26 de febreiro de 2014

Recoñecementos médicos

Hoxe comeza o prazo de inscrición para os recoñecementos médicos do persoal, dentro da campaña anual de prevención de riscos. A inscrición farase cubrindo o formulario correspondente no prazo dun mes, agás excepcións debidamente xustificadas.

20 de febreiro de 2014

Manifestacións de apoio ás Marchas da Dignidade 22M

A Plataforma Galega pola Marcha da Dignidade, constituída en Galicia, entre outros, polas organización CUT, CGT, SLG, SP, STEG e SE, acordou convocar, en apoio das Marchas da Dignidade que se xuntarán en Madrid o 22 de marzo procedesntes de todo o estado, manifestacións en toda Galicia o próximo 26 de febrero, mércores, ás 20:00 horas.
As citas son as seguintes:
  • A Coruña. Praza de Portugal.
  • Ferrol. Praza de España (Edificio Xunta).
  • Compostela. Porta do Camiño.
  • Lugo. Ronda da Muralla (Edificio Xunta).
  • Ourense. Pavillón de Deportes.
  • Vilagarcía. Avda. da Mariña.
  • Pontevedra. Praza da Peregrina.
  • Vigo. Praza de Fernando o Católico.

14 de febreiro de 2014

Manifesto galego de apoio ás Marchas da Dignidade


O pasado día 11/02/2014, as organización sindicais CGT, CUT, SLG, STEG, S.E. e SF acordaron subscribir o seguinte manifesto e invitan a toda a sociedade galega a que se sume:
 
 
MARCHAS DA DIGNIDADE DO 22 DE MARZO
UNIFICAR AS LOITAS PARA A TRANSFORMACIÓN REAL

Ante a convocatoria das Marchas da Dignidade que converxerán en Madrid o próximo 22 de marzo, as organizacións sindicais, sociais e cidadás de Galicia asinantes, manifestamos o seguinte:

Apoiamos as Marchas ante o gravísimo deterioro das condicións de vida do pobo, provocado porque os poderes financeiros e os seus lacaios, os representantes políticos, están destruíndo as conquistas que tanto suor e mesmo sangue custaron: empregos minimamente dignos, sanidade, educación, servizos sociais básicos, prestacións por desemprego, cultura, vivenda, transportes públicos, etc., están desaparecendo coa escusa dunha crise que é a coartada que xustifica todo tipo de desmandos.

11 de febreiro de 2014

Non abonda coa parte proporcional da paga extra

Aos empregados públicos da Xunta de Galicia parécelles ben recuperar a parte xa devengada da paga paga extra expropiada no ano 2012 e por iso imos seguir movilizándonos ata conseguilo. Pero iso non é suficiente: queremos a recuperación da paga extraordinaria completa, queremos a recuperación das medias pagas roubadas no 2013, queremos a restitución do Fondo de Acción Social, queremos os nosos días de asuntos particulares e de vacacións e queremos a recuperación do noso poder de compra.
Queremos, en definitiva, unas condicións de traballo dignas para una vida digna. O demáis, a crise-estafa, o desmantelamento do sector público, os recortes en servizos e en prestacións, o endurecemento das pensións, a solidariedade debida co resto dos traballadores, son outros tantos motivos para seguir empurrando contra estes gobernos rapiñeiros e incapaces.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo