24 de xullo de 2007

A MODIFICACIÓN DA LEI DA FUNCIÓN PÚBLICA, UN DESCUBRIMENTO COTIÁN

No Boletín do Parlamento de Galicia de hoxe saíu publicada a Lei de modificación da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia. Mentras estudamos polo miúdo as modificacións inesperadas e sorpresivas ó Proxecto presentado no seu momento, imos atopando as probas que nos demostran que os políticos non só non teñen dignidade, senón que non teñen vergoña. É de lamentar tamén o apoio de algún sindicato ó texto, felicitándonos a todos pola aprobación deste. A penúltima é a inclusión dunha disposición adicional (a 17ª), presentada polo PP e aprobada polo resto (PSOE e BNG) que garante que os directores xerais (actuais, futuros ou pasados) que o foran durante dous anos percibirán o complemento de destino que lles corresponda incrementado ata igualalo co valor do complemento de destino que fixe a Lei de presupostos do Estado para os directores xerais en activo.

Xa o dicía o xiste:
- ¿Cal é o partido político máis antiguo?
- O (póñanse as siglas que se queira), porque nos tempos de Alí Babá xa tiña 40 afiliados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo