30 de decembro de 2011

Conxelación, polo momento

O goberno xa anunciou as medidas de recorte para o ano 2012, entre elas a do recorte dos salarios dos empregados públicos. Hai que ter en conta, sen embargo, que esta conxelación é provisoria, dado que o que se aprobou foi a prórroga dos presupostos de 2011; cando se aproben os de 2012, xa veremos.
As medidas son:
Suba das pensións: subirán un miserento 1%.
Reposición de efectivos: 0% en xeral, excepto nas forzas e corpos de seguridade e na sanidade, onde a taxa de reposición será do 10%.
Conxelación do SMI e do IPREM: Tanto o Salario Mínimo Profesional como o Índicador Público de Renta de Efectos Múltiples serven para calcular as prestacións de desemprego, o acceso a becas e outros.
Suspensión da Renda Básica de Emancipación: Era unha axuda para xoves entre 22 e 30 anos.
Como sempre, os débiles son os que pagan o parrulo. Os poderosos, a virir.

Orzamentos galegos

O DOG de hoxe publica a Lei de orzamentos xerais de Galicia para o ano 2012, no que figura a conxelación salarial para os traballadores públicos e prorroga a suspensión dos acordos salariais asinados con anterioridade.
Tamén publica a Lei de acompañamento, pola que se crean as escalas e subescalas de seguridade e saúde no traballo.

29 de decembro de 2011

Inocentada

Está circulando un "Proyecto de Real Decreto-Ley 25/2011" que está causando alarma nos empregados públicos e que se chegou a publicar na páxina web dalgunha central sindical. Neste "proxecto" fálase da reducción dos días de asuntos particulares, da substitución de trienios por quinquenios e outras medidas de recorte.

Non lle fagades ningún caso, porque se trata dunha inocentada (só hai que ler a data da entrada en vigor). Bastante temos co que temos sen necesidade de inventar máis recortes para os traballadores públicos.

Sempre machacando aos mesmos

O goberno ten decidido aprobar, no consello de ministros próximo, a conxelación do Salario Mínimo Interprofesional e o soldo dos empregados públicos para o ano 2012.
O SMI -un dos máis baixos de Europa- está situado en 641,40  menuais, moi lonxe dos 800 euros que o PSOE prometera cando Zapatero chegou ao poder. Afecta directamente aos salarios de case 200.000 traballadores, pero ten unha grande influenza no cálculo doutras prestacións, como a do paro, dado que é a base para fixar tanto os topes mínimos como os máximos da prestación por desemprego; tamén serve para calcular as bases de cotización mínimas e máximas á Seguridade Social.
En cando á conxelación salarial dos empregados públicos, súmase á incautación do 5% efectuada a partir de xuño de 2010 e supón outro bocado a uns salarios cativos en moitos casos, sobre todo se temos en conta que o IPC se incrementou no 3% no ano actual.

27 de decembro de 2011

A conxelación, cada vez máis próxima

A conxelación dos salarios dos traballadores públicos será debatida e acordada, se é o caso, no consello de ministros do próximo venres, día 30. O alcance da conxelación virá concretada pola implicación das comunidades autónomas; hai que recordar que o goberno central só ten competencias nas retribucións báxicas e nos criterios xeriais, pero que a aprobación definitiva nos recortes nas complementarias e unha cousa exclusiva das autonomías. Dependerá dos recortes aplicados ata agora que se sigan recortando os salarios ou non. Tamén dependerá da contestación dos traballadores, aínda que a maioría non o crea.

23 de decembro de 2011

O novo Ministro do Interior ameaza aos traballadores na súa toma de posesión

O novo Ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, manifestou, na súa toma de posesión, que "...la paz social tiene especial valor...", en referencia ás manifestacións contra as medidas económicas de recortes adoptadas noutros países, nos que se produciron reaccións e manifestacións violentas. Envolto na Constitución, o novo ministro engadiu que "...los derechos fundamentales de reunión y manifestación son fundamentales (...) pero en el marco de la ley...".
Esta declaración do ministro de repartir estopa cando faga falta (segundo o seu criterio), compadécese coa visión da dereita máis rancia. A proba palpable é a decisión de conxelar a oferta pública de emprego en todos os ámbitos, a excepción do exército, da garda civil e da policía, supoñemos que en previsión das reaccións que provocarán as súas medidas contra os traballadores.

16 de decembro de 2011

Rajoy amenaza

O presidente in pectore anuncia que, no debate de investidura, anunciará medidas "non gratas" -bonita construción para dicir que nos vai machacar aínda máis- semellantes ás que está facendo a Generalitat. Os recortes salariais aos empregados públicos, na sanidade e na educación, así como o traballo escravo por debaixo do Salario Mínimo están aí.

Continúan os recortes

O gabinete de prensa de Feijóo traballa sin descanso. Volve anunciar, por enésima vez, a contención do gasto en nóminas do persoal facendo mención a que non se contratarán interinos nin se cubrirán as xubilacións. Só hai que lembrarlle que isto o leva facendo a Xunta desde hai máis dun ano e que hai un capítulo -que non menciona-na "contención": a conxelación salarial, que comeza a colocar nunha situación insostible a moitos traballadores.

Convocatoria de cursos

A EGAP ven de publicar no DOG a unha convocatoria de cursos para o persoal autonómico. Os interesados poderán inscribirse ata o próximo 3 de xaneiro a través da web da propia EGAP.

15 de decembro de 2011

Os funcionarios son os culpables de todo

Isto é o que se desprende das declaracións do presidente da patronal, Juan Rosell. Para este inimigo dos traballadores, o sector público está "sobredimen-sionado" e hai que facer cos empregados públicos o mesmo que no sector privado: expedientes de regulación de emprego.

5 de decembro de 2011

Probas libres de informática

O DOG de hoxe convoca probas de avaliación de carácter libre, mediante as que se concederá a correspondente certificación de coñecementos informáticos ao persoal da Xunta que as supere. Os interesados poderán inscribirse, ata as 13 horas do 16 de decembro, na páxina da EGAP.

2 de decembro de 2011

Agora tócalle a Castilla A Mancha

A presidenta de Castilla A Mancha, Cospedal, ven de anunciar medidas de recortes, entre os que está unha redución dun 3% nos salarios dos empregados autonómicos. No medio doutras medidas (privatizacións hospitalarias, etc.) ven o alimento para ter entretida á xente: un incremento da semana laboral, que estaba nas 35 horas.
Cando os recortes cheguen aquí, estaremos preparados para opoñernos ou faremos como os borregos nos matadoiro?

1 de decembro de 2011

A reforma laboral de Rajoy

Seis puntos son as claves da reforma laboral de Mariano. Os seguintes:

1.-Negociación colectiva: detrás deste nome escóndese a intención de fomentar os convenios de empresa fronte aos convenios sectoriales provinciales, dándolles maior xeraquía nas cuestións de condicións de traballo e nos salarios. Así, os empresarios conseguirían que, a curto prazo nas empresas pequenas, os salarios se rebaixasen, e, a largo prazo, que os convenios sectoriales non tiveran sentido.
2.-Contratación: a redución dos distintas figuras de contratación temporal ten a aparencia de ser positiva, pero ocultan as condicións que se fixarán no novo contrato temporal, seguramente con menores indemnizaciones.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo