28 de xullo de 2011

Novos procesos selectivos

Publica o DOG de hoxe as convocatorias de 6 prazas (2 en promoción interna) da escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos (corpo facultativo superior, subgrupo A1) e 16 (5 de promoción interna) das escalas de arquitectos técnicos e enxeñeiros técnicos de obras públicas (corpo facultativo medio, subgrupo A2).

26 de xullo de 2011

Reforma das pensións e rescate de Grecia

 Comunicado do Secretariado Permanente da CGT:
"Rescate de Grecia y Reforma de las pensiones, las dos caras de una moneda falsa para engañar al Pueblo.

 La CGT sigue trabajando para la movilización social que impida que la crisis la paguemos la clase trabajadora y los colectivos sociales desfavorecidos.

Estos últimos días de final de Julio, como sociedad, hemos asistido impasibles al circo de las instituciones políticas para aprobar, por una parte, la reforma de las pensiones en el parlamento español y paralelamente, el rescate de la deuda griega. En ambos casos, siempre pierde el pueblo para que gane la banca, los fondos de inversión, la gran patronal.

Convocatorias

O DOG de hoxe recolle varias convocatorias de provisións de postos de traballo: 30 prazas libres para o C2, 15 pàra o A2, 20 para o A1, 4 libres e 2 de promición para letrados da Xunta, 11 libres e 4 de promoción para A1 -escala de sistemas de tecnoloxía da información-, 6 libres e 2 de promoción interna para A2 -escala de xestión de sistemas de información- e corpo facultativo de veterinarios.

22 de xullo de 2011

Aprobaron a reforma das pensións

O PSOE e CIU votaron onte a favor da reforma das pensións. O PP absteuse, colaborando así na medida, pero quedando ben. As medidas aprobadas, entre outras son:
  • A idade ordinaria de xubilación pasa de 65 a 67 anos. O incremento será gradual ata a plicación total no 2027.
  • O cálculo da pensión farase tendo en conta os últimos 25 anos de cotización, en vez dos 15 de agora. Tamén se aplicará gradualmente ata 2022.
  • A pensión máxima só poderán percibila os que tiveran cotizado 38 anos e medio, en vez dos 35 actuais. 
  • A xubilación anticipada poderase facer, reducindo a contía, a partir dos 63 anos e con 33 cotizados. Agora eran 61.
  • Mantense o dereito á xubilación con quince anos de cotización, pero baixa a porcentaxe do 60 ao 50%.
En definitiva, pensións máis baixas -hai que ver a cara do ministro que ten a desvergoña de dicir que non hai recorte- conseguidas máis difícilmente.
Hai máis de 20 anos que os traballadores non teñen, nas súas condicións básicas, ningunha mellora: a xornada de traballo non se reduce e a participación na riqueza é cada vez menor. Que clase de sociedade xusta é esta?

19 de xullo de 2011

O presidente da CEOE, "a la carga"

O presidente da patronal, Juan Rossell, cargou contra os empregados públicos, indicando que hai que acabar cos funcionarios prepotentes e incumplidores e dando as receitas para saír da crise. Entre outras, as medidas que propón son:
  • Acabar cos funcionarios prepotentes e incumplidores
  • Acabar cos que se apunten ao paro porque si
  • Cortar as visitas médicas
  • Cortar os abusos do fracaso estudiantil
  • Cambiar o funcinamento dos servizos públicos
O da patronal xa non ten nome. Tendo exprimidos ao máximo aos seus traballadores, este fato de explotadores quere meter o culler na torta dos servizos públicos e, para iso, non dubidan en difamar e atacar, incluso, aos máis desprotexidos, como os enfermos, escondéndose e axitando a bandeira dos supostos privilexios dos empregados públicos. Postos a acabar con alguén, cando acabaremos con Juan Russell e a súa patulea?

18 de xullo de 2011

Traballar pola tarde?

A Xunta plantexa a posibilidade de traballar polas tardes, de forma voluntaria. En principio, habería que valorar se esta voluntariedade é real ou se hai algún intento de forzar a que a xente se vexa obrigada, nalgúns sitios, a traballar pola tarde aínda que non queiran. Por outro lado, non se pode implantar unha medida deste tipo sen contar coa aprobación dos representantes dos traballadores, por moi voluntario que fose. Tamén hai que valorar, que as tardes libres é unha conquista moi valiosa que non se pode perder porque dean algunha migalla a algúns.
Para saber a vosa opinión, puxemos, na columna esquerda, unha enquisa con este tema. Colaborade contestanto.

14 de xullo de 2011

Continúan os recortes da administración autonómica

Agora xa non se cubren nin as ausencias nos Rexistro Únicos

A mediados da semana pasada Función Pública decidía volver a meter a tixeira na xestión de persoal. Si ata o que agora tanto a Consellería de Educación (persoal docente) como a de Presidencia eran as única nas que o persoal en vacacións ou baixa serían substituídos, a partir agora, a Consellería de Presidencia decidiu non substituir ao persoal que estea a disfrutar das súas vacacións. Esta decisión afecta aos Rexistros Únicos de toda Galicia.
A decisión terá un efecto directo sobre os cidadáns que verán como as colas habituais nos Edificios Administrativos aumentan ante a falla de persoal, ao tempo que as solicitudes e trámites que teñan que realizar sufriran un retraso na súa remisión ás distintas dependencias administrativas, volvendo os tempos nos que os rexistros (sobre todo o da Coruña e o de Vigo) acumulaban significativos retrasos.
Aínda que sempre haberá quen atribúa estes problemas á vagancia consustancial do funcionariado o certo é que a xestión de persoal que está realizar este goberno é a única responsable e, a maiores, fai caer a súa inoperancia directamente sobre os cidadáns dándolles un novo argumento (falso) para cargar contra os empregados públicos.

13 de xullo de 2011

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dá a razón á CGT e condea á Xunta por vulnerar a Lei Orgánica de Liberdade Sindical

O pasado día 6 de xullo fíxose pública a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que ratificaba a sentenza do Tribunal Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra de principios de ano, que condeaba á Xunta de Galicia a proporcionar un local sindical e un taboleiro de anuncios á Sección Sindical de CGT na Xunta de Galicia no Edificio Administrativo de Pontevedra. Dende a ocupación do novo Edificio Administrativo da Xunta en Pontevedra (xestionada polo anterior goberno) a CGT mantivo un conflito coa Delegación de Presidencia (tanto na etapa do PSOE como na do PP) que se negou a dotar ao noso sindicato dun local sindical igual que ao resto de organizacións sindicais con presenza na Xunta de Persoal. Aínda que a sentenza do Contencioso-Administrativo de Pontevedra e anterior ás pasadas eleccións sindicais a Xunta recurriu ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nun intento impedir o normal desenvolvemento da nosa acción sindical en Pontevedra. Primeiro o Xulgado nº 2 do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, en plena campaña electoral ordeaba a execución cautelar da sentenza (orden que a Xunta desoíu) e agora o TSXG volve a dar a razón a CGT.
Aínda así a Xunta segue sen executar a sentenza e a CGT xa volveu a recurrir os tribunais para que obriguen á Administración a deixar de boicotear a nosa acción sindical.

4 de xullo de 2011

Festividades 2012

No DOG de hoxe publícas a disposición pola que se establece o calendario laboral do ano 2012. Pódese consultar picando aquí.

1 de xullo de 2011

Os produtos básicos seguen subindo

A electricidade, o butano e o gas cidade seguen subindo imparablemente. Cando os traballadores estamos coa augo ao pescozo, con recortes históricos nos nosos dereitos económicos e laborais, os poderosos seguen a facer todo o negocio que poden, coa complicidade da clase política. Se a esta suba de prezos lle engadimos a das hipotecas, temos unha fotografía nídia da situación actual: os traballadores xa non temos de onde rascar un pataco. Cada vez temos menos que perder.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo