1 de decembro de 2011

A reforma laboral de Rajoy

Seis puntos son as claves da reforma laboral de Mariano. Os seguintes:

1.-Negociación colectiva: detrás deste nome escóndese a intención de fomentar os convenios de empresa fronte aos convenios sectoriales provinciales, dándolles maior xeraquía nas cuestións de condicións de traballo e nos salarios. Así, os empresarios conseguirían que, a curto prazo nas empresas pequenas, os salarios se rebaixasen, e, a largo prazo, que os convenios sectoriales non tiveran sentido.
2.-Contratación: a redución dos distintas figuras de contratación temporal ten a aparencia de ser positiva, pero ocultan as condicións que se fixarán no novo contrato temporal, seguramente con menores indemnizaciones.

3.-Intermediación: con esta palabra tan bonita o que se pretende é fomentar as empresas privadas de colocación, é dicir, privatizar moitas das competencias dos servizos de emprego, tanto estatal como autonómicos. Beneficios da miseria.
4.-Arbitraxes: sacar os conflictos dos xulgados. O problema é que o arbitraxe sexa obrigatorio, deixando sen posibilidade aos traballadores sen defender os seus dereitos xudicialmente en moitos casos.
5.-Absentismo: agravar a lexistlación contra o absentismo laboral, incrementando a posibilidade dos empresarios de despedir a traballadores enfermos, aínda que teñan xustificación. Tamén pretende un maior control das mutuas (que non son outra cousa que asociacións de emrpesarios) sobre as baixas laborais.
6.-Formación: baixo a expresión de "fomentar a eficacia" agáchase a pretensión de poñer a disposición das empresas man de obra gratis, poñendo a traballar aos xoves procedentes da Formación Profesional. Tamén pretenden cambiar o sistema de reparto de fondos para a formación permitindo que a empresa privada meta o culler na torta.

Os sindicatos institucionais, a patronal e o goberno xa están neso. Mentras, os traballadores estamos mirando.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo