31 de marzo de 2016

Devolución da extra de 2012

A Intervención Xeral da Xunta ditou xa instrucións concretas para a devolución do resto da paga extraordinaria de decembro de 2012 incautada no seu momento.
Segundo estas intrucións, a devolución farase nos meses de abril e setembro. No mes de abril aboarase a parte proporcional a 46 días da paga e no de setembro o resto. Isto quere dicir que se percibirá ata acadar o 75,41% no mes de abril e o 100% no mes de setembro.
Quen queira facer a conta, pode aplicar as seguintes fórmulas;
  • En abril: R = (PE * 0,7541) - CS
  • En setembro: R = PE - CS
Onde R é o importe da recuperación, PE é o total do importe incautado no 2012 e CS os importes xa recuperados.

A devolución será de oficio, como en ocasións anteriores, agás para o persoal que non estea en activo no momento da devolución.

30 de marzo de 2016

Fondo de acción social

A Dirección Xeral da Función Pública ven de publicar no DOG os criterios de repartición do fondo de acción social correspondente ao ano 2015 relativo ao persoal da Xunta de Galicia. As persoas interesadas poderán cumprimentar as solicitudes a través da páxina web correspondente, no prazo de 20 días contados desde mañá.
Temos que recordar que o fondo só recolle a axuda para discapacitados, que é o único programa que pervive grazas aos recortes do señor Feijóo. Cando se fala de recortes todos lembramos os soldos ou as pagas, pero esquecémonos dun capítulo importantísimo como é o Fondo de Acción Social. Non renunciemos á súa recuperación.

18 de marzo de 2016

Listaxes provisorias do concurso

O DOG de hoxe ven de publicar a resolución da Dirección Xeral da Función Pública pola que se fan públicas as listaxes provisorias do concurso de traslados dos corpos xerais da Xunta de Galicia. As persoas interesadas poderán consultar as listaxes picando nesta ligazón.
Hai dez días, contados a partir de mañá, para facer reclamacións.

17 de marzo de 2016

A golpe de eleccións

Así é como ten a Xunta de Galicia a intención de devolver o case 50% da paga extra incautada en decembro do ano 2012: a metade na nómina de abril e a outra metade en setembro. Casualmente, nas próximidades das posibles eleccións de xuño e outubro deste ano. Ademáis, anuncian que as pagas extras volverán a ser do 100% durante o ano 2017.
Pensan estes manipuladores que o persoal é parvo e que non se da conta desta circunstancia. Ademáis de estar coas pagas recortadas, chámannos tontos.
Pois ben, aínda que nos devolvan a extra do 2012, aínda que nos repoñan as extras ao 100%, seguiremos demandando a devolución do específico entre o 2013 e o 2016, seguiremos esixindo a reposición do Fondo de Acción Social e o pdoer de compra perdido nestes anos.
Eles fan como se non tivesemos memoria, pero non esqueceremos tanto abuso tan facilmente.

8 de marzo de 2016

Oferta de emprego público 2016

O DOG do día 7, luns, publicou a oferta de emprego público para o ano 2016 relativa ao persoal da Xunta, tanto funcionario como laboral. trátase, de novo, dunha oferta cativa presentada como unha gran oferta polo gabinete de propaganda da Xunta. Outra vez non se cubren as necesidades de persoal, senón que, de novo, só se cubren parte das vacantes tras outro proceso de amortización e desaparición de prazas.
O proceso de desmantelamento dos servizos públicos é un feito innegable. De nós depende que continúe. Mirar para outro lado non é unha opción.

4 de marzo de 2016

As normas sobre os permisos xa están no DOG

Hoxe publicouse no DOG a resolución da Dirección Xeral da Función Pública coas instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas do persoa da Xunta de Galicia. os interesados poden vela picando aquí.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo