O
pasado día 6 de xullo fíxose pública a sentenza do Tribunal
Superior de Xustiza de Galicia que ratificaba a sentenza do Tribunal
Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra de principios de ano,
que condeaba á Xunta de Galicia a proporcionar un local sindical e un
taboleiro de anuncios á Sección Sindical de CGT na Xunta de Galicia
no Edificio Administrativo de Pontevedra. Dende a ocupación do novo
Edificio Administrativo da Xunta en Pontevedra (xestionada polo
anterior goberno) a CGT mantivo un conflito coa Delegación de
Presidencia (tanto na etapa do PSOE como na do PP) que se negou a
dotar ao noso sindicato dun local sindical igual que ao resto de
organizacións sindicais con presenza na Xunta de Persoal. Aínda que
a sentenza do Contencioso-Administrativo de Pontevedra e anterior ás
pasadas eleccións sindicais a Xunta recurriu ao Tribunal Superior de
Xustiza de Galicia nun intento impedir o normal desenvolvemento da
nosa acción sindical en Pontevedra. Primeiro o Xulgado nº 2 do
Contencioso-Administrativo de Pontevedra, en plena campaña electoral
ordeaba a execución cautelar da sentenza (orden que a Xunta desoíu)
e agora o TSXG volve a dar a razón a CGT.
Aínda
así a Xunta segue sen executar a sentenza e a CGT xa volveu a
recurrir os tribunais para que obriguen á Administración a deixar
de boicotear a nosa acción sindical.
Ningún comentario:
Publicar un comentario