Os dereitos dos que reclamamos a súa devolución son os seguintes:
- Devolución íntegra da paga de decembro de 2012. A Xunta devolveu, polo momento, o 24,04% e planea devolvela en función dos intereses electorais de Feijóo.
- O chamados "canosos", que suporían a devolución dos días adicionais de asuntos particulares por trienios e os días de vacacións por antigüidade. Polo momento, devolveu ata o sexto día de asuntos particulares, pero por imposición da lexislación estatal. Aquí ahi que recordar que antes tiñamos 9 días e que o responsable de baixalos é directamente Feijóo.
- O Fondo de Acción Social, que eliminou na totalidade agás a axunda por minusvalidez.
- A volta ao 100% das pagas extraordinarias, dado que estamos perdendo entre 2.400 e 9.000 euros anuais no complemento específico desde o ano 2013. Tamén hai recortes en trienios e soldo.
- Outro recorte que inventou Feijóo e que despois foi trasladado ao resto das administracións é o de perder cartos por enfermar, decición inxusta e noxenta que lle daría vergoña a calquera persoa decente.
- O sistema de descansos e vacacións no persoal laboral, pasando pola entreperna o que figura no convenio.
- O recorte que supón a conxelación salarial desde o ano 2011, que supón unha perda de poder cómpra que se vai profundizando anualmente. Disto hai que darlle as grazas aos gobernos sucesivos.
- As convocatorias precisas para a reposición do emprego público, que garantan uns servizos de calidade e a paralización do desmantelamento destes.
- Por último -nesta enumeración sucinta- está o recorte do 5% no ano 2010 aprobado polo amigo Zapatero.
Ningún comentario:
Publicar un comentario