22 de marzo de 2018

A CIG saca peito polos logros doutros

Anda por aí a CIG distribuíndo un comunicado na Xunta de Galicia sobre unha sentenza do Tribunal Supremo na que se di que o cómputo dos permisos (matrimonio, falecemento, nacemento de fillos, etc.) prodúcese a partir do primeiro día laborable e non a partir do feito causante cando este día non é laborable.
Pois ben, esta sentenza foi conseguida pola CGT nun procedemente ao que se adheriron a UGT e CCOO, e non a CIG. Non consideramos importante que a CIG non se adherira (non sempre se pode estar a todo), pero si nos abraia que esta organización, nos seus comunicados, non mencione nin siquera a aqueles que o conseguiron que, neste caso, é a CGT.
En fin, para @s que estean interesad@s, deixamos a ligazón no que figura a sentenza en cuestión.

9 de marzo de 2018

Sobre a suba salarial

Parece que está a piques de asinarse, por parte dos sindicatos habituais, o acordo da suba salarial dos empregados públicos para os próximos tres anos. Intentamos aquí explicar os puntos do acordo, sempre a expensas de que non haxa cambios na asinatura final:

a) As retribucións subirán nun tramo fixo un 1,75% este ano, un 2.25% o ano 2019 e un 2% no ano 2020.
b) Haberá un tramo variable en función do Produto Interior Bruto. Se se mantén dentro do fixado por Bruxelas, habería unha suba do 0,25% o ano 2019 e o 1% o ano 2020.

Máis oposicións

No DOG de onte publícanse convocatorias para diversas escalas especiais da Xunta de Galicia. Tamén están as convocatorias para os corpos xerais na quenda de promoción interna.
Para ler as convocatorias, picade aquí.

7 de marzo de 2018

Oposicións no DOG

O DOG de hoxe publica varias convocatorias de oposicións (de corpos xerais, de corpos especiais e de laborais), cada unha con características especiais.
As de corpos xerais convócanse de acceso libre, coa circunstancia de que as prazas que non se cubran da quenda de discapacidade non se acumulará ás primeiras. Polo tanto, estas prazas se perderán e quedarán vacantes.
As de corpos especiais si teñen promoción interna.
No caso dos laborais, as prazas que non se cubran de discapacitados si se engadirán ás prazas xerais.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo