27 de maio de 2015

A CGT denuncia o incremento da represión contra os movementos sociais e o sindicalismo combativo

 
O Secretariado Permanente do Comité Confederal da CGT ven de facer público o segunte comunciado, que pasamos a reproducir polo seu interese xeral:

La operación “Araña”, las multas a manifestantes en Valencia y otras ciudades o la prohibición de manifestaciones públicas no son más que algunas muestras de los ataques a la libertad de expresión que se incrementarán con la entrada en vigor de la llamada “Ley Mordaza”.

20 de maio de 2015

Publicado o concurso xeral

O DOG de hoxe publica a convocatoria do concurso de traslados xeral para o persoal da Xunta de Galicia. Os interesados poderán presentar as solicitudes iniciais desde mañá ata o día 8 de xuño de 2015. A partir de aí, poderase seguir o proceso entrando na páxina de Función Pública.
A principal novidade deste concurso é que os solicitantes poderán pedir as posibles prazas de resultas por orden de preferencia.
Sorte!

13 de maio de 2015

Reclamación da 2ª parte da extra do 2012

O DOG de hoxe publicou un anuncio que indica como se recupera a segunda parte da paga extra incautada en decembro de 2012. Tamén contén un modelo de solicitude para aqueles que a teñan que reclamar.

12 de maio de 2015

Outro cacho de paga extra

No mes de maio a Xunta devolverá outra parte da paga extra que fora incautada en decembro de 2012, segundo se estableceu na Lei de emprego público de Galicia, recentemente aprobada.
A contía do que se vai devolver corresponderá ao 24,04 % dos importes deixados de percibir no seu momento (44 días de 183), do que hai que deducir o devolto ata o de agora. Isto supón un cambio de criterio fronte a devolución anterior, que estaba baseada no concepto de devengo, diferente segundo se fose funcionario ou laboral e distinto segundo o concepto retributivo entre os funcionarios.
A devolución farase de xeito automático no último destino do persoal, tendo en conta que os que non estean prestando servizo no momento do pago deberán solicitar a devolución correspondente.
Por último, recordamos que o que se perciba en concepto de recuperación contará, para os efectos do IRPF, como retribucións do ano 2015.

Novos cursos

A EGAP convoca, no DOG de hoxe, novos cursos de formación para o persoal da Xunta de Galicia. O prazo de presentación de solicitudes, por vía telemática, é de dez días naturais contados a partir de mañá.

4 de maio de 2015

Devolución da extra. Segunda volta

A disposición adicional décimo segunda da Lei do emprego público de Galicia dispón a devolución da paga extra incautada no ano 2012 ata acadar os 44 días devengados no seu momento. Isto significa que os que cobren os importes completos percibirán menos cartos que en xaneiro. Isto é debido a que en xaneiro pagaron casi 23 días e restan 21 para esta segunda volta.
Tampouco sabemos cando van pagar. No seu momento dixeran abril, pero aló vai. Agora se verá se é en maio, dado que a Lei do emprego público entra en vigor aínda dentro de 20 días.

As medidas de seguridade de Amtega

A semana pasada, un ramsomware atacou a rede informática da Xunta, provocando a encriptación de numerosos arquivos, a maioría deles das carpetas compartidas.
Amtega, da que depende a seguridade informática do sistema, manifestou publicamente que toda a información foi recuperada e que os sistemas de seguridade funcionarion perfectamente. Nada máis lonxe da verdade que o manifestado por Amtega. A realidade foi a seguinte.
  1. O sistema no foi capaz de detectar o virus informático, a pesar de que estivo máis de 24 horas estendéndose por toda a rede da Xunta, e a pesar tamén de que se trataba dun virus sobradamente coñecido. Non funcionaron os presuntos sistemas de seguridade.
  2. A máxima medida de seguridade adoptada foi a distribución dunha ridícula mensaxe na que se alertaba do virus, confiando en que, dos milleiros de traballadores da Xunta, ningún abrira un mensaxe de correo malicioso. Con isto se intentou trasladar ao propio persoal da Xunta as responsabilidades de Amtega sobre a seguridade.

Lei do emprego público de Galicia

O DOG de hoxe publicou o texto da Lei do emprego público de Galicia, que substitúe á lexislación autonómica sobre función pública. 191 páxinas de normativa, da que iremos dando conta nos próximos tempos.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo