23 de outubro de 2013

Moscosos

Montoro, o ministro de Economía, prometeu nas Cortes que os empregados públicos recuperarán parte dos moscosos laminados polo goberno e que, ademáis, mellorarán as súas condicións laborais en canto a situación económica o permita.
Temos que dicir que non damos crédito ás declaracións do ministro, dado que non será a primeira vez que os políticos utilizan a mentira para gañar o favor dos incautos.
Tamén temos que dicir que os días de asuntos particulares e as vacacións que o goberno nos robou foron concedidos, no seu momento, a cambio de recortes e conxelacións salariais, polo que os empregados públicos temos todo o dereito a eles ao non ser unha concesión graciable, senón o resultado de negociación colectiva.
Seguimos reivindicando dos gobernos español e galego a devolución dos cartos incautados, a recuperación do poder adquisitivo e a paralisación das amortizacións de postos de traballo, xunto co aumento da taxa de reposición para acabar co deterioro dos servizos públicos. Os empregados públicos temos memoria e non imos esquecer nin as aldraxes nin as agresións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo