31 de xaneiro de 2013

Recoñecementos médicos

O DOG de hoxe publica a resolución pola que se inicia a campaña de recoñecementos médicos deste ano. Os interesados poden facer a inscrición, durante o mes de febreiro, entrando na web de prevención de riscos ou picando aquí.

30 de xaneiro de 2013

Cursos EGAP

O DOG de hoxe publica unha resolución da EGAP pola que se convocan cursos para o persoal da Administración da Xunta de Galicia. Os interesados poden facer a inscrición picando aquí, rematando o prazo o día 9 de febreiro.O límite de cursos que se poden solicitar é de cinco.

28 de xaneiro de 2013

O estacazo do IRPF

Como xa avisábamos no seu momento, a maioría dos empregados públicos atopámonos cunhas nóminas máis recortadas que as dos últimos meses do ano pasado. A explicación desta situación é que este ano as retribucións totais serán superiores que as do ano pasado, debido a que recuperamos a paga extra de decembro e a que o IRPF dos últimos meses do ano pasado foi inferior ao ter que compensar que os primeiros meses aplicouse como se se fose percibir a paga mencionada.
Sexa com sexa, o goberno segue espremento aos traballadores, ao non modificar as táboas do IRPF co IPC correspondente, polo que se están pagando os mesmos impostos por uns cartos que teñen menor valor na actualidade.

24 de xaneiro de 2013

Algúns números para a indignación

Desde o ano 1991, as retribucións dos empregados públicos van en retroceso. Todos os gobernos utilizaron os nosos soldos para axustar as súas contas, pero o que está pasando nestes últimos anos é intolerable. Para ilustrar a situación, abonda co seguinte mostrario:
  • Desde o ano 1991, o IPC subíu o 94,87 %, mentres que as retribucións públicas o fixo un 49,48 %.
  • Desde o ano 1991, houbo dúas conxelacións salariais (1994 e 1997) e os soldos baixaron tres veces (2010, 2011 e 2012).
  • Desde o ano 1991, as retribucións subiron por debaixo do IPC en 14 ocasións.
  • Para ter o nivel de retribucións do ano 1991 a suba necesaria para o ano 2013 debería ser do 30,37 %.

23 de xaneiro de 2013

Kronos e servizos periféricos

A directora  xeral de Avaliación e reforma Administrativa, Natalai Prieto, ven de remitir a todas as Xefaturas Territoriais as instrucións para a implantación do sistema Kronos de control horario nos servizos periféricos da Xunta. Nestas instrucións pídeselles ás xefaturas que remitan, ata o 31 de xaneiro, diversa documentación do persoal destinado nos edificios administrativos (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Ferrol) para a expedición das tarxetas.
A CGT non ten nada que obxectar a este sistema de control horario, sempre que se respecten os seguintes criterios:
  • Aplicación dun sistema de flexibilidade voluntaria que permita a conciliación da vida laboral coa non laboral.
  • Control horario sen discriminacións nin privilexios
  • Establecemento dunha marxe razoable e xusta nos horarios, tendo en conta a dependencia informática do sistema de control

Queremos o abono da paga de decembro

A recente sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid recoñece a uns empregados públicos o dereito a percibir a parte da paga extraordinaria de decembro devengada con anterioridade da publicación do decreto que a eliminaba é un feito que debe ter unhas consecuencias inmediatas concretas, sen que poida haber discriminación de ningunha clase entre os empregados públicos. Por isto a CGT da Xunta reclama:
  • O inmediato abono da parte da paga devengada -e non cobrada- por cada un dos empregados públicos, sexan os 14 días de xullo no caso dos laborais ou 44 días (xuño e xullo) no caso dos funcionarios.
  • Que se inicien os trámites para devolver o resto da paga de decembro o máis axiña posible
  • Que se repoña, a lei de orzamentos do ano 2013, o concepto de complemento específico nas dúas pagas extraordinarias.
  • Que se estableza un plan de recuperación da capacidade de compra recortada nos últimos anos.

A pensión é un dereito social

O Secretariado Permanente da CGT ven de facer público o seguinte comunicado:

“El Sistema Público de Pensiones, la nueva pieza a cobrar por los mercados y los políticos”
Nuestro Sistema Público de Pensiones se basa en tres principios: De reparto, que significa que con las cotizaciones de un año se pagan las pensiones de ese año. De solidaridad, es decir, que todxs contribuimos y todxs somos beneficiarios. De equidad, lo que significa la redistribución de la riqueza social, tratando desigualmente a los desiguales para alcanzar ciertas cotas de justicia social.
Estos principios son los que rigen la Ley General de la Seguridad Social para dar cumplimiento al mandato constitucional del artículo 41… “Los poderes públicos mantendrán un régimen público de Seguridad Social para todos los ciudadanos, que garantice la asistencia y prestaciones sociales suficientes ante situaciones de necesidad, especialmente en caso de desempleo. La asistencia y prestaciones complementarias serán libres.”

17 de xaneiro de 2013

A prolongación no servizo activo, cada vez máis difícil

A Consellería de Facenda ven de ditar unha Orde, publicada hoxe no DOG, que regula a prolongación no servizo activo do persoal da Xunta.
Convértese o procedemento nunha carreira de obstáculos ideado pola Administración Autonómica co simple obxectivo de denegar o máximo de peticións posibles, desviar o gasto cara a Seguridade Social ou a Dereitos Pasivos e amortizar, o antes posible, unha praza máis de traballador público.
Para conceder a permanencia no servizo activo valorarase o seguinte:
  • As razóns organizativas ou funcionais
  • O rendemento e resultados
  • O absentismo do último ano
  • O recoñecemento médico emitido polo Servizo de Prevención de Riscos, así como unha avaliación do posto de traballo
  • Calquera outro informe que se considere conveniente
Este procedemento aplicarase anualmente ata chegar á idade máxima de 70 anos, sen ningunha garantía de que sexa concedida aínda que se cumplan os requisitos esixidos.

Preguntámonos para qué se estableceu a posibilidade de seguir traballando ata os 70 anos, porque a intención non declarada é a de que ninguén  se acolla a este sistema. Pedrada a pedrada, Feijóo segue a machacarnos.

16 de xaneiro de 2013

A mobilización permanente e imprescindible

A política dos gobernos con respecto aos servizos públicos son intolerables. A estratexia da criminalización dos seu empregados ante a opinión pública para despóis imposñer perdas de dereitos, do deterioro permanente nos servizos para despóis privatizalos, están supoñendo un ataque gravísimo que debemos atallar polos medios que teñamos ao noso alcance. Durante estes dous anos, os empregados públicos viron como se ían eliminando as conquistas de anos; no caso da Xunta, aos zapatazos do PSOE sumáronse ás puñaladas de Rajoy e engadíronse as mentiras de Feijóo, que se poden resumir no seguinte:

15 de xaneiro de 2013

Amortización de 1.153 prazas

A Lei de Orzamentos da Xunta para o ano 2013 recollerá, se non hai modificación, no seu artigo 24 a desaparición de centos de prazas que agora estean vacantes e que non se prevea que sexan ocupadas no concurso de traslados. Concretamente, o mecanismo é o seguinte: en primeiro lugar, deixanse sen dotación orzamentaria e, a continuación, amortízanse.
As consecuencias son inmediatas: esta situación provocará que, nos próximos concursos, os interinos ao que se lles ocupe a praza saltarán delas e, ao ter desaparecido as prazas que non vaian a concurso, haberá centos de interinos menos. Así, dun golpe, desaparecerán centos de prazas que quedaron vacantes por falecemento, xubilacións e outras situacións. O curioso é que as prazas desaparecerán non como consecuencia dunha xestión racional dos efectivos, senón pola simple razón de estar sen ocupar nun momento determinado.
A Xunta elixiu o sistema máis miserento para acbar coa precariedade na administración: desfacerse directamente do persoal interino. Outro motivo máis para continuar coas nosas mobilizacións contra o progresivo desmantelamento do sector público.

11 de xaneiro de 2013

Asemblea en Monelos

Onte, ás 14 horas, comezou a Asemblea de traballadores do Edificio Administrativo da Xunta en Monelos. Tras o debate, aprobáronse as seguintes medidas:
  • Continuar as mobilizacións durante o mes de xaneiro, concretadas en concentracións todos os xoves que restan (os días 17, 24 e 31) diante do edificio, ás 11:30.
  • Apoiar a concentración convocada pola Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos, diante da Delegación do Goberno da Coruña, o xoves, día 17, ás 19:00 horas.
A CGT da Xunta na Coruña fai propias estas mobilizacións.

3 de xaneiro de 2013

O anticipo da paga de xuño

Os interesados en solicitar o anticipo da paga de xuño (básicas e complemento de destino ou equivalente), deberán dirixirse á súa habilitación presentando o seguinte escrito:


NIF:
Nome:
1er Apelido:
2º Apelido:
De acordo coa posibilidade prevista na Disposición adicional primeira do Decreto 263/2012, do 27 de decembro, polo que se regulan as condicións da prórroga dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012, solicito o anticipo igual a metade da cantidade que me corresponda na paga extra de xuño de 2013, polos conceptos de soldo base, trienios e complemento de destino ou concepto ou contía equivalente.

En                            , a       de xaneiro, de 2013

Asinado

Non deixa de ser impresionante a capacidade que ten Feijóo de presentar como un éxito o que non é máis que un novo recorte. Redúcenos o soldo que deberíamos percibir e aínda nos fai dous favores: cobrar máis que o ano pasado e anticiparnos a paga de xuño. Mellor non dicir do que dan ganas.

2 de xaneiro de 2013

Formación para persoal da Xunta

O DOG do pasado día 31 a EGAP publicou unha resolución co plan de formación para o ano 2013. Tras a palabrería de rigor, publícase a listaxe dos cursos que se farán este ano, se non os cortan como os do ano pasado.
Como en anteriores ocasións, a Xunta segue promocionando as aplicacións de Bill Gates, a pesar do continuo autobombo co software libre; paralelamente fan cursos de Open Office, mentres instalan en todos os ordenadores o Libre Office. Deben pensar que é o mesmo, supoñemos.
Por outro lado, segue habendo cursos específicos dalgunhas consellerías, co que se produce unha clara vantaxe dos traballadores destas unidades con respecto a outras -menos prestas a "inventar" cursos especializados para os seus- nos futuros concursos de traslados.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo