- Traslados obrigatorios a través de comisións de servizo forzosas ou, excepcionalmente, modificación da adscripción do posto de traballo.
- Disponibilidade horaria para os funcionarios de nivel 28 ou superior.
- Libre designación para os xefes de servizo e outros postos.
En canto á dispoñibilidade horaria, non podemos aceptar que algúns compañeiros, por máis que sexan de niveles altos, fagan un horario distinto ao resto. A medio prazo, esta medida prexudicaranos ao resto que se verán obrigados, paulatinamente, a modificar tamén o seu horario, por simple criterio de eficacia e coordenación.
Realmente intolerable é a volta ás libres designacións das xefaturas de servizo. Con isto só se pretende convertir a Administración nun apéndice dos partidos políticos de turno, conseguindo funcionarios sumisos, especialmente en postos no que o control da legalidade das actuacións administrativas é relevante. Non podemos esquecer a responsabilidade do tripartito neste tema, que non convocou o concurso de traslados destas prazas no seu momento polo sinxelo motivo de que querían que os "seus" colleran méritos suficientes para o devandito concurso.
Podedes ler máis información nas seguintes ligazóns:
Faro de Vigo
El País
La Voz de Galicia
El Correo Gallego
Ningún comentario:
Publicar un comentario