17 de xaneiro de 2013

A prolongación no servizo activo, cada vez máis difícil

A Consellería de Facenda ven de ditar unha Orde, publicada hoxe no DOG, que regula a prolongación no servizo activo do persoal da Xunta.
Convértese o procedemento nunha carreira de obstáculos ideado pola Administración Autonómica co simple obxectivo de denegar o máximo de peticións posibles, desviar o gasto cara a Seguridade Social ou a Dereitos Pasivos e amortizar, o antes posible, unha praza máis de traballador público.
Para conceder a permanencia no servizo activo valorarase o seguinte:
  • As razóns organizativas ou funcionais
  • O rendemento e resultados
  • O absentismo do último ano
  • O recoñecemento médico emitido polo Servizo de Prevención de Riscos, así como unha avaliación do posto de traballo
  • Calquera outro informe que se considere conveniente
Este procedemento aplicarase anualmente ata chegar á idade máxima de 70 anos, sen ningunha garantía de que sexa concedida aínda que se cumplan os requisitos esixidos.

Preguntámonos para qué se estableceu a posibilidade de seguir traballando ata os 70 anos, porque a intención non declarada é a de que ninguén  se acolla a este sistema. Pedrada a pedrada, Feijóo segue a machacarnos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo