14 de setembro de 2012

Publicada no DOG a exclusión dos estranxeiros da sanidade pública

Como se colle antes a un mentirán que a un coxo, o DOG acaba de destapar a falta de escrúpulos do presidente da Xunta. Ven de publicar a instrución sobre a atención médica aos estranxeiros que non teñan dereito á tarxeta grazas a Rajoy e, a pesar das declaracións públicas de Feijóo, si quedarán sen atender moitas persoas que viven en Galicia.

De agora en diante, o SERGAS só pode atender as persoas que estean nalgunha das seguintes situacións:
  • a) De urxencia por enfermidade grave ou accidente, calquera que sexa a causa, ata a situación de alta médica.
  • b) De asistencia ao embarazo, parto e posparto.
  • c) Os estranxeiros menores de 18 anos recibirán asistencia sanitaria nas mesmas condicións que os galegos.
  • d) Enfermos que supoñan risco para a comunidade.
Isto quere dicir, que os estranxeiros sen papeis que residan en Galicia non poderán estar enfermos, por exemplo, de diabete, hipertensión, gripe... non poderán ter dores de espalda, de moas, de cabeza. Só en caso de urxencia por enfermidade grave ou accidente serán atendidos (ataque ao corazón, romper unha perna...), pero só ata ter a alta. De ahí en diante, que se busquen a vida.
 Xa nos tiña acostumados Feijóo ás mentiras, pero o de utilizar aos máis débiles con vistas electorais é repulsivo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo