- A idade ordinaria de xubilación pasa de 65 a 67 anos. O incremento será gradual ata a plicación total no 2027.
- O cálculo da pensión farase tendo en conta os últimos 25 anos de cotización, en vez dos 15 de agora. Tamén se aplicará gradualmente ata 2022.
- A pensión máxima só poderán percibila os que tiveran cotizado 38 anos e medio, en vez dos 35 actuais.
- A xubilación anticipada poderase facer, reducindo a contía, a partir dos 63 anos e con 33 cotizados. Agora eran 61.
- Mantense o dereito á xubilación con quince anos de cotización, pero baixa a porcentaxe do 60 ao 50%.
Hai máis de 20 anos que os traballadores non teñen, nas súas condicións básicas, ningunha mellora: a xornada de traballo non se reduce e a participación na riqueza é cada vez menor. Que clase de sociedade xusta é esta?
Ningún comentario:
Publicar un comentario