia.org/2007/12/administracion-publica/

    Despidese de ti un "antimilitarista"
    Besitos, majote

    ResponderEliminar

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo