14 de xullo de 2011

Continúan os recortes da administración autonómica

Agora xa non se cubren nin as ausencias nos Rexistro Únicos

A mediados da semana pasada Función Pública decidía volver a meter a tixeira na xestión de persoal. Si ata o que agora tanto a Consellería de Educación (persoal docente) como a de Presidencia eran as única nas que o persoal en vacacións ou baixa serían substituídos, a partir agora, a Consellería de Presidencia decidiu non substituir ao persoal que estea a disfrutar das súas vacacións. Esta decisión afecta aos Rexistros Únicos de toda Galicia.
A decisión terá un efecto directo sobre os cidadáns que verán como as colas habituais nos Edificios Administrativos aumentan ante a falla de persoal, ao tempo que as solicitudes e trámites que teñan que realizar sufriran un retraso na súa remisión ás distintas dependencias administrativas, volvendo os tempos nos que os rexistros (sobre todo o da Coruña e o de Vigo) acumulaban significativos retrasos.
Aínda que sempre haberá quen atribúa estes problemas á vagancia consustancial do funcionariado o certo é que a xestión de persoal que está realizar este goberno é a única responsable e, a maiores, fai caer a súa inoperancia directamente sobre os cidadáns dándolles un novo argumento (falso) para cargar contra os empregados públicos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo