27 de setembro de 2012

Mobilizacións exitosas

As mobilizacións de hoxe dos empregados públicos amosan que non non van calar, aínda que pretendan facernos ver que non pasa nada. En todo o país continúan as manfestacións, os cortes de tráfico e os encerros en protesta pola perda de dereitos salariais e sociais.
De momento, a Plataforma Galega en Defensa do sector Público, integrada por todos os sindicatos, fai un descanso nas concentracións, pero convoca asembleas permanentes nos centros de traballo a partir do próximo día 3. Que non decaiga o ánimo!

Continúa a conxelación

O goberno xa decidiu oficialmente o que todos xa sabiamos: o ano que ven os salarios públicos permanecerán conxelados. Por outra parte, véñennos co conto de que o ano que ven se abonará a paga extraordinaria de decembro. A esta panda de mentiráns (son mentiráns obxectivamente, non é un insulto) se lles olvida que os presupostos deste ano tamén tiñan a paga extra incluida e isto non lles foi ningún obstáculo para eliminala por decreto en canto lles petou; así que o ano que ven non hai ningúnha garantía sobre as retribucións, dados os antecedentes e as receitas deste goberno raposeiro.
Non debemos esquecer tampouco que o ano que ven non se repoñerán os postos de traballo que queden vacantes por xubilación ou falecemento, polo que seguirán deteriorándose os servizos públicos.
Os empregados públicos só temos un camiño, o da protesta e a mobilización. Non deixemos que os políticos anden coa cabeza alta polas rúas e fagamos que se avergoñen (non é doado, téñena moi dura).

Nomeamento de letradas

O DOG de hoxe publica a Orde pola que se nomean funcionarias do corpo superior da Xunta de Galicia, (A1, lerados). Noraboa.

26 de setembro de 2012

A CGT denuncia o autoritarismo do goberno e a violencia policial na manifestación de onte

O Secretariado permanente da CGT fixo público este comunicado:

La CGT condena y denuncia la actuación de la policía, que realizaró varias cargas brutales con porras y pelotas de goma, dando lugar, una vez más, a situaciones e imágenes de intolerable ensañamiento contra personas de toda edad, así como la intimidación y retención realizada contra varios periodistas gráficos. Denunciar y condenar también la actitud de la policía y el Gobierno por su falta de respeto por los derechos fundamentales, al impedir la libre circulación de las personas, al registrar de forma indiscriminada los autobuses que llegaban a Madrid, provocando sus retenciones, desvíos..., con objeto de impedir la afluencia a la manifestación.

20 de setembro de 2012

Continúan as mobilizacións

Hoxe os empregados públicos voltamos saír ás rúas galegas para mobilizarnos contra os recortes e as medidas antisociais do goberno. As mobilizacións están a ser moi numerosas, demostrando as concencia nos traballadores de que a constancia é imprescindible e que lles temos que seguir dicindo a estes gobernantes de que non nos van calar e que non vamos consentir que os responsables queden impunes polas súas falcatruadas.
Por outra banda, o día 19 houbo unha nova reunión da Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos, na que participa a CGT, na que se tomou, entre outros acordos como o de continuar este mes de setembro coas concentracións dos xoves, a decisión de facer grandes manifestacións sobre o día 16 ou 18 de outubro en todas as comarcas galegas.

14 de setembro de 2012

Publicada no DOG a exclusión dos estranxeiros da sanidade pública

Como se colle antes a un mentirán que a un coxo, o DOG acaba de destapar a falta de escrúpulos do presidente da Xunta. Ven de publicar a instrución sobre a atención médica aos estranxeiros que non teñan dereito á tarxeta grazas a Rajoy e, a pesar das declaracións públicas de Feijóo, si quedarán sen atender moitas persoas que viven en Galicia.

De agora en diante, o SERGAS só pode atender as persoas que estean nalgunha das seguintes situacións:
  • a) De urxencia por enfermidade grave ou accidente, calquera que sexa a causa, ata a situación de alta médica.
  • b) De asistencia ao embarazo, parto e posparto.

12 de setembro de 2012

Fondo de Acción Social 2011

O DOG de hoxe anuncia a publicación das listaxes provisorias de axudas aprobadas do Fondo de Acción Social do ano 2011. Trátase, como xa sabemos, únicamente do programa de axuda para a atención de persoas discapacitadas, dado que o resto foi recortado por Feijóo.
Os interesados poden consultar a situación da súa solicitude picando aquí, habendo dez días hábiles de prazo para enmendar ou reclamar a resolución provisional.

Informáticos do subgrupo A2

Publicou o DOG de hoxe a resolución do tribunal pola que se fai pública a listaxe dos que aprobaron as probas selectivas do subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de información, convocados pola Orde do 21 de xullo do ano pasado.
Os aprobados teñen 20 días naturais para presentar a documentación indicada nas bases e os interesados dispoñen dun mes para presentar recurso de alzada.

11 de setembro de 2012

Probas de ofimática de carácter libre

O DOG de hoxe publica a convocatoria de probas de avaliación do Plan de Ofimática para o persoal da Xunta de Galicia.
A matrícula poderá facerse picando aquí desde mañá, 12 de setembro, ás 8:00 horas, ata o 17 de outubro, ás 14:00 horas.

10 de setembro de 2012

Grazas, conselleira

A Conselleira de Facenda dixo que a Xunta non se plantexa "tomar ningunha medida de redución dos salarios dos empregados públicos". Dámoslle as grazas a Elena Muñoz por ser tan caritativa e considerada cos seus servidores; tamén lle dicimos que o que diga non nos merece maior crédito, sobre todo se temos conta afirmacións anteriores, súas e dos seus colegas.
Por outro lado, dado que estamos en período de rebaixas preelectorais, querémoslle recordar que a eliminación, por exemplo, do Fondo de Acción Social do persoal da Xunta foi antes da eliminación da paga extra e que ésta supoñeu un aforro moito máis grande do previsto nas arcas autonómicas, polo que non hai ningún motivo para repoñer de inmediato o FAS. Éste si sería un feito a ter en conta polo persoal e non as declaracións vacuas, simplistas e, probablemente, mintireiras.

7 de setembro de 2012

O goberno legaliza a escravitude

O Consello de Ministros de hoxe aprobou un Real Decreto Lei pola que se decide que os parados poden ser obrigados a colaborar en reconstrución e limpeza de zonas afectadas por incendios forestais.
Para a CGT, a decisión do goberno non é máis que un novo paso na estigmatización dos parados, aos que se lles trata como lacazáns que perciben unha prestación sen tela merecido.

6 de setembro de 2012

Curso de represión

O pasado mes de xuño, a Xunta eliminou 45 cursos de formación para o persoal xa programados con anterioridade, coa escusa de "axuste nos créditos asignados". Hoxe, a Xunta, sempre pendente de dar a axeitada formación ao seu persoal, publica a convocatoria dun curso "básico de manexo e utilización do bastón extensible". A duración será de 12 horas e inclúe un módulo de "práctica policial".
Ante este desequilibrio evidente na formación, que indica que para a Xunta é moito máis importante que os policías saiban repartir estopa a que os traballadores públicos melloren na prestación dos seus servizos, suxerimos que se imparta aos posibles destinatarios dos bastonazos os pertinentes cursos de autodefensa con cargo aos orzamentos da comunidade autónoma, así como as correspondentes prácticas de elusión da brutalidade policial cotiá.

Ana Mato continúa desmantelando a Seguridade Social

Ana Mato, ministra de Sanidade e persoa que leva chuchando das ubres públicas desde o ano 1983, continúa desmantelando a sanidade pública e incrementando o negocio das empresas privadas. Na actualidade, está estudando retirar da Seguridade Social prestacións como as probas de selección xenética, as rehabilitacións funcionais, as probas para prever ou detectar doenzas, os tratamentos de fertilidade e os implantes oftalmolóxicos.
Outra posibilidade é que algunha destas prestacións sanitarias pasen a formar parte das que teñen implantado o copagamento. Sexa como sexa, é un novo ataque destes desalmados, que non dubidan en xogar coa saúde dos máis débiles.

5 de setembro de 2012

Manifestación unitaria en Compostela

O próximo sábado, día 8 de setembro, a Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos ten convocada unha gran manifestación unitaria en Compostela. A mobilización comezará ás 11:30 na Alameda e nela participarán os traballadores de toda Galicia.
Para a CGT, a protesta contra os recortes e en defensa dos servizos Públicos non se circunscribe aos empregados públicos, senón que é unha cuestión fundamental para todos os traballadores. Así o está facendo saber en todas as empresas para lograr que non só os empregados públicos participen, senón que o fagan todos aqueles dispostos a combater a actual política económica antiobreira do goberno.
Todos a Compostela o día 8!
Non permitamos que nos asoballen!

3 de setembro de 2012

O goberno do PP contra a poboación migrante

 O Secretariado Permanente da CGT, ante as medidas contra os emigrantes adoptadas, fai público o seguinte comunicado:
El gobierno del PP ha decidido dejar sin asistencia sanitaria a varios miles de personas migrantes, en “situación administrativa irregular”, a partir del 31 de agosto, de tal manera que sólo recibirán atención en caso de “urgencia por enfermedad grave o accidente; asistencia al embarazo, parto y postparto, y en el caso de ser menores de 18 años”.
.La Confederación General del Trabajo (CGT) denuncia que la decisión que ha tomado el gobierno del PP dejará a los colectivos más débiles en una situación de total "desprotección". Así mismo, para CGT, la decisión del Gobierno supone un atentado gravísimo contra los derechos humanos, sin tener en cuenta que:

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo