16 de xaneiro de 2013

A mobilización permanente e imprescindible

A política dos gobernos con respecto aos servizos públicos son intolerables. A estratexia da criminalización dos seu empregados ante a opinión pública para despóis imposñer perdas de dereitos, do deterioro permanente nos servizos para despóis privatizalos, están supoñendo un ataque gravísimo que debemos atallar polos medios que teñamos ao noso alcance. Durante estes dous anos, os empregados públicos viron como se ían eliminando as conquistas de anos; no caso da Xunta, aos zapatazos do PSOE sumáronse ás puñaladas de Rajoy e engadíronse as mentiras de Feijóo, que se poden resumir no seguinte:

  • Baixa do soldo no ano 2010 dun 5% apartir de xuño
  • Conxelación salarial do ano 2011
  • Eliminación da paga de decembro no ano 2012
  • Eliminación dos complementos específicos no ano 2013
  • Eliminación do Fondo de Acción Social 
  • Redución dos días de asuntos particulares a 6 no ano 2012
  • Redución dos días de asuntos particulares a 3 no ano 2013
  • Eliminación dos días adicionais por antigüidade e por trienios
  • Redución das retribucións en caso de enfermidade
  • Amortización das prazas vacantes, unha vez mermadas as oposicións durante uns anos
  • Utilización permanente da Inspección Médica
  • Cancelación de ducias de cursos de formación previstos
 Somentes a unidade de todos fronte a esta banda de facinerosos, non aceptar o derrotismo, combatir a resignación e continuar loitando en defensa e pola recuperación dos nosos dereitos é o que cómpre facer. Calquera paso atrás, indecisión ou abulia só traerá consigo máis recortes e máis dor.

CGT-Xunta da Coruña

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo