30 de xullo de 2007

PUBLICADA A ORDE QUE REGULA OS CERTIFICADOS DE COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA

No DOG de hoxe, día 30 de xullo, publícase a Orde que regula os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga). Mediante esta orde establécense 5 niveis oficiais de coñecemento da lingua galega e os seus correspodnentes certificados, que terán una denominación numerada do Celga 1 a Celga 5, sendo este último o de nivel máis alto de galego. O nivel pódese convalidar segundo os setudos realizados, pero para os que non tiveran estudos con galego ou quixeran obter un nivel superior establécense as probas pertinentes. É de sinalar que, para o acceso e valoración de méritos na función pública galega terá a mesma validez posuír as certirficacións de aptitude dos cursos oral, de iniciación de de perfeccionamento que as certificacións Celga 1, Celga 3 e Celga 4, respectivamente.

26 de xullo de 2007

PUBLICADAS AS CONVOCATORIAS DAS PROBAS SELECTIVAS PARA O GRUPO D E MAILO E DA XUNTA DE GALICIA

No DOG de hoxe, día 26 de xullo, publicáronse as convocatorias para os grupos D e E da Xunta de Galicia. As prazas que se ofrecen son 103 e 205, respectivamente. Como novidade, queremos resaltar que se poden presentar opositores desde os dezaseis anos de idade. O sistema é o de concurso-oposición e os participantes na fase de concurso poderán conseguir ata un 20% dos puntos que poidan obte-los aspirantes da rúa. O prazo de presentación de solicitudes remata o 16 de agosto. Tra-la aprobación, por sorpresa, da modificación da Lei da función pública, entroulle-la presa, antes de que nos decatemos do que a modificación supón.

24 de xullo de 2007

A MODIFICACIÓN DA LEI DA FUNCIÓN PÚBLICA, UN DESCUBRIMENTO COTIÁN

No Boletín do Parlamento de Galicia de hoxe saíu publicada a Lei de modificación da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia. Mentras estudamos polo miúdo as modificacións inesperadas e sorpresivas ó Proxecto presentado no seu momento, imos atopando as probas que nos demostran que os políticos non só non teñen dignidade, senón que non teñen vergoña. É de lamentar tamén o apoio de algún sindicato ó texto, felicitándonos a todos pola aprobación deste. A penúltima é a inclusión dunha disposición adicional (a 17ª), presentada polo PP e aprobada polo resto (PSOE e BNG) que garante que os directores xerais (actuais, futuros ou pasados) que o foran durante dous anos percibirán o complemento de destino que lles corresponda incrementado ata igualalo co valor do complemento de destino que fixe a Lei de presupostos do Estado para os directores xerais en activo.

Xa o dicía o xiste:
- ¿Cal é o partido político máis antiguo?
- O (póñanse as siglas que se queira), porque nos tempos de Alí Babá xa tiña 40 afiliados.

18 de xullo de 2007

DE PARCHE EN PARCHE NA FUNCIÓN PÚBLICA

O Parlamento Galego aprobou onte, día 17, unha nova reforma da Lei da Función Pública de Galicia (e xa van dezaseis). O proxecto, que estivo parado desde o mes de marzo ata o mes de xullo en curso, queda agora descafeínado dada a aprobación do estatuto Básico do Empregado Público, que contradí, en moitos aspectos, a normativa galega. Tal é así que o presidente anunciou a constitución dunha "comisión de expertos" que elaborará unha nova lei nun prazo de 15 meses.

Especialmente indignante é o anuncio feito, por parte de Touriño, de que o concurso de traslados no que se saquen tódalas prazas de libre designación non se fará ata o ano 2010 (o que veña detrás, que arree). Todos sabemos o que significa iso na Administración: sine die.

A mesma demora non a houbo á hora de aproba-lo recoñecemento xurídico dos ex-presidentes e das suás prebendas, aprobadas tamén onte. Neste tema, tódolos partidos estiveron de acordo. ¡Viva o consenso polo ben público!

En canto teñamo-lo texto aprobado, teredes cumprida información.

16 de xullo de 2007

A LIPOATROFIA SEMICIRCULAR, UNHA DOENZA EN ALZA

Ante o aumento desta enfermidade e a súa aparición en distintas provincias, a CGT de Barcelona elaborou este documento que indica como se recoñece a enfermidade e que hai que facer para enfrontarse a ela. Cuidádevos

11 de xullo de 2007

FONDO DE ACCIÓN SOCIAL 2006

Hoxe, día 11, saíu publicada no DOG a resolución sobre a exposición das istas provisionais das axudas aprobadas e denegadas das prestacións de discapacitados, vivenda, maiores e gastos sanitarios. O prazo de presentación de reclamacións remata o día 23 de xullo, luns. As listas pódense consultar picando na ligazón Función Pública

10 de xullo de 2007

XA SE ESTÁN PREPARANDO AS CONVOCATORIAS DE CORPOS XERAIS

As ditas convocatorias estanse negociando xa cos sindicatos. Polo momento, anexamos o borrador da convocatoria do grupo D (acceso libre), para que se saiba de que van os tiros.

O PERSOAL NON DOCENTE DOS CENTROS DE ENSINO, ATA O GORRO

Polo interés do seu contido, informámosvos da nota de prensa da Xunta de Persoal da provincia da Coruña sobre a situación do persoal de admnistración e servizos dos centros docentes da Xunta de Galicia. A indefinición de funcións e a "flexibilidade" horaria (no peor sentido da palabra flexibilidade) son a norma habitual. A CGT apoiou sempre a normalización da situación destes compañeiros nos temas indicados, e especialmente na indefensión que produce a aparición nas RR.PP.TT. da frase "horario especial", que serve de excusa para que as directivas dos colexios fagan o que lles veña en gana

9 de xullo de 2007

ADIOS, SEVILLA, ADIOS

El ministro de Administraciones Públicas ha sido cesado. No es que en la CGT tengamos confianza en los cambios ministeriales (de hecho, las primeras declaraciones de la nueva ministra, Elena Salgado, siguen en la misma línea de "escarmentar" a la Administración en las cabezas de sus funcionarios) pero es que lo del muchachito ya pasaba de castaño oscuro.

El Secretario General de la Federación de Trabajadores de la Administración Pública de la CGT (FETAP) le ha enviado una carta al presidente del gobierno recordándole las "hazañas" del ahora cesado y las reivindicaciones básicas del personal al servicio de las administraciones públicas. Mucho nos tememos que caerán en saco roto. Y con la ayuda de los sindicatos institucionalizados, más.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo