14 de setembro de 2015

O lío do incremento de días de permiso

O BOE do pasado sábado publicou un Real Decreto-lei dentro do que ían una serie de medidas dirixidas aos empregados públicos. Deixando á parte una nova entrega da paga extraordinaria que, no caso de Galicia, virá cando a Feijóo lle veña ben, a norma inclúe a posibilidade do incremento dos días de asuntos particulares e vacacións en función da antigüidade. O texto concreto é o seguinte:
«Artículo 48. Permisos de los funcionarios públicos.
Los funcionarios públicos tendrán los siguientes permisos:
k) Por asuntos particulares, seis días al año.»
Se añade una nueva disposición adicional decimocuarta, con la siguiente redacción: «Disposición adicional decimocuarta. Permiso por asuntos particulares por antigüedad.
Las Administraciones Públicas podrán establecer hasta dos días adicionales de permiso por asuntos particulares al cumplir el sexto trienio, incrementándose, como máximo, en un día adicional por cada trienio cumplido a partir del octavo.»

Tres. Se añade una nueva disposición adicional decimoquinta, con la siguiente redacción: «Disposición adicional decimoquinta. Días adicionales de vacaciones por antigüedad.
Cada Administración Pública podrá establecer hasta un máximo de cuatro días adicionales de vacaciones en función del tiempo de servicios prestados por los funcionarios públicos.»
 Disposición adicional segunda. Aplicación del permiso por asuntos particulares por antigüedad a la Administración General del Estado.
El permiso a que hace referencia el artículo 2.Dos de este Real Decreto-ley será de aplicación en la Administración General del Estado, organismos y entidades vinculados o dependientes.
Con esta redacción dase liberdade a cada administración para que faga o que queira con estes días, é dicir, que pode, ou non, aplicalas.
Por outro lado, a Lei de emprego público de Galicia establece:
Artigo 118. Permisos por asuntos particulares
1. O persoal funcionario ten dereito a permisos por asuntos particulares, sen necesidade de xustificación, coa duración prevista na lexislación básica do Estado.
Artigo 132. Vacacións do persoal funcionario
1. O persoal funcionario ten dereito, por ano completo de servizos, a vacacións retribuídas de, como mínimo, vinte e dous días hábiles anuais, ou dos días que correspondan proporcionalmente ao tempo de servizos efectivos.
Todo isto quere dicir que os días de asuntos particulares para o persoal da Xunta pasan a ser, polo menos 6, incrementándose en dous días ao chegar a 6 trienios e un más por cada trienio a partir do oitavo. Entendemos que esto é automático ao establecer a lexislación galega que temos os mesmos días que na Administración Xeral do Estado.
Non sucede o mesmo para os días de vacacións, dado que se necesita que a Adminstración Autonómica  Galega asuma estes días, pois son potestativos e a lexislación galega di que temos, como mínimo, 22 días, sen asumir que teremos os mesmos que no estado.
En definitiva, outro lío que nos fai constatar que a información difundida polo sindicato amigo non era do todo certa. Veremos o que pasa nos próximos tempos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo